UNHA FERMOSA PRIMAVERA CON 25 RUTAS GUIADAS
Coa chegada da primavera sempre apetece máis saír da casa para facer actividades. Dende a Asociación A Illa dos Ratos queremos propoñervos unha alternativa de ocio moi interesante para cada fin de semana: as nosas rutas guiadas, unha maneira amena e didáctica de coñecer e descubrir a nosa contorna en boa compañía.
Nesta ocasión presentámosvos dous interesantes programas de rutas: “Descubre Moaña na primavera 2024”, un proxecto de 13 percorridos no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Primavera en ruta 2024” que estará composto por outras 12 rutas en diferentes localizacións de Cangas.
Coma sempre as nosas rutas son totalmente gratuítas, pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
“Descubre Moaña na primavera 2024” en 9 rutas diferentes
Nestes percorridos teremos a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes da vila de Moaña. As rutas que se levarán a cabo nesta ocasión serán:
Podedes consultar as características de cada percorrido nos seguintes enlaces:
“Canteiras do litoral de Moaña”
En Cangas ofertamos prazas para outras 12 rutas, enmarcadas no programa “Primavera en ruta 2024”
Para Cangas presentamos un atractivo programa de rutas que incluirá grandes clásicos dos últimos anos.
Podedes consultar as características de cada percorridos nos seguintes enlaces:
“Aldán, un condado á beira do mar“
Se estades interesados en asistir, teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Como sempre, se estades interesados en asistir deberedes inscribirvos previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta, pero unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.
E dende a páxina de facebook “Historias do Morrazo” retomaremos os sorteos de libros relacionados coas rutas
Na nosa páxina de facebook Historias do Morrazo, o noso rato “Ratillán” viaxará cada semana a través do espazo e o tempo para levarnos aos interesantes momentos da nosa historia, que aparecen recollidos en forma de artigos no noso blog.
Entre os seguidores da páxina imos a facer regularmente unha serie de sorteos de libros que teñen contidos relacionados co Morrazo. Para que teñades unha idea, o ano pasado xa sorteamos exemplares de “Historia Fotográfica de Cangas. Século XX” (cortesía da A.C. A Cepa), “A pedra de ámbar gris” (Noa Setemuíños), “O último barco” (Domingo Villar, cortesía do Concello de Moaña), “As illas dos Deuses” (Serafín Parcero, cortesía da Editorial Xerais), ou “Canteiras do litoral de Moaña” (Tamara Campo Táboas, cortesía de Rinoceronte Editora e o seu selo Morgante).
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/09/07/2020
Deixa a túa resposta