UNHA NOVELA SOBRE “A CAZA DO MONSTRO”.

Texto elaborado por Noa Pérez González, “Noa Setemuíños”, autora do libro A pedra de ámbar gris.

A pedra de ámbar gris (Morgante 2021) é unha obra concibida para ver a historia da caza e do procesamento industrial das baleas como quen di dende a barriga do monstro, é dicir, dende primeira liña.

Eu son viguesa e como tal, oínlle comentar ao meu pai moitas veces da existencia dunha baleeira na vila de Cangas e do paso dos cadáveres dos grandes cetáceos, que eran arrastrados polos baleeiros pola ría ata o porto da Congorza. Este talvez sexa o xerme do libro, xunto con todos os veráns da infancia e parte da mocidade, que pasei nas praias do Morrazo e a impresión que sempre me produciu a colección do Museo Massó.

O de escribir tamén vén de vello, pois sempre me lembro a min mesma como un rato de biblioteca. Estudei filoloxía e son profesora de Lingua Galega e Literatura. Actualmente traballo no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, cidade onde resido dende hai anos. A pedra de ámbar gris é a miña segunda novela, xa que en 2015 publiquei en Barbantesa O ocaso da familia Portela.

En canto á técnica de escritura, creo que nos meus libros as historias se constrúen un pouco elas soas, a partir de pequenos relatos que se van ensarillando e pouco e pouco van conformando un mundo propio.

A novela A pedra de ámbar gris realiza un percorrido pola fábrica conserveira e factoría baleeira de Massó en Cangas

A obra fai un percorrido por este complexo industrial que ocupaba unhas 20 hectáreas do litoral, na zona do Salgueirón, e nos bos tempos daba traballo a máis de mil persoas.

Na novela descríbense os edificios e os traballos en terra firme e o relato entrelázase coa historia  dos barcos que daban caza aos grandes cetáceos.

Naqueles anos, o prezo dunha captura andaba polos dez millóns de pesetas. Hai un momento clave no libro no que se apresa un cachalote, un exemplar que é portador nas súas entrañas dunha gran pedra de ámbar gris, de máis de 135 quilogramos. Esta é unha ocasión singular, pois só un de cada cen exemplares de entre os machos da especie posúe esta misteriosa substancia, o ámbar gris, vendida a prezo de ouro

A secreción estomacal do cachalote coñeceu múltiples aplicacións ao longo dos séculos: afrodisíaco, talismán, pedra preciosa …

A historia articúlase a partir dun personaxe central, un dos contábeis da fábrica, Lino Eiras, quen levará a pedra a vender ata a cidade de París. El vai ser quen lembre como se emprazou en Cangas a nova industria, que iría causar a admiración do seu tempo. Xunto a este individuo peculiar, cobizoso e servil, que vai medrar á sombra dos seus patróns, outros dous traballadores cobran protagonismo: o curmán de Lino, Vítor Eiras e tamén un dos arpoadores do Lobeiro, Estalisnao Filgueira. Con eles complétase a visión sobre a fábrica.

A PEDRA DE ÁMBAR GRIS
A autora do libro, Noa Setemuíños.

Desta maneira teremos tres puntos de vista para coñecer de primeira man a engrenaxe desta monstruosa maquinaria industrial

Por un lado encóntrase o contábel, que acepta as condicións do xogo impostas e por outro está o seu protexido, Vítor, que traballa como estoxador no Salgueirón, é dicir, facendo latas. Trátase dun rapaz soñador que representa a loita polos ideais. Vítor manterá unha ollada crítica fronte as estruturas de poder.

Tamén contamos coa perspectiva de Estalisnao, coñecido como o Cartucho pola súa profesión, o mellor no seu oficio pese a ser curiosamente miope. Estalisnao é un home inzado de remorsos, que se move no territorio da indecisión.

Na banda oposta estarían situados os patróns do complexo industrial, os tres irmáns Massó: Gaspar, José María e Antonio. Aínda que distantes na súa torre, os industriais influencian coas súas decisións a vida dos empregados.

As páxinas retratan o apoxeo da superfactoría Massó e a posterior decadencia.

Se cadra non todo era tan bo na industria modelo, á que o propio Réxime franquista concedeu unha medalla polo traballo desenvolvido e que fora premiada ademais internacionalmente.

Ao tratarse dunha temática histórica, a novela ten unha débeda coa realidade, e por iso parte dun proceso de documentación e de recollida de información para o que aproveitei todas as canles.

Fun petiscando aquí e alá para dar a esta arquitectura unha base real.

Moitos personaxes históricos, por exemplo, participan da trama, ademais dos Massó, como poden ser Guillerme Marconi, o comendatore, quen na súa visita ao lugar vai admirar o moderno proceso de produción da fábrica ou Urbano Lugrís, o coñecido pintor do mar.

Neste libro  teñen cabida varios xéneros, o ensaio, o relato de aventuras, as lendas e mesmo a novela romántica. Cóntase a vida e sobre todo a morte das baleas: o cachalote, o rorcual, a balea azul, os caldeiróns, etc. A estes animais todo se lle aproveitaba.

A pedra de ámbar gris pretende librar do esquecemento un período da nosa historia que me parece moi relevante e recuperar así a memoria dunha actividade fascinante, a caza de baleas, que marcou a vida das xentes da nosa costa no pasado, e que se sitúa a cabalo entre a batalla épica e o vergonzoso papel desempeñado por esta industria na devastación da especie. 

Noa Setemuíños

Autora da novela "A pedra de ámbar gris".

10 comentarios

  1. Lembranzas de Massó (VI): A baleeira » A Illa dos Ratos

    […] lembro ter coñecemento de que fora atopado o prezado ámbar gris en ningún daqueles mamíferos mariños nos que participei no seu procesado. De fontes de toda […]

  2. Rutas guiadas na primavera de 2024 » A Illa dos Ratos

    […] de “Historia Fotográfica de Cangas. Século XX” (cortesía da A.C. A Cepa), “A pedra de ámbar gris” (Noa Setemuíños), “O último barco” (Domingo Villar, cortesía do Concello de […]

  3. Rutas guiadas de primavera 2024 » A Illa dos Ratos

    […] ejemplares de «Historia Fotográfica de Cangas. Século XX» (cortesía de la A.C. A Cepa), «A pedra de ámbar gris» (Noa Setemuíños), «El último barco» (Domingo Villar, cortesía del Concello de Moaña), «As […]

  4. Rutas guiadas para o inverno de 2024 » A Illa dos Ratos

    […] de “Historia Fotográfica de Cangas. Século XX” (cortesía da A.C. A Cepa), “A pedra de ámbar gris” (Noa Setemuíños), “O último barco” (Domingo Villar, cortesía do Concello de […]

  5. Rutas guiadas para el inverno de 2024 » A Illa dos Ratos

    […] ejemplares de » Historia Fotográfica de Cangas». Siglo XX » (cortesía de AC A Cepa), » La piedra de ámbar gris » (Noa Setemuíños), » El último barco » (Domingo Villar, cortesía del Ayuntamiento de […]

  6. Rutas guiadas para o inverno de 2023 » A Illa dos Ratos

    […] de “Historia Fotográfica de Cangas. Século XX” (cortesía da A.C. A Cepa), “A pedra de ámbar gris” (Noa Setemuíños), “O último barco” (Domingo Villar, cortesía do Concello de […]

  7. Rutas guiadas para a primavera de 2023 » A Illa dos Ratos

    […] de “Historia Fotográfica de Cangas. Século XX” (cortesía da A.C. A Cepa), “A pedra de ámbar gris” (Noa Setemuíños), “O último barco” (Domingo Villar, cortesía do Concello de […]

  8. Rutas guiadas para o outono de 2022 » A Illa dos Ratos

    […] de “Historia Fotográfica de Cangas. Século XX” (cortesía da A.C. A Cepa), “A pedra de ámbar gris” (Noa Setemuíños), “O último barco” (Domingo Villar, cortesía do Concello de […]

  9. O proceso da caza da balea (II) » A Illa dos Ratos

    […] ámbar gris que se orixina no intestino do cachalote era apreciado como fixador de […]

  10. Estefanía

    Buenos días. Quería saber donde puedo comprar el libro y su precio. Gracias

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.