Ruta literaria “O último barco”
Seguindo os pasos de Caldas e estévez
A desaparición de Mónica Andrade leva ao inspector de policía Leo Caldas e máis o seu axudante Estévez á costa de Tirán para intentar descubrir o paradoiro da rapaza. Na súa busca percorren diferentes localizacións desta vila, recompilando pistas que os axudarán a resolver o caso. Nesta ruta literaria coñeceremos algúns dos lugares nos que transcorre a trama do libro. Partiremos da estación marítima de Moaña, pasaremos pola histórica igrexa de San Xoan de Tirán e chegaremos ata o curioso miradoiro da Mona, seguindo os pasos de Caldas e Estévez na súa investigación, e coñeceremos máis detalles sobre eses lugares reais nos que está baseada esta historia de ficción do escritor Domingo Villar.






Literaria
Pasearemos a través das páxinas do libro "O último barco" de Domingo Villar para darlle vida ás pasaxes da novela.
Fotográfica
Nesta ruta pola costa de Tirán gozaremos coas impresionantes vistas panorámicas da ría de Vigo conxugadas cunha das igrexas máis antigas do Morrazo.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta

DESCUBRE MOAÑA
Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas