Ruta “Massó o sentir dun pobo”
Guido Paganini Picasso: o italiano de Cangas (III)
Neste terceiro e último artigo sobre a figura de Guido Paganini Picasso abordaremos os períodos de guerra e posguerra, nos que as relacións entre o Fascio italiano e os militares sublevados primeiro e o franquismo e a Falange despois, van ser de fraternal camaradería e o consulado italiano de Vigo vai ter moito protagonismo ao converterse en central do fascio para o norte español. … Ler máis
Guido Paganini Picasso: o italiano de Cangas (II)
Tras o primeiro artigo adicado a Guido Paganini Picasso, continuamos nesta segunda entrega coas anotacións arredor deste personaxe e a súa contextualización histórica nos períodos republicano e franquista, o primeiro caracterizado por unha discreta convivencia e o segundo por unha plena colaboración debido á súa importante afinidade ideolóxica. … Ler máis
Guido Paganini Picasso: o italiano de Cangas (I)
Guido Paganini Picasso, marxinado da historia de Cangas pola súa ideoloxía, viviu e morreu na vila e durante boa parte da súa traxectoria vital ostentou en Vigo o cargo de cónsul de Italia.
Coñecido como o italiano de Cangas, sempre se gabou das suas orixes e da sua adhesión ao Fascio italiano desde a chegada de Mussolini ao poder en 1922 e os avatares económicos e políticos da época que lle tocou vivir en Cangas e Vigo, marcarían unha traxectoria á que tentamos aproximarnos polas suas connotacións históricas. … Ler máis
A guerra da sardiña (I)
A pesca tradicional viuse afectada dende mediados do século XVIII pola chegada dos fomentadores cataláns primeiro e polos empresarios da conserva no abrente do século XX.
En ambos casos, os novos emprendedores trouxeron os seus propios métodos, embarcacións e artes de pesca, moito máis agresivas co entorno, provocando duros enfrontamentos entre os “xeiteiros”, defensores da pesca tradicional e os defensores da “traíña” que defendían unha pesca moito máis intensiva, que tiña como obxectivo a subministración de peixe para a nova industria.
Na chamada “Primeira Guerra da Sardiña”, figuras como Eugenio Sequeiros, Montero Ríos, Félix Ozámiz ou Alvaro Guitián, que hoxe lle prestan os seus nomes a algunhas das rúas de Cangas, posicionáronse no conflito do lado dos “xeiteiros”, xente humilde do pobo que tiña no mar a súa fonte de subsistencia e que loitou porque a nova industria non esquilmase os recursos da nosa ría, como xa ocorrera uns anos antes na costa mediterránea. … Ler máis
Ana María Soto Landeira, a asistenta social de Massó
Ana María Soto Landeira foi unha viguesa nacida en 1921 que comezou a traballar como asistenta social na conserveira de Massó de Cangas alá polos anos 50 do século pasado. A súa adicación faría de Massó un exemplo a seguir no ámbito social, prestando axuda ás familias que traballaban na fábrica.
… Ler máis
Lembranzas de Massó (V): A frota baleeira de Massó
Para saber da frota baleeira de Massó, recurrimos a Manuel Ermelo Giráldez, que foi empregado da empresa durante máis de 40 anos na oficina técnica, o taller mecánico e no de electricidade. Coñeceu de primeira man a intensa e importante actividade baleeira da empresa Massó e co seu testemuño nos achega unha información moi interesante sobre os barcos baleeiros da frota de Massó, a súa orixe, preparación e actividades. … Ler máis
Lembranzas de Massó (I): O traballo na fábrica
Neste primeiro artigo da serie “Lembranzas de Massó”, imos a coñecer as vivencias de Josefa Bernárdez Bon, unha muller de Cangas, que no momento no que publicamos por primeira vez este artigo contaba con 92 anos de idade e que comezou a traballar na fábrica Massó aos 17 anos, permanecendo alí durante case 30 anos.
Como moitas canguesas da súa época, Josefa viviu dende dentro a época de maior esplendor da que chegou a ser a maior conserveira de Europa a mediados dos anos 50 do século pasado. … Ler máis
Lembranzas de Massó (II): A escola do padroado
Nos anos nos que a empresa Massó desenvolveu a súa actividade en Cangas, foron moitos os nenos e nenas que pasaron pola chamada “Escola do Padroado de Massó”, unha institución situada no antigo hotel do complexo industrial cangués que ofrecía aos fillos e fillas dos traballadores e traballadoras o acceso a unha escolarización moi diferente a que coñecemos hoxe en día. … Ler máis
Lembranzas de Massó (IV): Carmiña Saa, empregada 729
María del Carmen Saa Fernández, “Carmiña Saa”, foi a empregada número 729 da fábrica de Massó en Cangas onde estivo traballando dende 1959 ata o seu peche. Neste artigo recollemos algunhas das súas lembranzas e vivencias que nos axudan a coñecer como era a vida para as empregadas da fábrica. … Ler máis
Lembranzas de Massó (VI): A baleeira
Serafín Parcero se define a si mesmo actualmente como mestre xubilado e escritor pero na súa xuventude, durante os meses de verán dos anos nos que estaba cursando o Bacherelato Superior, traballou ocasionalmente no despece da balea na factoría de Massó en Cangas. Eran os anos 70 do século pasado e neste precioso artigo co que nos agasalla, case 50 anos despois, achéganos os seus recordos do día a día na baleeira canguesa de Massó. … Ler máis
A pedra de ámbar gris
A pedra de ámbar gris (Morgante 2021) é unha obra concibida para ver a historia da caza e do procesamento industrial das baleas como quen di dende a barriga do monstro, é dicir, dende primeira liña. … Ler máis
As marcas e produtos de “Massó”
Poucas firmas do sector conserveiro tivieron o prestixio e tamaño de Massó, e sobre todo o seu elevado protagonismo no desenvolvemento da pesca e da industria galega en xeral, e para poder falar con propiedade da súa produción de marcas e produtos , deberíamos botar unha mirada cara atrás no tempo para analizar dous séculos e catro xeracións de dinámica empresarial. … Ler máis
A muller na industria da salgadura e a conserva
O PAPEL DAS MULLERES NAS CONSERVEIRAS Texto elaborado por David Vidal. Guía no Museo Massó. Fotografías cedidas pola A. C. A CEPA. Neste interesante artigo, imos a falar da incorporación da muller ao mercado laboral na industria da salga e conserva na Galicia dos séculos XIX e XX. A muller na industria: unha historia de desigualdade laboral Falarmos de traballo feminino na nacente industria de transformación do
Lembranzas de Massó (III): Memorias do Salgueirón
Os recordos dos fillos/as dos/das traballadores/as que vivían nas vivendas sociais do antigo complexo industrial de Massó. … Ler máis
O proceso da caza da balea (II)
A actividade baleeira era moi rendible xa que a súa pesca non provocaba moitos custos e dun só exemplar de balea ou cachalote obtíñase moita cantidade de diversos produtos. Nesta artigo falaremos do proceso de despece e dos diferentes productos que se obtiñan. … Ler máis
O proceso da caza da balea (I)
Segundo contan os mariñeiros, a caza das baleas soía realizarse a maioría das veces a unhas 40 millas da costa nas zonas de Currubedo, A Garda ou Ribadeo seguramente porque nesas zonas os cetáceos atopaban deliciosos calamares xigantes, potas, anguías ou incluso polbos.
O patrón ía manexando o barco e unha vez que o vixía ou “balconeiro” detectaba algún exemplar, seguía as súas instruccións para aproximarse. … Ler máis
A actividade baleeira en Galicia
A actividade baleeira en Galicia durante o século XX, organizada en tres factorias situadas en Punta Balea (Cangas), Cabo Morás (Xove) e Caneliñas (Cee), era a industria que máis exportacións xeraba en todo o estado. … Ler máis