faq

Aquí podes resolver as túas dúbidas sobre a nosa asociación

Somos unha entidade sen ánimo de lucro e 0 noso labor é totalmente voluntario. O habitual cando organizamos algún programa de rutas guiadas é que sexan gratuítas aínda que ás veces pasamos un peto ao final dos percorridos para que, quen o desexe, poida realizar unha colaboración de maneira voluntaria. Estes recursos empréganse para gastos de funcionamento e para a organización de actividades.

Non dispoñemos de medios de transporte, polo que os desprazamentos que as persoas interesadas teñan que facer dende as súas residencias ata os puntos de encontro ou saída das rutas correrán pola súa conta. 

Claro que si! Nas nosas rutas sempre son benvidas as mascotas.

Sempre que a actividade a organizar encaixe nos fins da nosa asociación, estamos abertos a colaborar. Aquí podes ver o que facemos con outros colectivos e asociacións: Outros proxectos

Dende 2017 a nosa asociación ven desenvolvendo un programa específico para o alumnado de todos os niveis baixo o título Coñecendo Cangas. Neste tempo foron varios os centros galegos que confiaron na nosa asociación para achegar ao seu alumnado a realidade natural, cultural e patrimonial da nosa contorna.

Recentemente comezamos tamén co programa Coñecendo Moaña que amplía o ámbito de actuación da asociación a esta fermosa vila.

En ambos casos, os contidos das rutas adáptanse a escolares aplicando un carácter ameno e didáctico.

Por razóns organizativas e de calidade as rutas teñen un número de prazas limitadas e requerimos a inscrición previa na nosa web.

Cada persoa poderá facer un máximo de 4 reservas no calendario que veras na páxina de cada ruta. A persoa interesada deberá encher o formulario de reserva indicando o seu nome, un correo electrónico e un número de teléfono (que soamente empregaremos para avisos de cancelación por Whatsapp). No momento que finalice este proceso o sistema envíará un correo de confirmación ao enderezo de correo indicad0.

Unha vez cubertas as prazas dispoñibles habilitarase unha lista de agarda. O día anterior a que teña lugar a ruta, enviaremos unha mensaxe de confirmación de asistencia ás persoas xa inscritas. No caso de que existan cancelacións procederemos a avisar os integrantes desa lista de agarda seguindo a orde na que se incorporaron á mesma e ata completar o aforo.

Dende a nosa asociación sempre estamos abertos a atender peticións de rutas guiadas para grupos en función da dispoñibilidade dos nosos guías. Ponte en contacto connosco!

Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad