Ruta “Canteiras do litoral de Moaña”
As voces de Ascon e Conservas La Guía (I)
Para a man de obra moañesa da década dos 60 do século XX non só se abriron oportunidades laborais no mar de altura ou na emigración. A coincidencia no tempo de dous fenómenos empresariais de escala internacional e de alto nivel de emprego como Pescanova e Ascon, fixo que o estaleiro fose aquel lugar, en terra, que cobizaba todo traballador da ría de Vigo nun tempo de fuxida do traballo no mar de baixura, duro e inseguro. … Ler máis
Con “C” de Canteira de O Cocho
“Pois si, alí no Cocho asentou o señor Fino e a súa familia, nunha casa da canteira da que aínda hoxe en día permanecen algunhas paredes en pé e onde nacín eu. Fun testemuña da produción da canteira durante dez anos ata que cesou a actividade”. Ceferino Sánchez, fillo do encargado da canteira de O Cocho, nos regala este artigo cos seus recordos desta actividade que resultou imprescindible no desenvolvemento económico, social e ata urbanístico de Moaña. … Ler máis
“Borna”, o barco prehistórico moañés
Poucos moañeses saben que a mediados dos anos 70 do século pasado chegou a sucar a Ría de Vigo unha réplica dun barco prehistórico que foi bautizado como “A Borna” e que estaba inspirado no petróglifo existente na zona de Moaña do mesmo nome. Tratábase dunha embarcación única en Europa que contaba con 5,5 metros de eslora e 2 de manga, e a súa viaxe de Vigo ata as Cíes constituíu un fito no estudo da naútica prehistórica. … Ler máis
ASCON e os buques conxeladores de PESCANOVA
No ano 1961 unha incipiente PESCANOVA encárgalle a un pequeno e descoñecido estaleiro de Moaña, ASCON, a construción dos primeiros buques conxeladores da flota pesqueira española.
Este feito supuxo un gran pulo para o crecemento de ASCON pero tamén fixo que fose PESCANOVA quen capitanease a gran revolución alimentaria daquela época xa que ao poder procesar a bordo as capturas, envasalas e almacenalas inmediatamente a baixas temperaturas, puido presentar ao mercado unha alternativa de calidade ao peixe fresco que se consumía habitualmente. … Ler máis
Ascon: Da madeira á soldadura (I)
ASCON foi un importante estaleiro ubicado na zona de Meira, en Moaña. Neste artigo coñeceremos a súa orixe vinculada á reparación e construción de barcos que nun principio eran de madeira e logo de ferro remachado. … Ler máis
As voces de Ascon e Conservas La Guía (II)
Manolo Rúa achéganos nesta segunda parte do artigo algunhas das voces das persoas que traballaron na factoría de Conservas La Guía, unha empresa que contribuíu, sobre todo na súa época dourada, á consolidación dun emprego feminino -continuo e descontinuo- que repercutiu no medre residencial, sobre todo, da parroquia de Meira. … Ler máis
O Latón, o Portugal de Moaña
O barrio moañés de O Latón creceu grazas á chegada masiva de portugueses que viñan a traballar nas canteiras que existían en Meira durante a primeira metade do século XX e das que se sacou a pedra para os recheos da zona de Vigo máis próxima ao mar. … Ler máis
Rinoceronte editora
Rinoceronte editora é unha pequena editorial con sede en Cangas que traduce literatura internacional ao galego e tamén publicou a través do su selo Ediciones Morgante algúns libros dedicados a temas relacionados coa historia e a etnografía de Galicia. … Ler máis
Ascon: Da madeira á soldadura (II)
A construción naval que se facía en ASCON iniciouse primeiro empregando madeira e logo pranchas de ferro superpostas e barrenadas previamente que se unían mediante remaches. Nos anos 60 xeneralizouse o uso da soldadura na construción naval, o que supuxo unha verdadeira revolución. … Ler máis