Aldán, un condado á beira do mar

Aldán, un condado á beira do mar

Terra e mar

De balde
Etnográfica 2 horas 2 Km Media
Casa Rural. Avda Jose Graña, 46 en Aldán. 986 32 92 76 / 673 492 724

Un condado á beira do mar

Partiremos do porto de Aldán onde faremos unha presentación desta parroquia tan importante da vila de Cangas. Daremos algunhas pinceladas sobre as actividades pesqueira e bateeira, faremos referencias aos grandes deportistas olímpicos con orixes no Clube De Mar "Ria de Aldán" e ensalzaremos a figura do párroco D. Jose Graña Montes. Todos estes contidos servirán de aperitivo para coñecer en profundidade a historia do condado de Aldán e a súa influencia na vida da poboación local. Falaremos do Pazo da Torre, da cama do demo, do pombal e da orixe das 5 flores de lis do escudo dos Aldao. Tamén habera tempo para visitar o popular "Bosque Encantado" situado na finca de recreo do Frendoal e apreciar algúns elementos arquitectónicos como o arco da condesa. Para rematar percorreremos parcialmente a ruta dos muíños do río Orxás contando cousas moi interesantes sobre a cultura popular en torno ás moendas do millo.

Familiar

Esta ruta está especialmente indicada para familias xa que percorreremos espazos abertos tanto na beira do mar como na natureza polo famoso "Bosque Encantado".

Un entorno con moito encanto

Poderemos fotografar a ría de Aldán, o pazo da Torre, o pazo de Vista Alegre, o acueduto da Condesa ou o pequeno castelo do Frendoal.

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

Percorrido

Este é o itinerario que faremos na ruta

INICIO

Porto de Aldán

FIN

Lavadoiro de Pardellas

"Unha ruta moi agradable e entretenida a de hoxe..."
Fernando Rodríguez

Coñecendo Cangas do Morrazo

Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas

Massó, o sentir dun pobo

A conserveira que marcou unha época

+ INFO

Cabo Home e a Costa da Vela

Camiño dos faros

+ INFO

Cangas e o mar

A orixe dunha vila mariñeira

+ INFO

Rúas con historia de Cangas

Entre camiños

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*
Comments are closed.
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad