O Hio

A fábrica de Ameixide (I)
No que atinxe ás fábricas de salgado que existiron nas costas da nosa comarca do Morrazo, recollemos neste artigo un anaco da historia dunha gran industria que durante case dous séculos exerceu primeiro como fábrica de salgado, despois quedou abandonada e máis tarde funcionou como conserveira. Atópase na aldea de Pinténs (O Hío), na fermosa Ría de Aldán, e foi coñecida como A fábrica de Ameixide. … Ler máis

A arquitectura da auga nas fontes de Cangas (I)
Cada fonte que temos na vila de Cangas ten algún elemento ou característica diferenciadora que a fai especial e única.
Neste primeiro artigo, Xerardo Dasairas nos fala da “Arquitectura da auga nas fontes de Cangas”, centrándose nas existentes no Hío e Aldán e facendo especial referencia a aquelas que, co paso do tempo, foron transformadas para dotalas de certa monumentalidade, converténdose en elementos arquitectónicos senlleiros e singulares da vila. … Ler máis

A UNIÓN DO HÍO (I)
A Unión do Hío foi unha sociedade de socorros mutuos que xurdiu no Hío pola iniciativa duns veciños que emigraran a Arxentina e que buscaban dotar a esta parroquia dunha mellora no eido da asistencia sanitaria.
Neste artigo, Anxo Coya fai un repaso da historia desta sociedade centenaria co obxectivo de recoñecer a labor e honrar a os seus promotores que loitaron para que O Hío puidese ter unha sanidade e un ensino digno. … Ler máis

A historia da Ermida de Vilariño (IV)
Neste cuarto artigo sobre a historia da Ermida de Vilariño, continuaremos expoñendo a liña sucesoria e os acontecementos relacionados coa sucesión do padroádego da capela de Vilariño. … Ler máis

A historia da Ermida de Vilariño (III)
Neste terceiro artigo sobre a historia da Ermida de Vilariño, continuaremos expoñendo a liña sucesoria e os acontecementos relacionados coa sucesión do padroádego da capela de Vilariño. … Ler máis

A historia da Ermida de Vilariño (II)
Tras o primeiro artigo que adicamos a historia da Ermida de Vilariño na que falabamos dos seus promotores e da súa fundación, nesta segunda entrega continuaremos falando de xenealoxía familiar e da dotación, vínculo e padroádego da ermida. … Ler máis

A historia da Ermida de Vilariño (I)
Este e o primeiro de catro artigos nos que trataremos de plasmar co máximo rigor a historia da capela de San Bartolomeu, que no pasado ano 2023 cumpriu 430 anos. E para iniciar o noso percorrido pola historia da Ermida de Vilariño, falaremos dos seus fundadores, o matrimonio formado polo capitán mercader Juan Lavado e a súa muller Aldonça Franco, persoas que viviron nos séculos XVI e XVII. … Ler máis

Os entroidos tradicionais de Cangas (II)
Os entroidos tradicionais de Cangas, que xurdiron nas aldeas e parroquias da vila, foron crecendo grazas as melodías dos gaiteiros e o balbordo e cantar dos veciñ@s. Con esta curta crónica, recollida en dous interesantes artigos, nos gustaría arrincar un pequeno sorriso e espertar un recordo nas mentes máis lonxevas da veciñanza e para logralo debuxaremos pequenos esbozos de como eran estas festas no Hío, en Aldán e Darbo. … Ler máis

Os entroidos tradicionais de Cangas (I)
Nas terras do Morrazo contamos con concorridas romarías como a de San Amaro, a de Santiago de Ermelo, a de San Amedio (san Mamede), a de Darbo ou a de San Martiño e con danzas ancestrais formadas por damas e galáns que dende tempos inmemoriais se celebran tradicionalmente nas parroquias de Aldán, do Hío e na de Darbo, e que foron creadas para facer fronte ás pestes ou enfermidades pandémicas como a lepra.
Pero o certo e que madamas e galáns tamén bailan no carnaval, sobre todo grazas aos traballos de recuperación realizados por numerosas persoas, algunhas xa ausentes, que puxeron todo o seu empeño para que poidamos facernos unha idea de como era esta festa antigamente. … Ler máis

A.C.E. A Dema do Hío e a Festa Area e Folk 2023
A Asociación Cultural Ecoloxista A Dema do Hío nace na parroquia do Hío coa intención de contribuír con entusiasmo na dinamización cultural e na protección e defensa ecolóxica da súa contorna.
Queren programar actividades durante todo o ano polas diferentes aldeas da parroquia e un exemplo foi a Festa Area e Folk que se celebrou en agosto de 2023 en Vilariño, recollendo o espírito da Festa Folk de Vilariño que se viña celebrando nos últimos 20 anos organizada pola A.C O Ghato. … Ler máis

A fábrica de Ameixide (II)
Neste segundo artigo repasaremos a seguinte etapa na vida da fábrica de Ameixide, que tivo como protagonistas a familia Curbera e a actividade conserveira. … Ler máis

O dilema da autoría do Cruceiro do Hío (I)
O Cruceiro do Hío cumpre 150 anos e para celebrar unha data tan especial, os días 2 e 3 de Abril de 2022 organízouse no Concello de Cangas o IX Congreso Galego de Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
Nesta primeira parte do artigo o investigador Anxo Coya nos achega un pouco de luz sobre o dilema que existe historicamente sobre a súa autoría. … Ler máis

O dilema da autoría do Cruceiro do Hío (II)
O Cruceiro do Hío cumpre 150 anos e para celebrar unha data tan especial, os días 2 e 3 de Abril de 2022 organizouse no Concello de Cangas o IX Congreso Galego de Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
Nesta segunda parte do artigo o investigador Anxo Coya describe parte da traxectoria e as obras de Ignacio Cerviño, aportando argumentos para determinar que se trata do Mestre Cerviño. … Ler máis

Ubaldo Lemos Vaqueiro
Aos catorce anos Ubaldo Lemos sofre un accidente cando estaba a coidar dun rabaño de ovellas. Saltou dunha rocha a outra e a caída provocoulle unha lesión medular que o incapacitou para o resto da súa vida. Posteriormente, mandou traer a pedra da que caera e ordenou colocala no adro da capela de Vilanova. Sobre ela esculpiu o inicio dun poema referente ao seu accidente, que mostra a xenerosidade que sempre o caracterizou: “Cautivo fui de ti/ Sin rencor, sin odio”. … Ler máis

O Facho, unha porta ao noso pasado
O Monte do Facho en Cangas, un dos xacementos arqueolóxicos máis relevantes de Galicia, ten moitos segredos agochados que pouco a pouco están saíndo á luz coas excavacións realizadas durante os últimos anos. … Ler máis

O naufraxio da Leonor
Neste mes de outubro de 2021 cumpriranse cento catorce anos do naufraxio da Leonor, unha embarcación propiedade de Serafín Martínez Franco, veciño da aldea de Vilariño, e que contaba cunha tripulación de 20 homes que cada día largaban as redes ao mar para gañar o pan. … Ler máis

Esteban Sobreira, mestre de cantería e veciño do Hío (II)
Neste segundo artigo trataremos de achegarnos as obras documentadas de Esteban Sobreira, que posiblemente comezou de moi rapaz no gremio da cantería e que debeu traballar durante varios anos da súa xuventude en distintas obras espalladas pola xeografía do noso país. … Ler máis

Esteban Sobreira, mestre de cantería e veciño do Hío (I)
A igrexa parroquial do Hío é románica, data do s.XII e co paso do tempo e o aumento da poboación, como moitos outros templos, víuse na obriga de ser ampliada e reformada. No 1788 o encargado dunha desas reformas foi Esteban Sobreira García, mestre canteiro e veciño do Hío. … Ler máis

O reloxo de sol da igrexa do Hío
A igrexa de San Andrés de O Hío serve, inesperadamente, como pedestal dun reloxo de sol que leva marcando as horas desde 1854, un instrumento de sinala a hora solar a partir dunha superficie lisa (a faz), na que se marcan unha serie de liñas que definirán as horas solares. … Ler máis