Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.
Nesta nova entrega coñeceremos a historia de Sarah Lorenzana, unha canguesa adiantada ao seu tempo en moitos aspectos. Obtivo o título de Mestra Superior de Instrución Primaria con 13 anos e, pouco despois, xa con 16, fundou e dirixiu en Pontevedra o Colexio da Purísima Concepción.
Ademáis ao longo da súa vida destacou no ámbito literario con libros de divulgación científica, contos e narrativa, libros de aventuras, novelas rosas ou libros de personaxes que a levaron a formar parte da Real Academia Galega. … Ler máis