
Asociación Cultural A Cepa
A CEPA: 25 ANOS COA CULTURA DE CANGAS. Texto elaborado por Fernando Cuñarro Pintos, secretario de A Cepa. A Cepa nace no seo do Centro de Educación Permanente de Adultos (C.E.P.A.), que a Consellería de Educación tiña creado en Cangas no curso 1988/1989. A iniciativa de crear unha asociación cultural partiu do profesorado e dun grupo animoso do alumnado, con moito interese na súa formación. Nunha