Moaña

Ao longo do Antigo Réxime, a pequena nobreza rural galega tiña na posesión da terra o seu principal e case exclusivo xerador de recursos económicos cos que logo gozaba dun indiscutible prestixio social. Foi xa no século XVI cando comezaron a xurdir as grandes casas fidalgas galegas. Mediante ventaxosos acordos coas institucións eclesiásticas e a nobreza titulada, estas novas elites conseguían unha serie de terras que logo cedían ao campesiñado a cambio dunha renda máis elevada mediante un contrato de foro. A transmisión do patrimonio familiar facíase por completo a un só fillo, polo xeral ao primoxénito varón, en forma de morgado e isto permitía manter case sen fisuras e durante varios séculos todo o poderío acumulado pola liñaxe. Ademais, este patrimonio podía verse incrementado mediante compras ou vantaxosos matrimonios endogámicos, algo moi común nese estrato social. Un caso que nos serve para ilustrar esta política hereditaria mediante morgados é o da “Casa do Rosal”, concretamente imos centrarnos na unión matrimonial de D. Álvaro Suárez de Deza e Dna. Constanza López de Romai, que viviron entre finais do século XVII e principios do XVIII.
Dona Dolores López Saavedra e o seu marido Don Luis López Guitián. Señores da casa do Rosal retratados por José Gil en 1907.

A Casa fidalga do Rosal

Ao longo do Antigo Réxime, a pequena nobreza rural galega tiña na posesión da terra o seu principal e case exclusivo xerador de recursos económicos cos que logo gozaba dun indiscutible prestixio social.

Foi xa no século XVI cando comezaron a xurdir as grandes casas fidalgas galegas. Mediante ventaxosos acordos coas institucións eclesiásticas e a nobreza titulada, estas novas elites conseguían unha serie de terras que logo cedían ao campesiñado a cambio dunha renda máis elevada mediante un contrato de foro.

A transmisión do patrimonio familiar facíase por completo a un só fillo, polo xeral ao primoxénito varón, en forma de morgado e isto permitía manter case sen fisuras e durante varios séculos todo o poderío acumulado pola liñaxe.

Ademais, este patrimonio podía verse incrementado mediante compras ou vantaxosos matrimonios endogámicos, algo moi común nese estrato social.

Un caso que nos serve para ilustrar esta política hereditaria mediante morgados é o da “Casa do Rosal”, concretamente imos centrarnos na unión matrimonial de D. Álvaro Suárez de Deza e Dna. Constanza López de Romai, que viviron entre finais do século XVII e principios do XVIII. … Ler máis

Ler máis »

Rutas gratuítas no Morrazo no outono de 2026

Unha vez máis, os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para presentarvos os nosos programas de rutas gratuítas no Morrazo no outono de 2026.

Coma sempre trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos seus recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes. … Ler máis

Ler máis »

Rutas gratuítas en Cangas no outono de 2026

Unha vez máis, os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para presentarvos os nosos programas de rutas gratuítas no Morrazo no outono de 2026.

Coma sempre trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos seus recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes. … Ler máis

Ler máis »

“Borna”, o barco prehistórico moañés

Poucos moañeses saben que a mediados dos anos 70 do século pasado chegou a sucar a Ría de Vigo unha réplica dun barco prehistórico que foi bautizado como “A Borna” e que estaba inspirado no petróglifo existente na zona de Moaña do mesmo nome.

Tratábase dunha embarcación única en Europa que contaba con 5,5 metros de eslora e 2 de manga, e a súa viaxe de Vigo ata as Cíes constituíu un fito no estudo da naútica prehistórica. … Ler máis

Ler máis »

A Traída de Augas de Meira – A Torre

A creación da Traída de Augas de Meira-A Torre podería calificarse dun feito histórico na nosa contorna xa que supuxo a primera traída veciñal de auga da zona do Morrazo e serviu de exemplo e guía para outras iniciativas similares que foron feitas posteriormente.

Foi construída polos veciños, sen ningún tipo de apoio institucional e constituiuse oficialmente ante notario en Cangas o 30 de xaneiro de 1972 con 121 asociados, os cales representaban a outras tantas vivendas dos barrios de Couso, Pombal e Reibón. … Ler máis

Ler máis »

Tomé, futbolista do F.C Barcelona

Manolo Tomé Portela “Tomé”, é un moañés afincado en Cangas que foi xogador do F.C Barcelona e da U.D Salamanca tendo a oportunidade de gañar una liga ao lado de Johan Cruyff e de enfrontarse a outros grandes xogadores da historia do fútbol como Maradona, Kempes, Jairzinho ou incluso Pelé. … Ler máis

Ler máis »

Rutas gratuítas no Morrazo no verán de 2026

Unha vez máis, os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para presentarvos os nosos programas de rutas gratuítas no Morrazo na primavera de 2026.

Nesta ocasión, faremos rutas nos tres concellos do Morrazo e coma sempre trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos seus recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes. … Ler máis

Ler máis »

Rutas gratuítas no Morrazo na primavera de 2026

Unha vez máis, os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para presentarvos os nosos programas de rutas gratuítas no Morrazo na primavera de 2026.

Nesta ocasión, faremos rutas nos tres concellos do Morrazo e coma sempre trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos seus recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes. … Ler máis

Ler máis »

Rutas guiadas en Bueu para a primavera de 2026

“RECOÑECER BUEU 2026”, O PROGRAMA DE RUTAS GUIADAS POR BUEU QUE ESTABADES AGARDANDO

A Asociación A Illa dos Ratos vos presenta o programa de rutas “Recoñecer Bueu 2026”, na que se desenvolverán dez percorridos que pretenden dar a coñecer a historia e a cultura dalgúns espazos da vila.

Con moita ilusión presentámosvos as primeiras catro rutas guiadas que temos previstas para esta primavera de 2026 coas que coma sempre trataremos de poñer en valor algúns dos recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes da vila. … Ler máis

Ler máis »

Rutas sobre mulleres da historia do Morrazo polo 8-M

Coincidindo cos actos organizados o vindeiro 8M con motivo do “Día Internacional da muller”, realizaremos tres rutas sobre mulleres relevantes da historia do Morrazo.

Os percorridos serán este sábado 7 de marzo en Moaña ás 10:30 h, o domingo 8 de marzo en Cangas a partir das 10:00 h, e o sábado 14 en Bueu a partir das 10:30h, e quedades convidados a participar nesta iniciativa que cremos importante e necesaria para poñer en valor algunhas das figuras máis relevantes da nosa historia en feminino. … Ler máis

Ler máis »

Eduardo Pérez Calvar, “Leta”

Seguro que paseando por Moaña reparastes algunha vez nun busto que se atopa diante dun edificio na zona da Xunqueira. Trátase do “Busto de Leta”, unha escultura na honra de D. Eduardo Pérez Calvar “Leta”, unha persoa emprendedora, loitadora e visionaria que ao longo da súa vida converteuse nunha figura moi relevante na sociedade moañesa da súa época. … Ler máis

Ler máis »

Rutas guiadas en O Morrazo para el invierno de 2026

Los miembros de la Asociación A Illa dos Ratos volvemos con mucha ilusión para presentaros nuestras rutas guiadas en O Morrazo para el invierno de 2026.

Serán un total de 12 rutas, seis dentro de “Descubre Moaña no inverno 2026” y otras seis incluídas en el programa “Inverno en ruta 2026”, con las que trataremos de dar a conocer y poner en valor algunos de los recursos turísticos, etnográficos, culturales y naturales más relevantes del Morrazo. … Ler máis

Ler máis »

Rutas guiadas no Morrazo para o inverno de 2026

Unha vez máis, os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para presentarvos os nosos programas de rutas guiadas no Morrazo para este inverno de 2026.

Serán un total de 12 rutas, seis dentro de “Descubre Moaña no inverno 2026” e outras seis incluidas no programa “Inverno en ruta 2026”, coas que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes do Morrazo. … Ler máis

Ler máis »

A Illa dos Ratos cumpre 10 anos

Con este artigo queremos facer un pequeno repaso da nosa traxectoria e agradecer publicamente o apoio, axuda e participación das persoas, colectivos e institucións que nestes dez anos teñen colaborado para que A Illa dos Ratos sexa un proxecto consolidado.

Agardamos que nos sigades acompañando nesta fermosa viaxe, que nesta ano 2026 nos levará previsiblemente a alcanzar as 1.000 rutas realizadas e os 30.000 asistentes. … Ler máis

Ler máis »

Constantina Pérez Calvar, a parteira de Moaña

Constantina Pérez Calvar foi parteira de Moaña durante máis de 60 anos, período no que axudou a chegar a este mundo a varias xeracións de moañeses e moañesas.

Este artigo esta elaborado a partir dunha conversa cunha das súas netas chea de interesantes detalles e anécdotas da vida de “Señora Constantina”, que nos serven para coñecer mellor a súa historia e ilustrar a súa gran calidade humana. … Ler máis

Ler máis »

A Illa dos Ratos pecha 2025 tras realizar 141 rutas

A Illa dos Ratos realizou 141 rutas en 2025, un ano cheo de bos momentos nos que a nosa familia ratona continuou crecendo.

A poucas semanas de que anunciemos o calendario de rutas para o inverno de 2026, toca facer balance deste ano que agora remata e agradecer de todo corazón o apoio de todas as persoas e entidades que colaboraron para que un ano máis fose posible este fermoso proxecto.

Tamén afrontamos con ilusión renovada o 2026, no que buscaremos alcanzar xuntos tres fitos moi importantes na historia da asociación: celebrar o 10 º aniversario, avanzar camiño das 1.000 rutas e superar a barreira dos 30.000 asistentes. … Ler máis

Ler máis »

O Latón, o Portugal de Moaña

O barrio moañés de O Latón creceu grazas á chegada masiva de portugueses que viñan a traballar nas canteiras que existían en Meira durante a primeira metade do século XX e das que se sacou a pedra para os recheos da zona de Vigo máis próxima ao mar. … Ler máis

Ler máis »

ASCON e os buques conxeladores de PESCANOVA

No ano 1961 unha incipiente PESCANOVA encárgalle a un pequeno e descoñecido estaleiro de Moaña, ASCON, a construción dos primeiros buques conxeladores da flota pesqueira española.

Este feito supuxo un gran pulo para o crecemento de ASCON pero tamén fixo que fose PESCANOVA quen capitanease a gran revolución alimentaria daquela época xa que ao poder procesar a bordo as capturas, envasalas e almacenalas inmediatamente a baixas temperaturas, puido presentar ao mercado unha alternativa de calidade ao peixe fresco que se consumía habitualmente. … Ler máis

Ler máis »

Descubre Moaña no outono 2025

DESCUBRE MOAÑA 2025

Presentamos as rutas guiadas gratuitas que realizaremos neste outono de 2025 en colaboración co Concello de Moaña.

Nove rutas coas que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes da nosa vila. … Ler máis

Ler máis »

Rutas guiadas no Morrazo neste outono de 2025

Unha vez máis, os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para presentarvos os nosos programas de rutas guiadas no Morrazo para o outono de 2025.

Serán un total de 18 rutas, agrupadas dentro dos programas “Outono en ruta 2025” e “Descubre Moaña no outono 2025” que realizaremos en colaboración cos Concellos de Cangas e Moaña, e nos que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes da nosa contorna. … Ler máis

Ler máis »

Subscríbete ao noso boletín!

Cada venres mandarémosche un correo con cousiñas interesantes complementarias ás nosas rutas.

Ao subscribirte, aceptas recibir os nosos correos informativos e aceptas a nosa Política de Privacidade. Podes darte de baixa en calquer momento

Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad