Ruta “Personaxes de Cangas”

Henrique Prado Miranda é un escultor cangués que como moitos outros artistas, descubriu a súa vocación xa na súa xuventude. O darse conta de que o mundo do arte funcionaba dunha forma bastante complexa e que, sen os contactos axeitados, ía ser moi complicado poder vivir da escultura, estudou modelismo naval e delineación e aparcou a súa gran paixón mentres traballaba nese sector, sobre todo en Rodman, onde estivo moitos anos. No 2009, a raíz dunha exposición na que participou con algunhas obras que fixera 30 anos atrás, retomou a súa carreira como escultor, sendo unha persoa autodidacta, capaz de aplicar nas súas obras parte dos coñecementos que obtivo ao longo da súa vida laboral. Dende entón foi expoñendo e vendendo as súas obras por varios países de todo o mundo, pero temos a sorte de poder contemplar algunhas delas na nosa vila.

Henrique Prado Miranda, escultor cangués

Henrique Prado Miranda é un escultor cangués que como moitos outros artistas, descubriu a súa vocación xa na súa xuventude. O darse conta de que o mundo do arte funcionaba dunha forma bastante complexa e que, sen os contactos axeitados, ía ser moi complicado poder vivir da escultura, estudou modelismo naval e delineación e aparcou a súa gran paixón mentres traballaba nese sector, sobre todo en Rodman, onde estivo moitos anos.

No 2009, a raíz dunha exposición na que participou con algunhas obras que fixera 30 anos atrás, retomou a súa carreira como escultor, sendo unha persoa autodidacta, capaz de aplicar nas súas obras parte dos coñecementos que obtivo ao longo da súa vida laboral.

Dende entón foi expoñendo e vendendo as súas obras por varios países de todo o mundo, pero temos a sorte de poder contemplar algunhas delas na nosa vila. … Ler máis

Ler máis »

Bernardo Blanco Rodal, mariño republicano de Cangas

Bernardo Blanco Rodal era un mariño republicano que perdeu a vida de maneira tráxica no Cruceiro Libertad nun ataque aéreo durante a Guerra Civil. A autora deste artigo era familiar seu e elaborouno sobre todo para adicarllo á súa nai, Lola Barreiro Blanco quen, con máis de 80 anos, é unha gran sabedora das historias da Cangas de antes e coa que sentía que tiña unha débeda pendente, a de contar a curta e trepidante historia deste valente cangués.

Todo o que aquí se conta, é froito do escoitado e recopilado na “casa”, do que se recorda na familia Blanco sobre a súa persoa e tamén dunha pequena colaboración feita coa profesora da Universidade de Valencia, Victoria Fernández Díaz, especialista no exilio dos mariños da Armada Republicana. … Ler máis

Ler máis »

A Santa de Rodeira

Todo ocorreu o 13 de xuño de 1887. Na víspera levaron aos pés da cama de Balbina a imaxe do Sagrado Corazón, que encargou para a excolexiata. Desmaiouse e espertou curada. “De súpeto Balbina deu un berro afogado, abriu os ollos e exclamou en alta voz:  Quen me tocou? Meu Deus ¡ Estou curada ¡. Filla do exalcalde de Cangas, Ignacio Zabala Pimentel, a súa curación dunha parálese que a tiña postrada dende facía oito anos nunha cama da casa familiar en Rodeira, foi considerada como unha milagre e Balbina Zabala pasou a ser “A Santa de Rodeira” … Ler máis

Ler máis »

A Alianza Mariñeira de Cangas

Hai constancia de que a finais do século XIX, comezaron a xurdir no Morrazo unha serie de movementos sociais que demandaban unha mellora nos dereitos dos traballadores e que serían a orixe dos chamados “sindicatos do mar”, formados na súa maioría polos mariñeiros das diferentes vilas da comarca e nos que tamén participarían persoas dun corte máis político.

Algunhas das agrupacións que xurdiron na nosa contorna foron a “Alianza Mariñeira de Moaña” (posteriormente tamén a Solidaridade Mariñeira e a Fraternidade Mariñeira), “A Reivindicadora” e sobre todo, a “Alianza Mariñeira de Cangas”. … Ler máis

Ler máis »

Visitantes ilustres de Cangas (II)

A través deste segundo artigo continuaremos coñecendo algúns dos visitantes ilustres de Cangas, persoas que recalaron na nosa vila na procura dun descanso, unha escapada, un traballo, unha nova vida ou unha dobre vida se cadra.

Nesta nova viaxe ao pasado, coñecermos o caso dun escritor e notario irmán de Valle Inclán, unha coñecida literata e un futbolista que rematou sendo un famoso cantante. … Ler máis

Ler máis »

José Oliveira Avendaño “Oliveira”

Jose Oliveira Avendaño, foi un cangués cunha vida intensa e interesante vinculada a república e ao mar, ese mar que precisamente baña o porto no que Cangas recibía a bandeira tricolor que ondearía no Concello no 1931. … Ler máis

Ler máis »

Avelino Avilés Martínez, ilustre e orgulloso cangués

Avelino Avilés era un veciño de Cangas que se sentía orgulloso do seu pobo.

Foi fontaneiro, campión de España desa disciplina en dúas ocasións e rexentou unha tenda de electrodomésticos.

Pero se por algo se lle recorda, é por ser o artífice da recuperación do icónico reloxo da Alameda Vella e por participar activamente na vida social da vila na que foi concelleiro, organizador das Festas do Cristo e do Nadal en varias ocasións, animador e impulsor do Entroido, e fundador de varios grupos corais como Nin fu nin fa ou Amigos de la Canción. … Ler máis

Ler máis »

As bruxas de Cangas

Seguro que case todos coñecemos a María Soliña, a “bruxa” máis famosa de Cangas. Pero, era realmente unha bruxa? Ou foi todo unha conspiración? Cal foi a orixe da caza de bruxas de Cangas? … Ler máis

Ler máis »

Adicam, o soño de Fina Acuña

ADICAM (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico), é sobre todo unha ilusión feita realidade a base de moito esforzo e moitas horas de traballo de mulleres, coma Fina Acuña Graña, que nun momento das súas vidas  tiveron que facer unha parón para deixalo todo e dedicarse a elas e a súa enfermidade. … Ler máis

Ler máis »

Lito, futbolista do Celta

UN DOS FUTBOLISTAS DE MOAÑA QUE XOGOU NO CELTA Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos. Fotografías cedidas polo propio Lito. Ao longo da historia foron varios os xogadores do Morrazo que pasaron polas filas do R.C Celta. Hoxe imos adicarlle este artigo ao moañés Manuel Costas Bermúdez “Lito” que defendeu con honra a camisola celeste durante catro tempadas a finais

Ler máis »

José Félix Soage Villarino

FÉLIX SOAGE, O GRAN FILÁNTROPO DE CANGAS. Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos, a partir de información facilitada por Fernando Cuñarro Pintos, secretario da A.C A CEPA e Lois Guimeráns Rial e Antonio Graña Graña, coautores do libro “Ao filántropo cangués D. Jose Félix Soage Villarino”. José Félix Soage Villarino naceu na rúa Real de Cangas o 4 de Abril

Ler máis »

O quiosco meteorolóxico da Alameda Vella de Cangas

O quiosco meteorolóxico sobre o que luce o reloxo da Alameda Vella é unha réplica do orixinal que se instalara en 1908 grazas a iniciativa de D.Álvaro Guitián Delgado, Capitán do Porto de Cangas, e ás aportacións, entre outros, dos propietarios das embarcacións de pesca, os conserveiros e o Concello. … Ler máis

Ler máis »

Serafín Graña Rúa, moito máis que un poeta popular e carteirista

UN HOME CON TALENTO QUE LEVOU MALA VIDA. Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez a partir das fotografías e información recollidas no libro “Taberna de Soños”, facilitadas por Fernando Cuñarro Pintos, secretario da A. C. A CEPA. Tratando de resumir a vida desta figura propia da bohemia canguesa, poderiamos caer no erro de falar de Serafín como un simple poeta popular, amigo do bo viño e

Ler máis »

Carmiña Pérez Alonso, promotora do folclore e baile galego no morrazo

ALMA DO FOLCLORE E O BAILE GALEGO NO MORRAZO Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos. Fotografías cedidas pola A.C. A CEPA. Hoxe imos dedicar este artigo a unha muller entrañable á que lle  temos moito cariño. Dende que asistiu a unha das nosas primeiras rutas en Massó, a súa relación coa nosa asociación é tan especial que podemos afirmar rotundamente

Ler máis »

D. Asunción, a mestra de Coiro no século XX

DOÑA ASUNCIÓN: A MESTRA DE COIRO Texto elaborado por Sara Ruth Pombal Lagoa. Socia de A Illa dos Ratos. As mestras e mestres sempre foron un piar moi importante da sociedade dende séculos pasados. Xa na antiga Grecia, Roma ou na Idade Media, podemos destacar a Platón, Aristóteles ou Quintiliano, que se preocupaban da educación dos máis pequenos. Todos eles serviron de base para o desenvolvemento

Ler máis »

Asociación Cultural A Cepa

A CEPA: 25 ANOS COA CULTURA DE CANGAS Texto elaborado por Fernando Cuñarro Pintos, secretario de A Cepa. A Cepa nace no seo do Centro de Educación Permanente de Adultos (C.E.P.A.), que a Consellería de Educación  tiña creado en Cangas no curso 1988/1989 A iniciativa  de crear unha asociación cultural partiu do profesorado e dun grupo animoso do alumnado, con moito interese na súa formación. Nunha

Ler máis »

Pepe Santos Rodríguez, “O poeta”

UN HOME ADICADO A CANGAS E AS SÚAS XENTES. Texto elaborado por Sara Ruth Pombal Lagoa. Socia de A Illa dos Ratos. “A nosa vila navega polo Señal e o Costal vive ríe soña e canta porque ten que madrugar”. (Xullo, 1998) Un 6 de xuño de 1918, ano no que remata a Primeira Guerra Mundial, a vila mariñeira de Cangas, da a benvida a Xosé

Ler máis »

Subscríbete ao noso boletín!

Cada venres mandarémosche un correo con cousiñas interesantes complementarias ás nosas rutas.

Ao subscribirte, aceptas recibir os nosos correos informativos e aceptas a nosa Política de Privacidade. Podes darte de baixa en calquer momento

Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad