Outros temas de interese

Sueste estará presente no XVI Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia en Sada
Tras a gran decepción que supuxo para os membros de Sueste e para o pobo de Moaña a cancelación polo repunte da Covid do XV Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia que se ía celebrar na vila en 2021, a asociación moañesa xa quenta motores para participar na edición deste ano que se celebrará en Sada. … Ler máis

Unha ruta mariña dos sentidos
Para Xosé Henrique Rivadulla Corcón o mar é un espazo que exerce unha potente forza de atracción dos seus sentidos, tanto por cuestións que poden explicarse racionalmente, como por cuestións que só poden explicarse poeticamente. Neste artigo nos fala desa atracción, que é dunha magnitude que a súa vida, practicamente en todos os seus ámbitos, está condicionada polo mar e por iso nos propón realizar unha ruta mariña dos sentidos. … Ler máis

A fábrica de Ameixide (II)
Neste segundo artigo repasaremos a seguinte etapa na vida da fábrica de Ameixide, que tivo como protagonistas a familia Curbera e a actividade conserveira. … Ler máis

Os entroidos tradicionais de Cangas (I)
Nas terras do Morrazo contamos con concorridas romarías como a de San Amaro, a de Santiago de Ermelo, a de San Amedio (san Mamede), a de Darbo ou a de San Martiño e con danzas ancestrais formadas por damas e galáns que dende tempos inmemoriais se celebran tradicionalmente nas parroquias de Aldán, do Hío e na de Darbo, e que foron creadas para facer fronte ás pestes ou enfermidades pandémicas como a lepra.
Pero o certo e que madamas e galáns tamén bailan no carnaval, sobre todo grazas aos traballos de recuperación realizados por numerosas persoas, algunhas xa ausentes, que puxeron todo o seu empeño para que poidamos facernos unha idea de como era esta festa antigamente. … Ler máis

Os entroidos tradicionais de Cangas (II)
Os entroidos tradicionais de Cangas, que xurdiron nas aldeas e parroquias da vila, foron crecendo grazas as melodías dos gaiteiros e o balbordo e cantar dos veciñ@s. Con esta curta crónica, recollida en dous interesantes artigos, nos gustaría arrincar un pequeno sorriso e espertar un recordo nas mentes máis lonxevas da veciñanza e para logralo debuxaremos pequenos esbozos de como eran estas festas no Hío, en Aldán e Darbo. … Ler máis

A fábrica de Ameixide (I)
No que atinxe ás fábricas de salgado que existiron nas costas da nosa comarca do Morrazo, recollemos neste artigo un anaco da historia dunha gran industria que durante case dous séculos exerceu primeiro como fábrica de salgado, despois quedou abandonada e máis tarde funcionou como conserveira. Atópase na aldea de Pinténs (O Hío), na fermosa Ría de Aldán, e foi coñecida como A fábrica de Ameixide. … Ler máis

Rutas guiadas para o inverno de 2023
RUTAS GUIADAS PARA O INVERNO DE 2023. Os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para anunciarvos os novos programas de rutas guiadas gratuítas que tanto vos gustan e nas que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor os recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais do Morrazo. … Ler máis

A Santa de Rodeira
Todo ocorreu o 13 de xuño de 1887. Na víspera levaron aos pés da cama de Balbina a imaxe do Sagrado Corazón, que encargou para a excolexiata. Desmaiouse e espertou curada. “De súpeto Balbina deu un berro afogado, abriu os ollos e exclamou en alta voz: Quen me tocou? Meu Deus ¡ Estou curada ¡. Filla do exalcalde de Cangas, Ignacio Zabala Pimentel, a súa curación dunha parálese que a tiña postrada dende facía oito anos nunha cama da casa familiar en Rodeira, foi considerada como unha milagre e Balbina Zabala pasou a ser “A Santa de Rodeira” … Ler máis

Visitantes ilustres de Cangas (II)
A través deste segundo artigo continuaremos coñecendo algúns dos visitantes ilustres de Cangas, persoas que recalaron na nosa vila na procura dun descanso, unha escapada, un traballo, unha nova vida ou unha dobre vida se cadra.
Nesta nova viaxe ao pasado, coñecermos o caso dun escritor e notario irmán de Valle Inclán, unha coñecida literata e un futbolista que rematou sendo un famoso cantante. … Ler máis

Visitantes ilustres de Cangas (I)
A través de dous artigos imos botar unha ollada curiosa a algúns dos visitantes ilustres de Cangas, viaxeiros que recalaron na nosa vila na procura dun descanso, unha escapada, un traballo, unha nova vida ou unha dobre vida se cadra.
Nesta primeira viaxe ao pasado, recordaremos o paso por Cangas dun home e unha muller adicados á fotografía, que encontraban na Galicia do primeiro tercio do século XX en xeral, e na nosa vila en particular, un universo con identidade propia do que captaron as súas luces e sombras. … Ler máis

O grupo musical Nuevas Amistades
“Nuevas Amistades” foi unha formación musical de O Morrazo que, cantando en galego, alcanzou un gran éxito nos anos 70 do século pasado e fíxose célebre en toda España.
Algunhas das súas cancións ocuparon os primeiros postos das listas musicais e obtiveron importantes premios en festivais internacionais como o Festival de la Canción de Mallorca ou o Festival del Miño en Ourense. … Ler máis

O Bosque Encantado de Aldán
O “Bosque Encantado de Aldán” atópase na parte alta da finca dos condes de Aldán ou finca do Frendoal e, como nos achega Merchi Rodal neste artigo, é una boa opción en calquera época do ano para gozar dunha tarde con nenos e en familia. … Ler máis

José Oliveira Avendaño “Oliveira”
Jose Oliveira Avendaño, foi un cangués cunha vida intensa e interesante vinculada a república e ao mar, ese mar que precisamente baña o porto no que Cangas recibía a bandeira tricolor que ondearía no Concello no 1931. … Ler máis

O peto de ánimas da Madalena
O peto de ánimas da Madalena é un elemento patrimonial de Cangas atribuído segundo algúns documentos “ao mesmo escultor que o Cruceiro de Hío” e nel destaca, sen dúbida, o retablo de ánimas feito en pedra, cuxa última policromía, foi realizada no 2021 pola empresa Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega. … Ler máis

Rutas guiadas para o outono de 2022
RUTAS GUIADAS PARA O OUTONO DO 2022. Os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para anunciarvos os novos programas de rutas guiadas gratuítas que tanto vos gustan e nas que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor os recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais do Morrazo. … Ler máis

As Salinas do Ulló (II): Avaliación da súa biodiversidade
O pasado 20 de agosto de 2022 levouse a cabo unha xornada de ciencia cidadá na contorna das Salinas do Ulló en Vilaboa cun gran éxito de asistencia e participación. Este artigo é unha crónica completa do evento que nos enviou a empresa promotora do evento, Mar Abaixo, elaborada por un dos biólogos que coordinou a actividade. … Ler máis

A A.C O Gato e a Festa Folc de Vilariño
A Asociación Cultural o Gato é o colectivo que cada ano se encarga de organizar a Festa Folc de Vilariño. Comezaron a súa andadura no ano 1999, cando se constituíron oficialmente para dar continuidade á actividade que comezaran @s moz@s da aldea para festexar o patrón de Vilariño, o santo da capela, San Bartolomé.
Co tempo, a Festa Folc converteuse na actividade principal pero tamén organizan outras actividades ao longo de todo o ano. … Ler máis

As Salinas do Ulló, un espazo natural con carácter de seu
Este artigo achéganos a importancia natural das Salinas do Ulló e promociona un evento organizado entre outras entidades polo Concello de Vilaboa e Mar Abaixo, o proxecto empresarial de Xandro García Regueira, un antigo compañeiro de A Illa dos Ratos.
Os organizadores invitan aos participantes a experimentar este lugar dunha forma única, combinando lecer, cultura, saúde, eco-pedagoxía, interpretación etnográfica e biolóxica nunha xornada de ciencia cidadá”. … Ler máis

A Batalla de Rande e a lámpada votiva da Colexiata de Cangas
Entre os tesouros saqueados na Batalla de Rande está acreditada a existencia dunha excepcional lámpada votiva da Colexiata de Cangas que en 1690 recibira a Confraría do Santísimo Sacramento de Cangas xunto a outra, de menores dimensións, para a Igrexa de Darbo.
Foran enviadas a través da frota de Indias, dende Xosé de Parral, onde emigrara anos antes Don Juan Ignacio de la Vega e Soutomaior, Señor do Pazo de Sistro (Ambos Ríos) en Coiro, quen tivo tal cortesía coa súa terra natal.
O que non imaxinaban entón, é que en outubro de 1702 a Ría de Vigo veríase sorprendida pola presencia de buques españois e franceses buscando acubillo na Enseada de San Simón, perseguidos por buques da Liga de Inglaterra e Holanda, desencadeando a Batalla de Rande. … Ler máis

Cangas na literatura
Cangas na Literatura é unha recompilación parcial de textos literarios, históricos e xornalísticos editado pola A.C A Cepa para conmemorar o Día do Libro de 2016 onde atoparedes poesías, cantigas, documentos, contos, coplas, lendas,… relacionados coa vila de Cangas. … Ler máis