Somos unha Asociación de Animación Sociocultural e Turística, sen ánimo de lucro, que nace no Concello de Cangas no ano 2016, co obxectivo de dinamizar e diversificar a oferta sociocultural e turística na Comarca do Morrazo e o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
As nosas actividades agrúpanse en dous ámbitos principais: a realización de actividades de animación sociocultural e a organización de rutas guiadas para dar a coñecer e pór en valor os nosos recursos turísticos xa sexan culturais, etnográficos ou ambientais.
Para levar a cabo as nosas actividades, ás que tratamos de aplicar un carácter ameno e didáctico, contamos con persoas de diferentes eidos e formación como o tempo libre, a animación sociocultural, o medio ambiente, o turismo e a cultura.
Para lograr os nosos obxectivos, dado que no noso ánimo está manternos sempre en contacto coa realidade que nos rodea, ademais de levar a cabo os nosos proxectos, sempre estamos abertos a colaborar con diversas institucións e colectivos da comarca.
8 comentarios
Día Mundial dos Océanos 2024 » A Illa dos Ratos
[…] A Illa dos Ratos […]
Día Mundial de los Océanos 2024 » A Illa dos Ratos
[…] A Illa dos Ratos […]
Perfect! Un xogo de merda made in O Morrazo » A Illa dos Ratos
[…] A Illa dos Ratos […]
Perfect ! Un juego de mierda made in O Morrazo » A Illa dos Ratos
[…] A Illa dos Ratos […]
A Illa dos Ratos alcanza las 600 rutas » A Illa dos Ratos
[…] A Illa dos Ratos […]
A Illa dos Ratos alcanza as 600 rutas » A Illa dos Ratos
[…] A Illa dos Ratos […]
A Illa dos Ratos alcanza las 500 rutas » A Illa dos Ratos
[…] A Illa dos Ratos […]
A Illa dos Ratos alcanza as 500 rutas » A Illa dos Ratos
[…] A Illa dos Ratos […]