Cabo Home e a Costa da Vela
Un espazo natural de especial protección
Partiremos da Caracola de Donón e percorreremos unha zona de especial protección caracterizada pola existencia dunha gran biodiversidade de fauna e flora e que conta con ecosistemas moi diversos como os cantís sempre expostos á acción do mar ou o entorno da praia de Melide moito máis recollido. A formación dos bosques, a existencia de afloramentos e afundimentos que son a orixe da gran productividade das nosas rías ou os efectos da contaminación neste tipo de contornas serán algúns dos interesantes temas que trataremos.

















Familiar
Esta ruta está especialmente indicada para todo tipo de públicos e axeitada para gozar en familia dun entorno natural con diferentes espazos con fauna e flora autóctona.
Panorámica e medioambiental
O percorrido préstase a inmortalizar as impresionantes vistas dos cantís, das Illas Cíes e dos diferentes faros e balizas de sinalización existentes na zona.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta

Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas