Ruta “Rúas con historia”

Don Félix de Ozámiz Rodríguez- Sesmeros foi un oficial da Mariña de orixe vasca que durante 30 anos gañouse a estima e o recoñecemento do pobo de Cangas polo seu esforzo na defensa do mar, fonte de sustento da xente máis humilde da vila. No seu desempeño deixou sona de home estrito e moi rigoroso coas infraccións que se facían no mar, pero tamén dunha gran calidade humana que o levaba a interesarse pola situación na que quedaba a familia do infractor e non dubidaba en axudalos empregando os seus contactos ou poñendo incluso cartos do seu peto.

D. Félix Ozámiz Rodríguez-Sesmeros, “o pai dos pobres”

Don Félix de Ozámiz Rodríguez- Sesmeros foi un oficial da Mariña de orixe vasca que durante 30 anos gañouse a estima e o recoñecemento do pobo de Cangas polo seu esforzo na defensa do mar, fonte de sustento da xente máis humilde da vila.

No seu desempeño deixou sona de home estrito e moi rigoroso coas infraccións que se facían no mar, pero tamén dunha gran calidade humana que o levaba a interesarse pola situación na que quedaba a familia do infractor e non dubidaba en axudalos empregando os seus contactos ou poñendo incluso cartos do seu peto. … Ler máis

Ler máis »

Avelino Avilés Martínez, ilustre e orgulloso cangués

Avelino Avilés era un veciño de Cangas que se sentía orgulloso do seu pobo.

Foi fontaneiro, campión de España desa disciplina en dúas ocasións e rexentou unha tenda de electrodomésticos.

Pero se por algo se lle recorda, é por ser o artífice da recuperación do icónico reloxo da Alameda Vella e por participar activamente na vida social da vila na que foi concelleiro, organizador das Festas do Cristo e do Nadal en varias ocasións, animador e impulsor do Entroido, e fundador de varios grupos corais como Nin fu nin fa ou Amigos de la Canción. … Ler máis

Ler máis »

José Félix Soage Villarino

FÉLIX SOAGE, O GRAN FILÁNTROPO DE CANGAS. Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos, a partir de información facilitada por Fernando Cuñarro Pintos, secretario da A.C A CEPA e Lois Guimeráns Rial e Antonio Graña Graña, coautores do libro “Ao filántropo cangués D. Jose Félix Soage Villarino”. José Félix Soage Villarino naceu na rúa Real de Cangas o 4 de Abril

Ler máis »

O quiosco meteorolóxico da Alameda Vella de Cangas

O quiosco meteorolóxico sobre o que luce o reloxo da Alameda Vella é unha réplica do orixinal que se instalara en 1908 grazas a iniciativa de D.Álvaro Guitián Delgado, Capitán do Porto de Cangas, e ás aportacións, entre outros, dos propietarios das embarcacións de pesca, os conserveiros e o Concello. … Ler máis

Ler máis »

Casto Méndez Núñez

D. Casto Méndez Núñez foi un mariño e militar, Contraalmirante da Real Armada Española e heroe na Primeira Guerra do Pacífico na que pronunciou a súa célebre cita de “máis vale horna sen barcos que barcos sen honra”. Naceu en Vigo, viviu en Pontevedra e a súa familia estivo historicamente moi vinculada a Moaña. … Ler máis

Ler máis »

A Capela do Hospital (II): A Capela

A capela do hospital, nome popular da capela da Concepción ou de San Roque, que eran os seus santos patróns, non sempre estivo emprazada nos Xardíns do Sinal. O seu emprazamento orixinario estaba na rúa Eugenio Sequeiros, onde hoxe se levanta o edificio dunha entidade bancaria, entre a rúa do Hospital e a rúa de San Xosé. … Ler máis

Ler máis »

A Capela do Hospital (I): O Hospital

A Capela do Hospital de Cangas recibe ese nome por ser, precisamente, a capela do hospital de peregrinos e pobres co que contaba a vila, unha institución que era máis ben unha residencia ou lugar de acollida de pobres, a cargo da Igrexa, dentro do seu labor de beneficencia. … Ler máis

Ler máis »

Pepe Santos Rodríguez, “O poeta”

UN HOME ADICADO A CANGAS E AS SÚAS XENTES. Texto elaborado por Sara Ruth Pombal Lagoa. Socia de A Illa dos Ratos. “A nosa vila navega polo Señal e o Costal vive ríe soña e canta porque ten que madrugar”. (Xullo, 1998) Un 6 de xuño de 1918, ano no que remata a Primeira Guerra Mundial, a vila mariñeira de Cangas, da a benvida a Xosé

Ler máis »
foto histórica cangas do morrazo

Rúas con historia, a orixe dos nomes das rúas de Cangas

A ORIXE DOS NOMES DAS RÚAS DE CANGAS. Texto elaborado por Xabier Guardado Soliño, socio de A Illa dos Ratos e Guía Oficial de Galicia. Cangas é unha vila con historia. Non é preciso saír do centro para atoparnos con historias curiosas e descoñecidas, por iso percorreremos algunhas rúas da nosa vila e centrarémonos, neste caso, en coñecer as súas orixes e a historia que hai

Ler máis »

Subscríbete ao noso boletín!

Cada venres mandarémosche un correo con cousiñas interesantes complementarias ás nosas rutas.

Ao subscribirte, aceptas recibir os nosos correos informativos e aceptas a nosa Política de Privacidade. Podes darte de baixa en calquer momento

Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad