Ruta “Historia das mulleres de Cangas”

Protexido: CANGUEIRAS (VIII): Josefa Ángela Soto Prol “A Pechencha”
Non hai extracto porque este é un artigo protexido.

CANGUEIRAS (VII): Sheila Lorenzo Fernández
Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.
Nesta nova entrega coñeceremos a Sheila Lorenzo Fernández (1990), unha muller con iniciativa que foi pioneira cando comezou a exercer como speaker nos partidos do Balonmán Cangas no Gatañal e nos do Alondras C.F no Campo do Morrazo.
Ademais tamén tivo a honra de ser a primeira presidenta da historia da “Irmandade da Santísima Virxe dos Dolores e a Soidade”, creada en 1748, e leva moitos anos tendo un papel moi destacado dentro da Semana Santa da vila. … Ler máis

Protexido: CANGUEIRAS (IX): Mercedes Olivera Bon
Non hai extracto porque este é un artigo protexido.

CANGUEIRAS (VI): Lara Boubeta Bamio
Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.
Nestas datas tan importantes nas que celebramos a Semana do Orgullo, a figura que vos imos presentar é Lara Boubeta Bamio (Cangas, 1994), mestra, escritora e defensora e activista polos dereitos LGTBIQ+. … Ler máis

CANGUEIRAS (V): Sarah Lorenzana
Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.
Nesta nova entrega coñeceremos a historia de Sarah Lorenzana, unha canguesa adiantada ao seu tempo en moitos aspectos. Obtivo o título de Mestra Superior de Instrución Primaria con 13 anos e, pouco despois, xa con 16, fundou e dirixiu en Pontevedra o Colexio da Purísima Concepción.
Ademáis ao longo da súa vida destacou no ámbito literario con libros de divulgación científica, contos e narrativa, libros de aventuras, novelas rosas ou libros de personaxes que a levaron a formar parte da Real Academia Galega. … Ler máis

CANGUEIRAS (IV): Lara Graña Prieto
Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.
Hoxe tócalle o turno a Lara Graña Prieto, canguesa que conta cunha ampla traxectoria en diversos medios de comunicación nos que demostrou a súa valía, sobre todo no campo da investigación. Actualmente ocupa o cargo de redactora xefe de Faro de Vigo e en 2024 foi galardoada co “Premio API de investigación na categoría de periodismo local” polos artigos que publicou sobre o caso Hiperxel. … Ler máis

Sagrario Corral Ferreiro, a mestra da Escola de Massó
Dª Sagrario Corral Ferreiro (1914-2007) será recordada sempre en Cangas como “a mestra da escola de Massó”, o lugar onde se gañou o cariño das súas alumnas pola súa proximidade e onde demostrou que para ela a súa gran paixón era a ensinanza. … Ler máis

CANGUEIRAS (I): Susana Cordeiro Coya
Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade, e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.
A primeira das nosas protagonistas será Susana Cordeiro, deportista canguesa que conta cunha ampla traxectoria de éxitos a nivel internacional en competicións de artes marciais, sendo actualmente 30 veces campiona do mundo all styles de artes marciais en diversas categorías grazas a súa preparación a través do TAIKIC, un sistema de adestramento que combina todos os aspectos posibles da loita. … Ler máis

CANGUEIRAS (III): Asun Bernárdez Rodal
Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.
Nesta ocasión imos achegarvos a historia de Asunción Bernárdez Rodal, unha canguesa que sendo moi nova tivo que marchar a Madrid para poder continuar cos seus estudos e que co paso do tempo, con moito esforzo e constancia, conseguiu converterse en Catedrática no departamento de periodismo e novos medios da UCM.
Logo dunha dilatada carreira no ámbito universitario, na que participou de diversos proxectos e publicou innumerables artigos, goza dunha excelente reputación, sendo unha das principais investigadoras no campo do xénero na comunicación en España. … Ler máis

Dolores Blanco Montes, sindicalista represaliada
Neste artigo coñeceremos a historia de Dolores Blanco Montes, “A Pasionaria de Cangas”, unha canguesa valente que loitou ao longo da súa vida polos dereitos de todas as mulleres traballadoras e que xunto a outras compañeiras fundou en 1935 o sindicato feminino “A Reivindicadora”. … Ler máis

CANGUEIRAS (II): Pili Ferrari Parcero
Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.
A figura que vos imos presentar nesta ocasión é Pili Ferrari Parcero (Cangas, 1955), coñecida sobre todo por ser a presidenta da A.C A Cepa e por estar involucrada e impulsar diversas iniciativas da vila.
Neste artigo descubriremos a unha muller loitadora que aínda que de nena tivo que renunciar aos estudos para facerse cargo dos seus irmáns pequenos, moitos anos despois conseguiu sacar o Graduado Escolar na Escola para Adultos de Cangas e dende entón participou na organización de moitas actividades para mellorar a vida da xente dende o eido da cultura e o social. … Ler máis

Rutas sobre mulleres da historia do Morrazo polo 8-M
Coincidindo cos actos organizados o vindeiro 8M con motivo do “Día Internacional da muller”, realizaremos tres rutas sobre mulleres relevantes da historia do Morrazo.
Os percorridos serán este sábado 7 de marzo en Moaña ás 10:30 h, o domingo 8 de marzo en Cangas a partir das 10:00 h, e o sábado 14 en Bueu a partir das 10:30h, e quedades convidados a participar nesta iniciativa que cremos importante e necesaria para poñer en valor algunhas das figuras máis relevantes da nosa historia en feminino. … Ler máis

A muller na industria da salgadura e a conserva
Falarmos de traballo feminino na nacente industria de transformación do peixe da Galicia contemporánea é falarmos de inestabilidade e desigualdade.
Era un labor que se realizaba nas factorías de salgadura e de conserva, un dos principais sectores de ocupación nos séculos XIX e XX en fábricas como Massó Hermanos, Antonio Alonso e Hijos, etc; traballo que compaxinaban con outras tarefas diarias como o coidado de familiares e a atención do fogar. … Ler máis

As bruxas de Cangas
Seguro que case todos coñecemos a María Soliña, a “bruxa” máis famosa de Cangas. Pero, era realmente unha bruxa? Ou foi todo unha conspiración? Cal foi a orixe da caza de bruxas de Cangas? … Ler máis

Rutas sobre mulleres da historia do Morrazo polo 25-N
Coincidindo cos actos organizados o vindeiro 25 de novembro con motivo do “Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres”, realizaremos dúas rutas sobre mulleres da historia do Morrazo que forman parte da memoria colectiva da nosa contorna polas súas contribucións en diferentes ámbitos.
Os percorridos serán este sábado en Moaña e o domingo en Cangas, en ambos casos a partir das 10:30 h, e quedades convidados a participar nesta iniciativa que cremos importante e necesaria para poñer en valor algunhas das figuras máis relevantes da nosa historia en feminino. … Ler máis

Mulleres do Mar (I): Redeiras e atadeiras
As que somos de vilas mariñeiras sabemos da importancia do traballo das redeiras e atadeiras, pero poucas persoas son conscientes da dificultade deste oficio e da pericia que hai detrás desas mulleres de mans fortes e habilidosas, rápidas pero certeiras, curtidas polo frío e o paso da navalla, que xunto coa agulla son as súas ferramentas de traballo. … Ler máis

Celia Fernández Requejo “La frutera”
Celia Fernández Requejo “la frutera” (Cangas, 1968), tamén coñecida como Celia de ADICAM, é unha muller recoñecida en todo o Morrazo pola súa vitalidade, positivismo e bo humor, pero tamén por participar activamente no Entroido, o Nadal e nas diferentes actividades que organizan colectivos como ADICAM, a Asociación de Alfombristas Cunchas e Flores ou Cangas Vella. … Ler máis

Carmiña Pérez Alonso, promotora do folclore e baile galego no Morrazo
Este artigo está adicado a Carmiña Pérez Alonso (Vigo, 1938), pregoneira das Festas do Cristo de Cangas 2023, unha muller entrañable á que lle temos moito cariño e que a consideramos a avoa oficial de “A Illa dos Ratos”.
Carmiña, ademais de ser unha excelente persoa, é admirada e coñecida pola súa extensa traxectoria no mundo do folclore galego e por ser a impulsora de varios grupos de baile tradicional por todo o Morrazo. … Ler máis

Sonia Cordeiro Santos, muller trans pioneira en Cangas
O 31 de marzo de cada ano se conmemora o Día Internacional da Visibilidade Transxénero. Con este motivo, publicamos este artigo adicado a Sonia Cordeiro, unha muller trans, valente e pioneira en Cangas. … Ler máis

Adicam, o soño de Fina Acuña
ADICAM (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico), é sobre todo unha ilusión feita realidade a base de moito esforzo e moitas horas de traballo de mulleres, coma Fina Acuña Graña, que nun momento das súas vidas tiveron que facer unha parón para deixalo todo e dedicarse a elas e a súa enfermidade. … Ler máis