Historia das rúas de Moaña

Historia das rúas de Moaña

O centro da vila con outros ollos

De balde
Cultural 2 horas 3 Km Baixa

as rúas de moaña e a súa historia

As nosas rúas son deses elementos que asumimos que existen desde sempre e non adoitamos pararnos a pensar nos motivos polos que teñen o seu nome. Nesta ruta faremos un percorrido por algúns dos lugares máis salientables e curiosos do centro da vila para coñecer a historia dalgúns elementos arquitectónicos como o Pazo do Rosal, o busto de "Leta", o lavadeiro da Martinga ou a fonte do Unicornio, pero tamén de figuras ilustres que polos seus méritos fixéronse merecedores dunha rúa co seu nome como o párroco D. Donato Bernárdez Sotelo ou D. Ramón Cabanillas.

Polas rúas de Moaña

Esta ruta está dirixida a todos os públicos e especialmente a todas as persoas que coñecendo as rúas da vila desexen profundizar na súa historia.

Esculturas, rúas e monumentos

Poderemos fotografar a vida nas rúas ou as diferentes esculturas como a "Porta do Rosal", "O Busto de Leta", o "Monumento ao emigrante" ou "O Fisgón".

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

PERCORRIDO

Este é o itinerario que faremos na ruta

INICIO

Entrada ao Pazo do Rosal

FIN

O Fisgón

"As súas rutas son amenas e interesantes. Permítenche coñecer cantidade de detalles da túa vila que descoñecías ou lugares polos que nunca ías, desde todo tipo de episodios históricos, cómo se vivía no pasado, cómo creceu o pobo, personaxes históricos importantes, flora... en definitiva, calquera dato descoñecido para a maioría de cangueses que nos permite coñecer mellor cómo chegamos ata ser o que somos agora. Excelente traballo. Seguide así!"
Alex Boubeta

DESCUBRE MOAÑA

Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas

Canteiras do litoral

Moaña, terra de canteiros e pedreiros

+ INFO

A Moaña mariñeira

Unha orixe vinculada ao mar

+ INFO
ruta guiada igrexa San Martiño de Moaña

San Martiño

Un dos monumentos románicos máis importantes do Morrazo

+ INFO
mulleres da historia de moaña

Mulleres da historia de Moaña

Pioneiras e loitadoras con nome propio

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*
Comments are closed.
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad