
O tributo humano de Cangas ao mar (VI)
Nesta sexta e última entrega desta serie titulada “O tributo humano de Cangas ao mar”, Xerardo Dasairas nos achega algúns dos naufraxios nos que estiveron implicados mariñeiros e/ou embarcacións de Cangas, sucedidos dende os anos 60 do século pasado ata a chegada da democracia. … Ler máis

O tributo humano de Cangas ao mar (IV)
Nesta cuarta entrega desta serie titulada “O tributo humano de Cangas ao mar”, Xerardo Dasairas nos fala do período da II República Española, comprendido entre 1931 e 1936, unha etapa na que a pesar de que continuaron ocorrendo numerosos naufraxios con mariñeiros de Cangas como protagonistas, o goberno republicano impulsou novas iniciativas encamiñadas a mellorar as coberturas no mar como a Mutua de Accidentes do Mar e do Traballo. … Ler máis

O tributo humano de Cangas ao mar (V)
Nesta quinta entrega desta serie titulada “O tributo humano de Cangas ao mar”, Xerardo Dasairas enumera algúns dos naufraxios sucedidos durante o franquismo nos que estiveron implicados mariñeiros e/ou embarcacións de Cangas. … Ler máis

O tributo humano de Cangas ao mar (I)
Xa dicía nos primeiros anos trinta do século pasado o director da Escola de Pesca de Cangas, Felipe Carnicer, que esta vila era a de máis pescadores de España, pero tamén a que máis vidas lle tributaba ao mar.
Non cabe dúbida que a continuada pingueira de naufraxios, ás veces nun curto lapso de tempo, segue, aínda hoxe, a pór en evidencia os riscos e perigosidade deste oficio, a pesar das actuais melloras materiais e técnicas nos barcos e na navegación.
Nesta primeira entrega da serie “O tributo humano de Cangas ao mar”, Xerardo Dasairas traenos datos moi interesantes sobre algúns dos naufraxios sucedidos a finais do século XIX e nos albores do XX. … Ler máis

Dolores Blanco Montes, sindicalista represaliada
Neste artigo coñeceremos a historia de Dolores Blanco Montes, “A Pasionaria de Cangas”, unha canguesa valente que loitou ao longo da súa vida polos dereitos de todas as mulleres traballadoras e que xunto a outras compañeiras fundou en 1935 o sindicato feminino “A Reivindicadora”. … Ler máis

O tributo humano de Cangas ao mar (II)
Nesta segunda entrega desta serie titulada “O tributo humano de Cangas ao mar”, Xerardo Dasairas nos fala do período comprendido entre 1916 e 1926, no que as familias dos mariñeiros afectados polos naufraxios contaban unicamente coa solidariedade social ante a carencia de seguros que desen cobertura. … Ler máis

O tributo humano de Cangas ao mar (III)
Nesta terceira entrega desta serie titulada “O tributo humano de Cangas ao mar”, Xerardo Dasairas nos fala do período comprendido entre 1927 e 1930, unha etapa na que a pesar de que continuaron ocorrendo numerosos naufraxios con mariñeiros de Cangas como protagonistas, comezaron a implementarse iniciativas encamiñadas a mellorar as coberturas no mar como a creación dunha mutualidade de accidentes ou o chamado “seguro de la vejez”. … Ler máis

A muller na industria da salgadura e a conserva
Falarmos de traballo feminino na nacente industria de transformación do peixe da Galicia contemporánea é falarmos de inestabilidade e desigualdade.
Era un labor que se realizaba nas factorías de salgadura e de conserva, un dos principais sectores de ocupación nos séculos XIX e XX en fábricas como Massó Hermanos, Antonio Alonso e Hijos, etc; traballo que compaxinaban con outras tarefas diarias como o coidado de familiares e a atención do fogar. … Ler máis

Talasonimia de Cangas (II)
Neste segundo artigo adicado á talasonimia de Cangas, escrita polo investigador Xerardo Dasairas, faremos un percorrido pola toponimia costeira da vila dende Punta Corveiro ata a Ensenada de Aldán, pasando por Cabo Home e Punta Couso. … Ler máis

Talasonimia de Cangas (I)
Os talasónimos son os topónimos referentes aos accidentes xeográficos da costa e do mar próximo a ela.
Nunha serie de dous artigos do investigador Xerardo Dasairas faremos un percorrido pola talasonimia de Cangas, e descubriremos unha relación de topónimos chea de nomes que aluden a pedras no mar, somerxidas, semisomerxidas ou visibles, designadas segundo a súa morfoloxía, posición, superficie, uso…, a outros a baixos perigosos e a maioría designan accidentes costeiros como puntas, illas, praias… … Ler máis

O naufraxio do San Martín
O día 25 do mes de agosto de 1977 produciríase o naufraxio do San Martín, un suceso que tivo unha especial repercusión en Coiro, en Cangas e en Galicia polas especiais circunstancias que rodearon ao mesmo naquelas datas: a xuventude dos tripulantes, a celebración das Festas do Cristo e as neglixentes condicións en que saíu a faenar o barco. … Ler máis

A primeira guerra da sardiña (II)
A pesca tradicional viuse afectada dende mediados do século XVIII pola chegada dos fomentadores cataláns primeiro e polos empresarios da conserva no abrente do século XX, dando lugar a chamada “Primeira guerra da sardiña” na Ría de Vigo.
Neste segundo artigo sobre o tema nos centraremos no impacto que tivo sobre o conflito a chegada da industria conserveira. … Ler máis

A primeira guerra da sardiña (I)
A pesca tradicional viuse afectada dende mediados do século XVIII pola chegada dos fomentadores cataláns primeiro e polos empresarios da conserva no abrente do século XX.
En ambos casos, os novos emprendedores trouxeron os seus propios métodos, embarcacións e artes de pesca, moito máis agresivas co entorno, provocando duros enfrontamentos entre os “xeiteiros”, defensores da pesca tradicional e os defensores da “traíña” que defendían unha pesca moito máis intensiva, que tiña como obxectivo a subministración de peixe para a nova industria.
Na chamada “Primeira Guerra da Sardiña”, figuras como Eugenio Sequeiros, Montero Ríos, Félix Ozámiz ou Alvaro Guitián, que hoxe lle prestan os seus nomes a algunhas das rúas de Cangas, posicionáronse no conflito do lado dos “xeiteiros”, xente humilde do pobo que tiña no mar a súa fonte de subsistencia e que loitou porque a nova industria non esquilmase os recursos da nosa ría, como xa ocorrera uns anos antes na costa mediterránea. … Ler máis

A escola elemental de pesca de Cangas (II)
Neste segundo artigo sobre a Escola Elemental de Pesca de Cangas facemos referencia a unha recensión hemerográfica publicada en 2009 tirada do xornal Heraldo de Aragón, que contiña unha entrevista que este diario zaragozano lle tiña feito a D. Felipe Carnicer López após da súa inauguración. … Ler máis

A escola elemental de pesca de Cangas (I)
Neste artigo imos lembrar o momento no que o nome de Cangas apareceu na España da época como principal referente dun novo proxecto educativo e social para as xentes do mar: a Escola Elemental de Pesca. … Ler máis

D. Félix Ozámiz Rodríguez-Sesmeros, “o pai dos pobres”
Don Félix de Ozámiz Rodríguez- Sesmeros foi un oficial da Mariña de orixe vasca que durante 30 anos gañouse a estima e o recoñecemento do pobo de Cangas polo seu esforzo na defensa do mar, fonte de sustento da xente máis humilde da vila.
No seu desempeño deixou sona de home estrito e moi rigoroso coas infraccións que se facían no mar, pero tamén dunha gran calidade humana que o levaba a interesarse pola situación na que quedaba a familia do infractor e non dubidaba en axudalos empregando os seus contactos ou poñendo incluso cartos do seu peto. … Ler máis

A Alianza Mariñeira de Cangas
Hai constancia de que a finais do século XIX, comezaron a xurdir no Morrazo unha serie de movementos sociais que demandaban unha mellora nos dereitos dos traballadores e que serían a orixe dos chamados “sindicatos do mar”, formados na súa maioría polos mariñeiros das diferentes vilas da comarca e nos que tamén participarían persoas dun corte máis político.
Algunhas das agrupacións que xurdiron na nosa contorna foron a “Alianza Mariñeira de Moaña” (posteriormente tamén a Solidaridade Mariñeira e a Fraternidade Mariñeira), “A Reivindicadora” e sobre todo, a “Alianza Mariñeira de Cangas”. … Ler máis

A muller na industria da salgadura e a conserva
O PAPEL DAS MULLERES NAS CONSERVEIRAS Texto elaborado por David Vidal. Guía no Museo Massó. Fotografías cedidas pola A. C. A CEPA. Neste interesante artigo, imos a falar da incorporación da muller ao mercado laboral na industria da salga e conserva na Galicia dos séculos XIX e XX. A muller na industria: unha historia de desigualdade laboral Falarmos de traballo feminino na nacente industria de transformación do