Ruta “Muíños de Coiro”

O conflito da auga en Coiro en 1977 (II)
No primeiro artigo que adicamos ao “Conflito da auga en Coiro en 1977” falabamos da oposición dos veciños de Coiro ante un proxecto impulsado dende o Concello para a ampliación de abastecemento de auga a vila co que se pretendía paliar a escaseza de auga no núcleo urbano empregando parte do caudal do río Bouzós.
Nesta segunda entrega o autor nos relata a evolución dos feitos e como os veciños de Coiro, encabezados por Manuel Boubeta, logo de constituír unha Comisión Veciñal e buscar apoio nun grupo especializado de asesores, lograron paralizar o proxecto. … Ler máis

O conflito da auga en Coiro en 1977 (I)
A finais de outubro de 1976 o goberno local de Cangas aprobou un proxecto de ampliación de abastecemento de auga a vila que pretendía paliar a escaseza de auga no núcleo urbano empregando parte do caudal do río Bouzós.
Os veciños de Coiro, encabezados por Manuel Boubeta, como principais afectados deste medida, decidiron organizarse e mostraron unha forte oposición a aquela medida defendendo os seus dereitos inmemoriais a unhas augas que eran empregadas para o regadío das súas terras, mover os seus muíños e dar servizo aos lavadoiros da parroquia. Xurdía entón o coñecido como ” Conflito da auga de Coiro “. … Ler máis

Henrique Prado Miranda, escultor cangués
Henrique Prado Miranda é un escultor cangués que como moitos outros artistas, descubriu a súa vocación xa na súa xuventude. O darse conta de que o mundo do arte funcionaba dunha forma bastante complexa e que, sen os contactos axeitados, ía ser moi complicado poder vivir da escultura, estudou modelismo naval e delineación e aparcou a súa gran paixón mentres traballaba nese sector, sobre todo en Rodman, onde estivo moitos anos.
No 2009, a raíz dunha exposición na que participou con algunhas obras que fixera 30 anos atrás, retomou a súa carreira como escultor, sendo unha persoa autodidacta, capaz de aplicar nas súas obras parte dos coñecementos que obtivo ao longo da súa vida laboral.
Dende entón foi expoñendo e vendendo as súas obras por varios países de todo o mundo, pero temos a sorte de poder contemplar algunhas delas na nosa vila. … Ler máis

O millo, base da economía rural galega
O millo tal e como o coñecemos introduciuse en Europa logo da conquista de América no comezo do s. XVII, máis o seu auxe produciuse no noso territorio a finais do s. XVII e, sobre todo, durante o s. XVIII. Ata entón, cultivábanse nos nosos campos cereais coma o centeo, a cebada, o millo miúdo e o paínzo.
Na nosa ruta “Sendeiro de Rialdarca” falamos da importancia do cultivo do millo como base da economía rural galega en xeral e nesta zona de Moaña en particular. Neste artigo recollemos parte da información recollida entre os veciños que nos contaron como se facía o proceso completo do millo nesta zona, algo que poderíamos extrapolar a outras zonas do país. … Ler máis

A trampa do muíño
A introducción do millo de América e os muíños de auga foron elementos indispensables para o desenvolvemento económico e social do rural galego. Neste artigo recollemos os diferentes xeitos que se empregaban para deter a moenda do millo, especialmente o “método da trampa”, cos que se buscaba a forma menos agresiva de parar o sinxelo pero eficiente mecanismo do muíño. … Ler máis

A.F.C Tromentelo
A A.F.C Tromentelo de Coiro xorde oficialmente no ano 2010 como paso necesario de cara a consolidar unha intensa actividade de posta en valor do noso folclore que se iniciara a finais dos anos 80 do século pasado como unha actividade de gaita e percusión no Ceip Castrillón e que foi o xerme da Banda de Gaitas Tromentelo. … Ler máis

A evolución histórica dos muíños
A historia da trituración dos cereais comeza en Galicia no Neolítico, cando os humanos empezamos a cultivar os nosos propios alimentos. … Ler máis