Casa Rural. Avda Jose Graña, 46 en Aldán. 986 32 92 76 / 673 492 724
Conxunto monumental ao redor dunha igrexa
No corazón da parroquia do Hío, no Igrexario, atópase un conxunto monumental cargado de arte, historia e tradición. Todos sabemos que nel o protagonista indiscutible é o famoso Cruceiro do Hío pero, ás veces, parece que esquecemos que o cruceiro brilla aínda máis grazas ao magnífico entorno que o acompaña día a día.
Así pois, con esta ruta polo corazón do Hío, percorreremos, pedra a pedra, cada un dos elementos que fan compañía ao famoso monumento: un adro de danzas e defuntos, unha igrexa de arte e cultos, casas de señorío e de chan de terra, unha fonte de felicidade, un lavadoiro de noticias, un pequeno cruceiro que non deixa de sufrir, rúas esquecidas que volveremos descubrir...
O magnífico cruceiro do Hío adoita acaparar toda a nosa atención eclipsando outros elementos ao seu redor que vos descubriremos nesta ruta.
Historia e patrimonio
Admiraremos o cruceiro realizado polo Mestre Cerviño, os segredos da igrexa de San Andrés, a casa reitoral e outras casas señoriais ou o lavadoiro de Geo.
Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza