Canteiras do litoral
toca fuegho na canteira do cocho
Moaña é terra de mar pero tamén de pedra. Ao longo do noso percorrido descubriremos a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña, en Meira, e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Descubriremos interesantes historias, vivencias e anécdotas das canteiras do Cocho, o Arroás, a Laxe, o Latón e a Borna e coñeceremos o significado dalgúns termos ben curiosos que se empregaban na xerga propia dese gremio como "romper pedra", "tocar fuegho" ou "facer uns tiros". Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.














O Cocho, canteira de pedra azul
Cunha dificultade baixa, esta ruta é moi doada para facer en familia e que nenas e nenos coñezan o antigo oficio de canteiro e a importancia da pedra na nosa vila.
Cachotes de historia
As impresionantes ladeiras, o "ghalpón" abovedado, ou os restos dos antigos peiraos serán algunhas das cousas que poderás inmortalizar entre O Cocho e a Borna.
Foto do arquivo da Agrupación Cultural Nós. O home que está coas mans na cintura é José Currás Gramary, na canteira da Borna, onde traballaou desde 1920 a 1940, aprox. segundo datos achegados pola familia. Foto de Sarabia, 1938. Publicada no tomo II de Moaña Historia Fotográfica.

Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta

DESCUBRE MOAÑA
Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas