Cangas

Presentamos o proxecto "Cangueiras", unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións. A nosa protagonista de hoxe é Josefa Ángela Soto Prol, máis coñecida como Gelita "A Pechencha" ou "A Torrosa", unha muller que exerceu como "chorona" nos tempos da fame para sacar adiante a súa numerosa familia, acompañando ao defunto desde a casa ata o velatorio, a igrexa e finalmente o cemiterio.

CANGUEIRAS (VII): Sheila Lorenzo Fernández

Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.

Nesta nova entrega coñeceremos a Sheila Lorenzo Fernández (1990), unha muller con iniciativa que foi pioneira cando comezou a exercer como speaker nos partidos do Balonmán Cangas no Gatañal e nos do Alondras C.F no Campo do Morrazo.

Ademais tamén tivo a honra de ser a primeira presidenta da historia da “Irmandade da Santísima Virxe dos Dolores e a Soidade”, creada en 1748, e leva moitos anos tendo un papel moi destacado dentro da Semana Santa da vila. … Ler máis

Ler máis »

Visitantes ilustres de Cangas (I)

A través de dous artigos imos botar unha ollada curiosa a algúns dos visitantes ilustres de Cangas, viaxeiros que recalaron na nosa vila na procura dun descanso, unha escapada, un traballo, unha nova vida ou unha dobre vida se cadra.

Nesta primeira viaxe ao pasado, recordaremos o paso por Cangas dun home e unha muller adicados á fotografía, que encontraban na Galicia do primeiro tercio do século XX en xeral, e na nosa vila en particular, un universo con identidade propia do que captaron as súas luces e sombras. … Ler máis

Ler máis »

Santoro, o fotógrafo da luz (I)

O estudo fotográfico de José María Pérez Santoro situado no Eirado do Señal, foi durante décadas referencia fotográfica de varias xeracións, pero tamén a morada da memoria da vila mariñeira de Cangas no último medio século en forma de fotografías.

Este será o primeiro dunha serie de artigos nos que repasaremos a súa vida e as súas contribucións á vila de Cangas, o seu lugar no mundo. … Ler máis

Ler máis »

A fábrica de Ameixide (I)

No que atinxe ás fábricas de salgado que existiron nas costas da nosa comarca do Morrazo, recollemos neste artigo un anaco da historia dunha gran industria que durante case dous séculos exerceu primeiro como fábrica de salgado, despois quedou abandonada e máis tarde funcionou como conserveira. Atópase na aldea de Pinténs (O Hío), na fermosa Ría de Aldán, e foi coñecida como A fábrica de Ameixide. … Ler máis

Ler máis »

CANGUEIRAS (VI): Lara Boubeta Bamio

Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.

Nestas datas tan importantes nas que celebramos a Semana do Orgullo, a figura que vos imos presentar é Lara Boubeta Bamio (Cangas, 1994), mestra, escritora e defensora e activista polos dereitos LGTBIQ+. … Ler máis

Ler máis »

Tomé, futbolista do F.C Barcelona

Manolo Tomé Portela “Tomé”, é un moañés afincado en Cangas que foi xogador do F.C Barcelona e da U.D Salamanca tendo a oportunidade de gañar una liga ao lado de Johan Cruyff e de enfrontarse a outros grandes xogadores da historia do fútbol como Maradona, Kempes, Jairzinho ou incluso Pelé. … Ler máis

Ler máis »

Rutas gratuítas no Morrazo no verán de 2026

Unha vez máis, os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para presentarvos os nosos programas de rutas gratuítas no Morrazo na primavera de 2026.

Nesta ocasión, faremos rutas nos tres concellos do Morrazo e coma sempre trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos seus recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes. … Ler máis

Ler máis »

CANGUEIRAS (V): Sarah Lorenzana

Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.

Nesta nova entrega coñeceremos a historia de Sarah Lorenzana, unha canguesa adiantada ao seu tempo en moitos aspectos. Obtivo o título de Mestra Superior de Instrución Primaria con 13 anos e, pouco despois, xa con 16, fundou e dirixiu en Pontevedra o Colexio da Purísima Concepción.

Ademáis ao longo da súa vida destacou no ámbito literario con libros de divulgación científica, contos e narrativa, libros de aventuras, novelas rosas ou libros de personaxes que a levaron a formar parte da Real Academia Galega. … Ler máis

Ler máis »

Santoro, o fotógrafo da luz (II)

O estudo fotográfico de José María Pérez Santoro situado no Eirado do Señal, foi durante décadas referencia fotográfica de varias xeracións, pero tamén a morada da memoria da vila mariñeira de Cangas no último medio século en forma de fotografías.

Nesta segunda entrega coñeceremos como coñeceu á muller da súa vida e regresou a Cangas para emprender varios negocios e participar da vida cultural e social do pobo. … Ler máis

Ler máis »

CANGUEIRAS (IV): Lara Graña Prieto

Presentamos o proxecto “Cangueiras”, unha serie de artigos, elaborados en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Cangas, na que trataremos de achegarvos as historias de 12 mulleres canguesas que ben merecen ser recoñecidas polas súas achegas a sociedade e que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións.

Hoxe tócalle o turno a Lara Graña Prieto, canguesa que conta cunha ampla traxectoria en diversos medios de comunicación nos que demostrou a súa valía, sobre todo no campo da investigación. Actualmente ocupa o cargo de redactora xefe de Faro de Vigo e en 2024 foi galardoada co “Premio API de investigación na categoría de periodismo local” polos artigos que publicou sobre o caso Hiperxel. … Ler máis

Ler máis »

A Biblioteca das Madeiras do Mundo cumpre 11 edicións

Agustín Soage Bastón é un artista e artesán que forma parte da terceira xeración dunha familia adicada á madeira.

Dende o seu “Eco Espazo da Madeira”, situado no número 44 da Avenida de Ourense, crea de xeito artesán tanto mobles como outras pezas e dende fai uns anos traballa para convertelo nun espazo cultural onde facer exposicións, presentacións de libros e outras propostas.

A Biblioteca das Madeiras do Mundo, é unha iniciativa que neste 2026 cumpre 11 anos. A mostra, que se inaugura o 17 de maio coincidindo coa celebración do Día das letras galegas, incorpora este ano a varios artistas portugueses e nacionais de primeira liña, e pode visitarse gratuitamente ata o 14 de xuño. Unha visita moi recomendable ¡¡¡ … Ler máis

Ler máis »

O tributo humano de Cangas ao mar (VI)

Nesta sexta e última entrega desta serie titulada “O tributo humano de Cangas ao mar”, Xerardo Dasairas nos achega algúns dos naufraxios nos que estiveron implicados mariñeiros e/ou embarcacións de Cangas, sucedidos dende os anos 60 do século pasado ata a chegada da democracia. … Ler máis

Ler máis »

O tributo humano de Cangas ao mar (IV)

Nesta cuarta entrega desta serie titulada “O tributo humano de Cangas ao mar”, Xerardo Dasairas nos fala do período da II República Española, comprendido entre 1931 e 1936, unha etapa na que a pesar de que continuaron ocorrendo numerosos naufraxios con mariñeiros de Cangas como protagonistas, o goberno republicano impulsou novas iniciativas encamiñadas a mellorar as coberturas no mar como a Mutua de Accidentes do Mar e do Traballo. … Ler máis

Ler máis »

O tributo humano de Cangas ao mar (V)

Nesta quinta entrega desta serie titulada “O tributo humano de Cangas ao mar”, Xerardo Dasairas enumera algúns dos naufraxios sucedidos durante o franquismo nos que estiveron implicados mariñeiros e/ou embarcacións de Cangas. … Ler máis

Ler máis »

Fomentadores e xávegas na enseada de Aldán (II)

Neste segundo artigo da serie “Fomentadores e xávegas na enseada de Aldán”, Xerardo Dasairas nos achega información interesante sobre os conflitos que foron xurdindo tras a chegada dos fomentadores cataláns, debido sobre todo a introdución da xávega nas nosas rías.

De feito, desde 1760 existirá unha forte oposición ao sistema catalán, que provocará que nas rías do norte se vaian ditando algunhas normas sobre o uso da xávega que obrigaron aos cataláns a desprazarse cara ás rías do sur, aínda permisibles nos seus regulamentos. … Ler máis

Ler máis »

Fomentadores e xávegas na enseada de Aldán (III)

Neste terceiro artigo da serie “Fomentadores e xávegas na enseada de Aldán”, Xerardo Dasairas aborda a terceira fase do asentamento catalán en Galicia e as consecuencias da súa chegada a Cangas, sobre todo relacionadas co décimo do mar.

Tamén veremos como unha vez expulsados os franceses, o novo réxime constitucional vai prover novas normas de pesca, destinadas agora a regulamentar polo miúdo os tempos e os lugares de uso de cada arte, diminuíndo a conflitividade na pesca pero aumentando os litixios entre os xa numerosos fomentadores. … Ler máis

Ler máis »

Fomentadores e xávegas na enseada de Aldán (IV)

Neste último artigo da serie “Fomentadores e xávegas na enseada de Aldán”, Xerardo Dasairas aborda o paso da salgadura á conserva.

Veremos como as primeiras fábricas de conservas en Cangas foron as de Darío Lameiro e a de Francisco Fernández Cervera pero neste texto tamén descubriremos cousas curiosas sobre as “Naves de Ojea” ou a que está ao final de Rodeira, onde nos seus inicios se elaboraban noces en conserva. … Ler máis

Ler máis »

Subscríbete ao noso boletín!

Cada venres mandarémosche un correo con cousiñas interesantes complementarias ás nosas rutas.

Ao subscribirte, aceptas recibir os nosos correos informativos e aceptas a nosa Política de Privacidade. Podes darte de baixa en calquer momento

Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad