PARTICIPA
POLO PLANETA
Mar e montaña é o que enche a paisaxe da comarca do Morrazo. As visitas por Cabo Home, a Serra da Madalena, os muíños da Fraga ou Coiro, e as rutas intermareais por Areamilla ou Tirán, farán que vexas e sintas toda esta natureza dun xeito diferente.
As historias de vida enchen as nosas visitas de anécdotas para que coñezas como vivían e traballaban as mulleres e homes das vilas do Morrazo. Rutas polo antigo complexo industrial de Massó en Cangas ou polas canteiras do litoral de Meira farán que as redescubras con outros ollos.
A arte celta e o patrimonio relixioso impregnan a cultura do Morrazo. Así, o castro do Facho, a igrexa románica de San Martiño e o cruceiro do Hío, son algunhas das visitas que te farán viaxar no tempo.
Visitas guiadas gratuítas e didácticas para coñecer o patrimonio histórico, cultural, artístico, etnográfico e ambiental de Cangas.
Visitas guiadas gratuítas e didácticas para coñecer o patrimonio histórico, cultural, artístico, etnográfico e ambiental de Moaña.
A realización de actividades de animación sociocultural tamén forma parte da nosa esencia á hora da dinamización cultural da nosa contorna. A realización de obradoiros e a organización de divertidas xincanas e xogos ¡son a nosa especialidade!
Ademais de rutas e actividades de animación tamén vimos participando de diferentes proxectos en colaboración con outros colectivos e administracións.