Bueu

Con este artigo queremos facer un pequeno repaso da nosa traxectoria e agradecer publicamente o apoio, axuda e participación das persoas, colectivos e institucións que nestes dez anos teñen colaborado para que A Illa dos Ratos sexa un proxecto consolidado. Agardamos que nos sigades acompañando nesta fermosa viaxe, que nesta ano 2026 nos levará previsiblemente a alcanzar as 1.000 rutas realizadas e os 30.000 asistentes.

A Illa dos Ratos cumpre 10 anos

Con este artigo queremos facer un pequeno repaso da nosa traxectoria e agradecer publicamente o apoio, axuda e participación das persoas, colectivos e institucións que nestes dez anos teñen colaborado para que A Illa dos Ratos sexa un proxecto consolidado.

Agardamos que nos sigades acompañando nesta fermosa viaxe, que nesta ano 2026 nos levará previsiblemente a alcanzar as 1.000 rutas realizadas e os 30.000 asistentes. … Ler máis

Ler máis »

A Illa dos Ratos pecha 2025 tras realizar 141 rutas

A Illa dos Ratos realizou 141 rutas en 2025, un ano cheo de bos momentos nos que a nosa familia ratona continuou crecendo.

A poucas semanas de que anunciemos o calendario de rutas para o inverno de 2026, toca facer balance deste ano que agora remata e agradecer de todo corazón o apoio de todas as persoas e entidades que colaboraron para que un ano máis fose posible este fermoso proxecto.

Tamén afrontamos con ilusión renovada o 2026, no que buscaremos alcanzar xuntos tres fitos moi importantes na historia da asociación: celebrar o 10 º aniversario, avanzar camiño das 1.000 rutas e superar a barreira dos 30.000 asistentes. … Ler máis

Ler máis »

As Xulianas, a saga de poxadoras de Bueu (II)

Neste segundo artigo o investigador e divulgador José Manuel Dopazo Entenza nos conta detalles interesantes das últimas representantes desta importante saga de poxadoras de Bueu e remata facendo unha reflexión sobre a necesidade de poñer en valor o seu labor e de darlles o recoñecemento que merecen pola súa relevancia na historia da nosa vila, xa que sen elas non se podería entender o desenvolvemento pesqueiro e industrial do Bueu do século XIX e XX. … Ler máis

Ler máis »

As Xulianas, a saga de poxadoras de Bueu (I)

Neste artigo titulado “As Xulianas, unha saga de poxadoras de Bueu” o investigador e divulgador José Manuel Dopazo Entenza nos fala da importancia destas mulleres que son parte da historia de Bueu tanto pola súa singularidade como polo seu legado, un labor que merece ser coñecido e posto en valor.

No pobo non hai mariñeiro xubilado ou activo que non lembre ou escoitase falar dalgunha destas poxadoras, e sen elas non se podería entender o desenvolvemento pesqueiro e industrial do Bueu do século XIX e XX. … Ler máis

Ler máis »

Hermelo, o lugar onde habita o esquecemento

“Hermelo, o lugar onde habita o esquecemento” é un texto actualizado sobre outro que fora elaborado por Belarmino Barreiro Rosales, arquiveiro municipal e delegado do persoal funcionario do Concello de Bueu, para unha mesa redonda que se celebrou en Santiago de Hermelo o venres 9 de maio de 2014 e na que compartíu protagonismo con outras investigadores relevantes da historia da vila como Arturo Sánchez Cidrás, Manuel Aldao Portas, e Salvador Castro Otero (coordinador).

No artigo que agora publicamos, o autor trata de volver a reflexionar sobre a gran importancia histórica de Hermelo destacando tamén o seu papel como testemuño dos inicios da xurisdición do Morrazo. … Ler máis

Ler máis »

Sofía Gómez Buceta, primeira funcionaria de Bueu

Sofía Gómez Buceta foi a primeira muller funcionaria de Bueu. Inicialmente foi asignada á Biblioteca Popular Municipal de Bueu pero pola súa valía, durante anos compaxinou esta labor coa prestación de servizos para a secretaría xeral.

Co golpe militar do ano 1936 a biblioteca foi clausurada e tras superar o expediente de depuración ao que foi sometida, Sofía sería reasignada definitivamente á secretaría xeral onde exercería ata a súa xubilación en 1971, logo de máis de 40 anos como empregada do Concello de Bueu. … Ler máis

Ler máis »

Matilde Bares, a gran mestra de Bueu

Matilde Bares Giráldez está considerada unha das mestras máis relevantes da historia de Bueu. Pola súa casa – escola, onde exerceu durante máis de 60 anos, pasaron moitos nenos e nenas do pobo para recibir a ensinanza primaria pero tamén foron numerosos os adultos que acudían a ela para aprender a ler, escribir e recibir fundamentos básicos de matemáticas antes de emigrar ao outro lado do Atlántico e contar cunha formación mínima para defenderse e saír adiante na súa nova vida. … Ler máis

Ler máis »

Historia de Bueu, unha vila ao carón do mar

Neste artigo faremos un percorrido pola historia de Bueu facendo referencia as súas orixes como asentamento durante o período romano, ao nacemento dos seus diferentes núcleos poblacionais durante o medievo e sobre todo ao desenvolvemento da pesca e a súa industria que foron p seu motor de crecemento durante os últimos séculos. … Ler máis

Ler máis »

A Illa dos Ratos cierra 2024 tras realizar 123 rutas

A Illa dos Ratos ha realizado 123 rutas en 2024, un año lleno de buenos momentos en los que nuestra familia ratona continuó creciendo.

A pocas semanas de que anunciemos el calendario de rutas para el invierno de 2025, toca hacer balance de este año que ahora termina y agradecer de todo corazón el apoyo de todas las personas y entidades que han colaborado para que un año más fuese posible este hermoso proyecto. … Ler máis

Ler máis »

A Illa dos Ratos pecha 2024 logo de realizar 123 rutas

A Illa dos Ratos fixo 123 rutas no 2024, un ano cheo de bos momentos nos que a nosa familia ratona seguiu medrando.

A poucas semanas de que anunciemos o calendario de rutas para o inverno de 2025, toca facer balance deste ano que agora remata e agradecer de todo corazón o apoio de todas as persoas e entidades que colaborastes para que un ano máis fose posible este fermoso proxecto. … Ler máis

Ler máis »

O Millo Corvo de Meiro

O millo corvo é unha variedade de millo que se caracteriza pola súa cor negra e que conta cunha interesante historia e unha longa tradición que dende 1997 están sendo recuperadas pola Asociación Cultural Meiro. … Ler máis

Ler máis »

A Illa dos Ratos fixo 89 rutas no 2023

A Illa dos Ratos fixo 89 rutas no 2023, un ano cheo de bos momentos nos que a nosa familia ratona seguiu medrando.

A poucas semanas de que anunciemos o calendario de rutas para o inverno de 2024, toca facer balance deste ano que agora remata e agradecer de todo corazón o apoio de todas as persoas e entidades que colaborastes para que un ano máis fose posible este fermoso proxecto. … Ler máis

Ler máis »

A vida na Illa de Ons nos anos 60

Hoxe en día percibimos A Illa de Ons como un destino turístico parte de PNMTIAG, pero nos anos 60 do século pasado eran máis de 450 as persoas que residían alí formando parte dunha comunidade solidaria con identidade, crenzas e costumes propias. … Ler máis

Ler máis »

A familia ratona seguiu medrando en 2022

A nosa familia ratona seguiu medrando en 2022, un ano cheo de rutas, actividades e novos contidos no “Blog dos Ratos”.

A poucas semanas de que anunciemos o calendario de rutas para o inverno de 2023, toca facer balance deste ano que agora remata, un ano complicado pero moi satisfactorio grazas ao apoio desta gran familia ratona que non para de crecer e da que formades parte todas as persoas e entidades que fixestes posible que continue un ano máis este fermoso proxecto. … Ler máis

Ler máis »

Asociación FICBUEU

Durante este mes de setembro de 2022 tendrá lugar unha nova edición do FICBUEU, un festival internacional de curtametraxes que desde 2008 se celebra en Bueu e que a día de hoxe é un referente a nivel europeo tras anos dun progresivo e ordeado crecemento.

Esta será a edición “do cambio” xa que, para simplificar a programación e mellorar a experiencia dos asistentes, se estruturará en tres bloques: proxeccións oficiais durante a primeira semana, o Minific para escolares durante a segunda e as I Xornadas Cinematográficas que se celebrarán o 24 de setembro. … Ler máis

Ler máis »

O Morrazo na obra de Serafín Parcero

Serafín Parcero Pérez exerceu como mestre en distintos centros da provincia: C.P. Reibón e C. P. Seara, en Moaña, C.P. A Sangriña, en A Guarda, CEIP Espiñeira-Aldán e, finalmente, no I.E.S María Soliño de Cangas ata a súa xubilación. É autor dos libros “Ollos de Cinsa” (premio Matilde Bares de Relatos de Muller), “Viúvas de vivos e de mortos” e “As illas dos deuses”. Neste artigo coñeceremos a vinculación estreita entre todas as súas obras e a comarca de O Morrazo. … Ler máis

Ler máis »

Johan Carballeira

Johan Carballeira destacou ao longo da súa vida como poeta, xornalista e político e foi elexido con 34 anos como alcalde de Bueu representando ao Partido Galeguista nas candidaturas da Fronte Popular. A pesar de ser fusilado nos meses seguintes a sublevación franquista e de a súa figura quedou condenada ao esquecemento durante moitos anos, a súa vida e obra están hoxe de novo de actualidade grazas ao traballo de diferentes investigadores e colectivos como a Asociación Amigos de Johan Carballeira de Bueu.

Con este artigo queremos render unha merecida homenaxe a esta figura relevante da historia de Bueu cando se cumpren 120 anos do seu nacemento. … Ler máis

Ler máis »

Os navíos de liña no Museo Massó

A batalla de Trafalgar foi un punto de inflexión, o cambio dunha era onde os navíos de liña pasan a ser os últimos buques de guerra a vela, emblemas das batallas navais da Idade Moderna durante aproximadamente dous séculos, entre mediados-finais do XVII e mediados do XIX, momento a partir do cal toman protagonismo os barcos de guerra propulsados a vapor.  … Ler máis

Ler máis »

San Simón, a illa da memoria

Co foco posto en velar pola reivindicación das vítimas do franquismo, as asociacións que traballan pola recuperación da memoria histórica nos arredores da Ría de Vigo coordínanse anualmente coa plataforma “Iniciativa Galega pola Memoria” para organizar un acto na illa de San Simón. … Ler máis

Ler máis »

Subscríbete ao noso boletín!

Cada venres mandarémosche un correo con cousiñas interesantes complementarias ás nosas rutas.

Ao subscribirte, aceptas recibir os nosos correos informativos e aceptas a nosa Política de Privacidade. Podes darte de baixa en calquer momento

Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad