NA PERIFERIA DA HISTORIA DA ERMIDA DE VILARIÑO (II)

Texto elaborado por Anxo Coya Otero, veciño do Hío e Premio Ignacio Cerviño á Recuperación/Promoción do Patrimonio 2019.

Tras o primeiro artigo que adicamos a historia da Ermida de Vilariño na que falabamos dos seus promotores e da súa fundación, nesta segunda entrega continuaremos falando de xenealoxía familiar e da dotación, vínculo e padroádego da ermida.

Unha vez edificada a ermida, Juan e Aldonça fanse con varias propiedades nos lugares e casais de Vilariño, Liméns e Manle en 1595

Atopamos e consultamos documentos do 1696 do Arquivo da Universidade de Santiago, e nun deles aparece o testemuño do labrego San Juan de Vilariño (sic), fillo de Juan de Vilariño como cabeza de foro no arrendamento desta aldea homónima a este apelido que aínda perdura hoxe nesta aldea mariñeira.

Podemos dicir que se trata do traslado dun documento, no que se describe o foro de Vilariño en 1595. Nel afírmase o seguinte:

/ … parece que el capitan Juan Labado trahía en fuero de la dha dinidad arçobispal dos lugares de limens y bilariño citos en la felegrecía de santo andres do hío, que en uno dellos solía bibir alonso de bilariño y en el otro Juan de bilariño hermanos difuntos por los quales el dho Juan lavado pagava de rrenta y pención en cada un año a su señoría treinta selemines de pan medeado y una gallina y el dho Juan lavado abía echo en los dhos lugares unas casas grandes de sobrado y plantado cantidad de viñedo en las eredades de dhos lugares y por muerte de dho Juan Lavado avía susedido en los dhos lugares Juan Lavado su hixo becino de la villa de cangas el qual traía y poseía los dhos lugares por sí y sus caseros y despues de la muerte del dho su padre abía echo otras casas e lagares, plantado mas viñedo….y avía echo otros perfectos e rreparos de mucho balor y hestimación, utiles y nesesarios que estaban permanientes en los dhos lugares e abía pagado e pagava cienpre asta aora los dhos treinta selemines … e la gallina e por no tener foro de los dhos lugares ni aberlos presentado en el dho apeo que hisso el dho francisco Suárez de Grado aunque se abía notificado al dho Juan labado el biexo, ni menos Juan Lavado su hixo los avía presentado en el apeo por mi echo aunque se notifico e para aforar los dhos lugares aviendo echo las dilixencias nesesarias avía acudido delante mi San Juan de bilariño hixo del dho Juan de bilariño y me pidio le hiçiese fuero del dho lugar de bilariño en que avía bibido el dho su padre…/

Algunhas das vivendas que hoxe se coñecen en Vilariño como As Cortiñas deben ser primixenias na relación de Juan e Aldonça co casal de Vilariño. É dicir, que estas construcións contan con máis de catro séculos. Entre os bens da capela aparece descrita un formal de casa media asolagada pola area … Una casa que está Cubierta de arena  que no vibe en ella ninguna pna. (persona) … /.

En 1601 o capitán mercader (sic) Juan Lavado tamén edifica para el e súa familia unha importante casa que posuía bodega e lagar, fonte e pombal. Tamén se di que esta casa posuía un escudo de armas que foi doado ao Museo de Pontevedra, mais non puidemos corroboralo.

A esta vivenda pertencían os bens de A Grela, Cova da Bouza e Merlín e que os formalizará como bens anexos ao seu morgado de Vilariño. Terreos dunha boa fertilidade que deron lugar a súa denominación de A Granxa.

A fonte aínda perdura na actualidade e a casa e bodega existen no estado de ruindade. O pombal desapareceu co paso do tempo e división dos terreos.

Sabemos que Juan Lavado “El Viejo” finou o 28 de marzo de 1603 e que anos máis tarde o seu fillo Juan Lavado “O Mozo” converteuse no patrón da ermida

Vendo constatada a ermida e a mencionada granxa, chega a defunción do noso protagonista. Documentación adxacente ao libro da Capela de Vilariño dinos que finou o 28 de marzo de 1603. Así se acredita nun dos documentos:

/ …en veinte y ocho de março de milly seis cientos y tres años se falecio El capitan Juan Labado vzº (vecino) de la Villa de Cangas El qual dexo fundada la capilla y hermita de Sr. Brme. (Bartolomé) En la aldea de villarino… dexola dotada en una carga de pan para sus reparos y despues por su testmto. (testamento) mdo. (mandó) se le dixese en ella por la alma de su muger aldonça franca y suya cada mes una misa y ese día de San brme. Tres misas y de comer a los clérigos… y dexó por patrón a Juan Labado su hijo mayor…/ Hai cláusulas do seu testamento que aseguran o seguinte : / … Yten digo que yo y aldonça franco mi muger que dios tiene en el cielo hizimos y edificamos una hermita La abocación del glorioso San bartolomé apostol en La aldea de vilariño … mexoro y ago mexorar forma a Juan labado mi hijo mayor en hedad de todo El lugar y casal de bilariño, Liméns y Manle con las casas nuebas, viña, e guertas que yo hize, planté en el  y heredades pan de renta que se paga En el, ganado grande y menudo que traen los que biven estos lugares que son la muger que fue de domingo de manle y su hijo y hermano, Juan de bilariño, Juº (Juan) mes (Martínez), bárvara de vilariño, antón bicioso e Juan de varra…/. Recalamos na antigüidade do apelido Vilariño, de orixe claramente toponímica.

A partición dos bens do capitán mercader acontecen no 1607. Súa filla Magdalena Franca obterá terras no casal do Con, na aldea de Pinténs, xa que esta aldea estaba composta por dous casais: O Con e Curral de Pinténs.

Estes terreos foron outorgados a Juan Lavado “El Viejo” por cesión de Antonio Costa. Ademais dos bens citados anteriormente que este posuía, tamén tiña propiedades en Rodeira, Punxeiro e Vilanova entre outros lugares.

Por documentación notarial de Domínguez de Lara do ano 1715, sabemos que en anos posteriores á súa defunción, concretamente o 17 de novembro de 1608 ante o escribán Álvaro de Casal, Juan Lavado “El Moço” como sucesor de seu pai e patrón da capela, fai novo foro dos lugares de Vilariño, Liméns e Manle.

Durante o seu padroádego non cumpre na súa totalidade coas cláusulas e obrigas indicadas polos fundadores da ermida. Mais o 9 de maio de 1613 o doutor Álvaro Rodríguez Felguera, visitador xeral do Arcevispado de Santiago, asegura : / … que la dha Hermita hestá decente y bien rreparada …/ E nos mandatos indica que / … el Patrón tenga cuidado de cumplir con la la clausula de la dha fundación….que compre un caliz de plata que sea bueno y un missal y lo mas necesario Para dezir misa…. y A las personas y caseros que pagan Renta a la dha capilla y Hermita y sobre la que hestá situada acudan a ella al dho Juan Lavado Patrón Para que cumpla con la dha fundación y obligación de misas y sacrificios y se lo paguen por sus plaços…/

En caso de incumprimento por parte do patrón como dos caseiros, estes expúñanse á pena de excomunión maior. Corre o ano de 1617 e nos primeiros días do mes de decembro, cremos que xusto horas despois de que a Vila de Cangas fose invadida polos turco- berberiscos, Vilariño foi atacada polos mesmos roubando obxectos da ermida e queimando o templo. As anotacións do libro da capela acreditan o seguinte:

/ … de componer y pintar El cristo y algunas imagenes que estavan maltratadas… todas las imagenes de la dha hermita que habían quebrantado y maltratado los moros el año pasado de seiscientos y diez y siete…/.

A seguinte visita pastoral acontece o 6 de decembro de 1620 continuando o escribán Juan Lavado Franco “El Mozo” como patrón do templo e deixará de exercer como tal o 24 de marzo de 1631, data da súa defunción que verificamos no Arquivo Parroquial de Cangas:

/ …En V tte (veinte) y quatro días del mes de março deste dho ano se falesció Juº (Juan) Labado franco ssno (escribano) del número y desta vº (villa) murió confesado y comulgado y unxido, no hizo testamtto (testamento) . Pagó su  muger Veatris vidal la offrenda de su Entierro, limosnas e misas …/ .

A visita do 24 de outubro de 1639, exercendo o sacerdocio no Hío Pedro do Seixo, xa aparece como patrón Gabriel Franco de Vega, fillo do anterior patrón, de profesión tamén escribán.

Anxo Coya Otero
+ artigos
Veciño do Hío.
Premio Ignacio Cerviño á Recuperación/Promoción do Patrimonio 2019.

Un comentario

  1. A historia da Ermida de Vilariño (I) » A Illa dos Ratos

    […] Protexido: A historia da Ermida de Vilariño (II) […]

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.