Massó, o sentir dun pobo
O GRan casino da sardiña
Mentres percorremos os 180.000 m2 do antigo complexo industrial de Massó en Cangas, contaremos a historia, curiosidades e anécdotas da gran fábrica que chegou a ser a maior conserveira de Europa nos anos 50 do século XX, xogando un papel moi importante no desenvolvemento económico e social da vila. Veremos como era o día a día das traballadoras, cales eran as súas ocupacións e preocupacións e a importancia que tivo a actividade conserveira para a súa incorporación ao mundo laboral. Tamén contaremos como a empresa chegou a ter a primeira asistenta social de Galicia, a orixe da gardería, como funcionaba o sistema de avisos para ir a traballar, as innovacións tecnolóxicas, as actividades de ocio que se facían, o inicio da actividade baleeira e a moratoria, o declive da factoría e o que significou para a poboación, ata chegar aos nosos días.
Veña, que pita a loba!
Ruta sinxela de baixa intensidade para ir en familia e que, tanto persoas maiores como pequenas, recorden ou aprendan do noso pasado.
Patrimonio industrial de Cangas
A situación de Massó ao lado do mar permitirache sacar bonitas fotos da paisaxe, do edificio, da súa contorna e de cada parada explicativa que faremos.
Fotografías históricas de Massó en Cangas cedidas pola Asociación Cultural A Cepa
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta
Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas