Ruta “Cabo Home”

Os liques, a outra cara das pedras
Durante as rutas culturais que facemos na asociación A Illa dos Ratos, temos observado que os liques e outra vexetación cobren de distinto xeito os edificios históricos e monumentos do Morrazo. Podemos atopar monumentos completamente cubertos de liques como o Cruceiro de Hío, que podemos observar na ruta Hío de pedra en pedra, e outros completamente limpos como o Cruceiro Singulis ou a Capela do Hospital de Cangas que podemos ver no percorrido polo Casco histórico de Cangas, ou en Cangas 1617, a defensa da vila. … Ler máis

50 anos da catástrofe do Polycommander
A PRIMEIRA GRAN CATÁSTROFE ECOLÓXICA EN GALICIA. Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez. Socio de A Illa dos Ratos. Máis de cincuenta anos despois da considerada maior traxedia ecolóxica sufrida pola ría de Vigo, carecemos dun relato contrastado capaz de explicar as razóns que provocaron o accidente e o seu alcance real. As autoridades franquistas de Mariña esforzáronse en minimizar o feito indicando que se trataba