Massó

O proceso da caza da balea (I)
Segundo contan os mariñeiros, a caza das baleas soía realizarse a maioría das veces a unhas 40 millas da costa nas zonas de Currubedo, A Garda ou Ribadeo seguramente porque nesas zonas os cetáceos atopaban deliciosos calamares xigantes, potas, anguías ou incluso polbos.
O patrón ía manexando o barco e unha vez que o vixía ou “balconeiro” detectaba algún exemplar, seguía as súas instruccións para aproximarse. … Ler máis

Lembranzas de Massó (III): Memorias do Salgueirón
A gran fábrica de Massó vive na memoria colectiva do pobo de Cangas, especialmente en todas as persoas que nalgún momento da súa vida tiveron a oportunidade de traballar nela. Neste artigo vos traemos un punto de vista diferente da súa historia: os recordos dos fillos/as dos/das traballadores/as que vivían nas vivendas sociais do antigo complexo industrial de Massó. … Ler máis

A actividade baleeira en Galicia
A actividade baleeira en Galicia durante o século XX, organizada en tres factorias situadas en Punta Balea (Cangas), Cabo Morás (Xove) e Caneliñas (Cee), era a industria que máis exportacións xeraba en todo o estado. … Ler máis

Ana María Soto Landeira, a asistenta social de Massó
Ana María Soto Landeira foi unha viguesa nacida en 1921 que comezou a traballar como asistenta social na conserveira de Massó de Cangas alá polos anos 50 do século pasado. A súa adicación faría de Massó un exemplo a seguir no ámbito social, prestando axuda ás familias que traballaban na fábrica.
… Ler máis

Lembranzas de Massó (V): A frota baleeira de Massó
Para saber da frota baleeira de Massó, recurrimos a Manuel Ermelo Giráldez, que foi empregado da empresa durante máis de 40 anos na oficina técnica, o taller mecánico e no de electricidade. Coñeceu de primeira man a intensa e importante actividade baleeira da empresa Massó e co seu testemuño nos achega unha información moi interesante sobre os barcos baleeiros da frota de Massó, a súa orixe, preparación e actividades. … Ler máis

Lembranzas de Massó (I): O traballo na fábrica
Neste primeiro artigo da serie “Lembranzas de Massó”, imos a coñecer as vivencias de Josefa Bernárdez Bon, unha muller de Cangas, que no momento no que publicamos por primeira vez este artigo contaba con 92 anos de idade e que comezou a traballar na fábrica Massó aos 17 anos, permanecendo alí durante case 30 anos.
Como moitas canguesas da súa época, Josefa viviu dende dentro a época de maior esplendor da que chegou a ser a maior conserveira de Europa a mediados dos anos 50 do século pasado. … Ler máis

Lembranzas de Massó (II): A escola do padroado
Nos anos nos que a empresa Massó desenvolveu a súa actividade en Cangas, foron moitos os nenos e nenas que pasaron pola chamada “Escola do Padroado de Massó”, unha institución situada no antigo hotel do complexo industrial cangués que ofrecía aos fillos e fillas dos traballadores e traballadoras o acceso a unha escolarización moi diferente a que coñecemos hoxe en día. … Ler máis

Lembranzas de Massó (IV): Carmiña Saa, empregada 729
María del Carmen Saa Fernández, “Carmiña Saa”, foi a empregada número 729 da fábrica de Massó en Cangas onde estivo traballando dende 1959 ata o seu peche. Neste artigo recollemos algunhas das súas lembranzas e vivencias que nos axudan a coñecer como era a vida para as empregadas da fábrica. … Ler máis

A pedra de ámbar gris
A pedra de ámbar gris (Morgante 2021) é unha obra concibida para ver a historia da caza e do procesamento industrial das baleas como quen di dende a barriga do monstro, é dicir, dende primeira liña. … Ler máis

As marcas e produtos de “Massó”
Poucas firmas do sector conserveiro tivieron o prestixio e tamaño de Massó, e sobre todo o seu elevado protagonismo no desenvolvemento da pesca e da industria galega en xeral, e para poder falar con propiedade da súa produción de marcas e produtos , deberíamos botar unha mirada cara atrás no tempo para analizar dous séculos e catro xeracións de dinámica empresarial. … Ler máis

A muller na industria da salgadura e a conserva
O PAPEL DAS MULLERES NAS CONSERVEIRAS Texto elaborado por David Vidal. Guía no Museo Massó. Fotografías cedidas pola A. C. A CEPA. Neste interesante artigo, imos a falar da incorporación da muller ao mercado laboral na industria da salga e conserva na Galicia dos séculos XIX e XX. A muller na industria: unha historia de desigualdade laboral Falarmos de traballo feminino na nacente industria de transformación do

O proceso da caza da balea (II)
A actividade baleeira era moi rendible xa que a súa pesca non provocaba moitos custos e dun só exemplar de balea ou cachalote obtíñase moita cantidade de diversos produtos. Nesta artigo falaremos do proceso de despece e dos diferentes productos que se obtiñan. … Ler máis

O proceso da caza da balea (I)
Segundo contan os mariñeiros, a caza das baleas soía realizarse a maioría das veces a unhas 40 millas da costa nas zonas de Currubedo, A Garda ou Ribadeo seguramente porque nesas zonas os cetáceos atopaban deliciosos calamares xigantes, potas, anguías ou incluso polbos.
O patrón ía manexando o barco e unha vez que o vixía ou “balconeiro” detectaba algún exemplar, seguía as súas instruccións para aproximarse. … Ler máis