Ruta “Historia das rúas de Moaña”

Eduardo Pérez Calvar, “Leta”
Seguro que paseando por Moaña reparastes algunha vez nun busto que se atopa diante dun edificio na zona da Xunqueira. Trátase do “Busto de Leta”, unha escultura na honra de D. Eduardo Pérez Calvar “Leta”, unha persoa emprendedora, loitadora e visionaria que ao longo da súa vida converteuse nunha figura moi relevante na sociedade moañesa da súa época. … Ler máis

José Pazó Rodríguez, artífice da aventura oceánica de moitos moañeses
Desde o seu posto no consello de administración da Compañía Transatlántica Española, o moañés José Pazó Rodríguez tivo a oportunidade de enrolar a unha importante cantidade de traballadores da súa vila, procedentes sobre todo da precaria pesca de baixura, o que facilitou a transformación económica e social de Moaña, que pasaría de ser unha aldea mariñeira a unha cidade litoral. … Ler máis

A Casa fidalga do Rosal
AS CASAS FIDALGAS GALEGAS: A CASA DO ROSAL Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos. Ao longo do Antigo Réxime, a pequena nobreza rural galega tiña na posesión da terra o seu principal e case exclusivo xerador de recursos económicos cos que logo gozaba dun indiscutible prestixio social. Foi xa no século XVI cando comezaron a xurdir as grandes casas fidalgas