Cangas na República

Cangas na República

Foi coma un soño que nunca existiu

De balde
Etnográfica 2 horas 1,5 Km Baixa

A REPÚBLICA EN CANGAS

O 14 de Abril de 1931 proclámase a II República Española e Cangas non é allea a este feito histórico. Falaremos con detalle dos inicios e valores desta nova etapa na que se quería lograr o recoñecemento de dereitos para toda a poboación dando gran importancia á educación como ferramenta para mellorar a vida da xente. Explicaremos como se viviron os feitos en Cangas e como foi a evolución ao longo dos anos seguintes tendo presentes importantes figuras con nome propio como os líderes sindicalistas e políticos Lorenzo Corbacho Rodal e Manuel Nores Sotelo “Taratola”, a impulsora do sindicato feminino "A Reivindicadora" Dolores Blanco Montes ou mestre nacional e periodista D. Bernardino Graña Refojos, convertido no gran crónista da época a nivel local.

Un enfoque en positivo

Achegaremos de forma amena os valores republicanos que buscaban mellorar a vida da xente a través da educación, a cultura e o recoñecemento de dereitos.

Historias da república

A escultura de Santiago ao carón da ex-colexiata, o antigo Concello, a placa da rúa Alfredo Saralegui ou a Casa do Pobo son algunhas das paradas da nosa ruta.

Fotografías cedidas pola Asociación Cultural A Cepa

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

Percorrido

Este é o itinerario que faremos na ruta

INICIO

Casa da Xuventude – Oficina Información Xuvenil

FIN

Concello de Cangas – Memorial da liberdade

"Una mañana inolvidable y con mucho aprendizaje, muchas gracias por la experiencia!!! 🙏🏽"
jess_arvizu

Coñecendo Cangas do Morrazo

Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas

Massó, o sentir dun pobo

A conserveira que marcou unha época

+ INFO

Cabo Home e a Costa da Vela

Camiño dos faros

+ INFO

Cangas e o mar

A orixe dunha vila mariñeira

+ INFO

Rúas con historia de Cangas

Entre camiños

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*
Comments are closed.
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad