A igrexa de San Martiño de Moaña é un dos grandes expoñentes do románico no Morrazo. Unha igrexa que a primeira vista pode parecer unha igrexa máis pode ser todo un libro aberto que nos fai ver a historia que os seus muros viron pasar desde hai case mil anos.
O tímpano da porta principal axudou a resolver un misterio escondido noutras igrexas, as súas inscricións pasaron de ser un crebacabezas a toda unha revelación. Pero hai máis, o seu interior conserva escondidos, á vista de todos, elementos moi curiosos e anecdóticos.
A localización da igrexa será a clave para entender, nunha historia de ricos e pobres, como naceron o barrio do Igrexario e do Cruceiro.
Pequeno percorrido pola igrexa de San Martiño e o barrio do Cruceiro onde falaremos das orixes de Moaña e dos segredos que agocha a igrexa parroquial.
Fotográfica
Saca a túa cámara e inmortaliza a Moaña máis relixiosa e medieval coa igrexa, o adro, o antigo cemiterio, a casa reitoral e o cruceiro como protagonistas.
Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza