O LIBRO QUE RECOLLE AS LEMBRANZAS DA VILA DE CANGAS
Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos.
A Asociación Cultural A Cepa de Cangas leva máis de 25 anos traballando por manter viva a memoria da nosa vila e promocionar a nosa cultura.
O ciclo de teatro “Citeamor”, as viaxes culturais por toda Galicia ou os seus obradoiros na Casa do Pobo son ben coñecidos entre a poboación local pero tamén veñen publicando varios libros nos que se recolle información de gran interese e fotografías de diferentes épocas da historia de Cangas.
Títulos como “As mulleres da conserva”, “Cangas viva 1940-1975”, “As escolas de Cangas”, “Historia Fotográfica de Cangas”, “Ven cantar a Cangas” ou “Mariñeiros de Cangas” aportan información relevante de diferentes aspectos da sociedade canguesa contemporánea.
Nesta mesma liña, a finais do 2018 publícase o libro Ronsel de Lembranzas: Personaxes de Cangas, volume I no que se recollen breves biografías de moitas das persoas que nalgún momento da súa vida mantiveron unha relación estreita coa vila de Cangas.
O gran filántropo da vila D. Félix Soage, o crego D. Valentín Losada, o sindicalista D. Lorenzo Corbacho ou o poeta popular D. Serafín Graña son algunhas desas figuras que todos os habitantes de Cangas deberían coñecer e que non caerán no esquecemento grazas ao labor de A Cepa.
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/21/05/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/15/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/09/07/2020
Un comentario
Asociación Cultural A Cepa » A Illa dos Ratos
[…] coas obras realizadas nos talleres da Cepa foron recollidos no libro Obradoiros de Soños. E Ronsel de Lembranzas que recolle en dous volumes unha antoloxía de personaxes de Cangas publicados durante tres anos no […]