Sendeiro da Fraga

Sendeiro da Fraga

De ríos e muíños

De balde
Ambiental 3 horas 4 Km Ida Media

Auga que pasa, non move muíño

O río da Fraga, un dos máximos expoñentes naturais de Moaña, foi un dos fíos vertebradores da vida cotiá dos nosos antepasados. Un entorno natural espectacular serviranos nesta ruta como marco para explicar a importancia que os ríos en xeral teñen tanto a nivel natural como paisaxístico e humano. Un río é moito máis que un curso de auga, é o eixo de todo un ecosistema do que os humanos tamén formamos parte. As súas augas serviron para regar os cultivos e, sobre todo, para mover a principal industria de Galicia ata non hai tanto: os muíños. Nesta ruta viaxaremos pois, río arriba, desde o presente urbano e agrícola ao pasado natural que lle dá nome ao río, a fraga, o bosque autóctono que aínda podemos contemplar neste espazo tan singular.

Unha ruta do máis natural

Desfrutar da natureza e respirar aire limpo é un dos mellores plans para unha fin de semana en familia. E se nesa familia tamén hai cans, podedes traelos!

Fotográfica

A paisaxe da Fraga, chea de árbores, muíños e o río como protagonista son recursos fotográficos seguros para que non esquezas este paseo.

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

Percorrido

Este é o itinerario que faremos na ruta

INICIO

Desembocadura do río da Fraga, A Xunqueira

FIN

Terreiro do muíño

“Fantástico finde semana de ruta con A Illa dos Ratos!!! Seguirei atenta as seguintes!”
Maribel Sotelo

DESCUBRE MOAÑA

Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas

Canteiras do litoral

Moaña, terra de canteiros e pedreiros

+ INFO

A Moaña mariñeira

Unha orixe vinculada ao mar

+ INFO
ruta guiada igrexa San Martiño de Moaña

San Martiño de Moaña

Un dos monumentos románicos máis importantes do Morrazo

+ INFO
mulleres da historia de moaña

Mulleres da historia de Moaña

Pioneiras e loitadoras con nome propio

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*
Comments are closed.
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad