Senda costeira de Areamilla
Natureza e historia pola costa
Será unha ruta amena e interactiva na que aprenderemos un pouquiño máis sobre a nosa natureza e a nosa cultura. Percorreremos esta senda litoral gozando das súas vistas e escoitando as ondas do mar, algo que é unha actividade adecuada e moi recomendable para todo o mundo. Respecto aos contidos, coñeceremos a orixe do túnel de Areamilla, falaremos dalgúns dos naufraxios máis importantes da historia sucedidos na Borneira e visitaremos as espectaculares furnas. Tamén haberá tempo para aspectos relacionados coa riqueza paisaxística e natural xa que remataremos no complexo dunar de Liméns.

















Un paseo polo litoral
Coñeceremos unha senda ao carón do mar que nos levará dende unha praia encaixada como Areamilla ata outra como Liméns cun impresionante complexo dunar.
Pés na terra e os ollos no mar
Ao longo do percorrido poremos os nosos ollos no mar para localizar a fauna mariña e ter unha perspectiva diferente da Borneira ou das Illas Cíes.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta

Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas