A Moaña mariñeira
Unha historia vinculada ao mar
Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira coñeceremos os detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor D. José Costa Alonso, e algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron ás familias de Moaña. Visitaremos o estaleiro de Carlagho, sede da Asociación Sueste, no que descubriremos o interior dunha carpintería de ribeira, e o museo aberto das Carreiras de Meira.












Familiar
Cunha dificultade baixa, esta ruta é moi doada para facer en familia e axeitada para que nenas e nenos coñezan de primeira man o lado máis mariñeiro da vila.
Un paseo polo litoral
Pasaremos por diversas esculturas adicadas ao mar, a praza de abastos, o antigo pósito, a carpintería de ribeira de Carlagho e polo museo aberto das carreiras.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta

DESCUBRE MOAÑA
Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas