Partiremos da praia de Areamilla, enmarcada no Espazo Natural Punta Balea, aproveitando a súa gran riqueza e biodiversidade para contar dun xeito ameno e distendido temas relacionados co medio mariño.
Falaremos de como se forman as ondas, explicaremos os diferentes tipos de praia e observaremos a flora e a fauna mariña que hai en cada poza da zona intermareal cando baixa a marea.
É unha ruta moi interactiva na que poderemos ver e tocar diferentes especies como os ourizos, os tomates de mar ou algunha estrelamar e seguro que sairedes sabendo moitas curiosidades sobre as praias e a vida mariña.
Mira como comen as anémonas!
Esta ruta está especialmente indicada para que nenas e nenos aprendan de forma práctica da biodiversidade mariña que queda entre as mareas.
Didáctica e interactiva
Dunha forma respectuosa observaremos algas de diferentes tipos e outros organismos mariños como estrelamar, ourizos, caranguexos ou tomates de mar.
Anterior
Seguinte
Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza