Ruta “Sendeiro de Rialdarca”

O millo, base da economía rural galega
O millo tal e como o coñecemos introduciuse en Europa logo da conquista de América no comezo do s. XVII, máis o seu auxe produciuse no noso territorio a finais do s. XVII e, sobre todo, durante o s. XVIII. Ata entón, cultivábanse nos nosos campos cereais coma o centeo, a cebada, o millo miúdo e o paínzo.
Na nosa ruta “Sendeiro de Rialdarca” falamos da importancia do cultivo do millo como base da economía rural galega en xeral e nesta zona de Moaña en particular. Neste artigo recollemos parte da información recollida entre os veciños que nos contaron como se facía o proceso completo do millo nesta zona, algo que poderíamos extrapolar a outras zonas do país. … Ler máis

Coñecendo Rialdarca (II)
Nesta segunda parte do artigo veremos como a partir do ano 2.005, para facer fronte a diversas ameazas do “boom” urbanístico especulativo, as A.A.V.V. Rialdarca, Praia-Seara e A Xeira emprenderon conxuntamente unha mobilización social en defensa, reivindicación e posta en valor do espazo natural e fluvial do val de Rialdarca.
Este sería o xerme da “Estratexia de Recuperación Integral do Val de Rialdarca”, elaborada cunha base científica e financiada polo Concello de Moaña que pretende servir de folla de ruta para as accións que deben ser realizadas de forma coordinada para a recuperación e posta en valor do val. … Ler máis

Rialdarca, patrimonio e memoria: pasos, camiños e territorio (I)
O Sendeiro de Rialdarca parte da actual praza do Concello, no lugar do Pontillón, e cando comezamos esta ruta, é natural preguntarse: pero onde está O Pontillón? Onde está o seu río? E sobre todo, onde está o Río de Rialdarca? Pois algúns destes elementos seguen aí, visibles ou non, e outros están evocados na memoria colectiva, por exemplo nos nomes dos lugares.
Este artigo tenta describir e axudar a interpretar o que hai, o que foi e o que pode ser o rico patrimonio cultural vinculado ós pasos, camiños e territorio. … Ler máis

A trampa do muíño
A introducción do millo de América e os muíños de auga foron elementos indispensables para o desenvolvemento económico e social do rural galego. Neste artigo recollemos os diferentes xeitos que se empregaban para deter a moenda do millo, especialmente o “método da trampa”, cos que se buscaba a forma menos agresiva de parar o sinxelo pero eficiente mecanismo do muíño. … Ler máis

Rialdarca, patrimonio e memoria: pasos, camiños e territorio (II)
Na primeira parte deste artigo describiuse o patrimonio asociado ós camiños da parte baixa e máis coñecida do Sendeiro de Rialdarca. Nesta segunda parte explicaremos e daremos notas para interpretar mellor os pasos, o territorio e memoria da parte alta e menos coñecida, na contorna e por riba da estrada de Marín (PO-551). … Ler máis

Coñecendo Rialdarca (I)
O Concello de Moaña financiou un proxecto de recuperación integral do val do río de Rialdarca no que se recolle a posibilidade de establecer unha senda verde que uniría, de maneira peatonal, amigable e segura, o actual centro da vila co enorme conxunto histórico de San Martiño, poñendo en valor toda a riqueza fluvial, natural e patrimonial da contorna. … Ler máis

A Casa fidalga do Rosal
AS CASAS FIDALGAS GALEGAS: A CASA DO ROSAL Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos. Ao longo do Antigo Réxime, a pequena nobreza rural galega tiña na posesión da terra o seu principal e case exclusivo xerador de recursos económicos cos que logo gozaba dun indiscutible prestixio social. Foi xa no século XVI cando comezaron a xurdir as grandes casas fidalgas

A evolución histórica dos muíños
A historia da trituración dos cereais comeza en Galicia no Neolítico, cando os humanos empezamos a cultivar os nosos propios alimentos. … Ler máis

Como funciona un muíño de río
O FUNCIONAMENTO DUN MUÍÑO DE RÍO Texto elaborado por Liliana Cancelas Gargamala. Socia de A Illa dos Ratos e Guía Oficial de Galicia. Os muíños de río son aparellos que empregan a forza dun río ou regato para poder moer O seu funcionamento é sinxelo e complicado a un tempo: primeiramente, a auga ten que ser desviada do curso natural do río para conseguir un caudal