Personaxes
Persoas relevantes da vida sociocultural da Comarca do Morrazo e os seus concellos. Persoas que fixeron algo destacado polo seu pobo e para a súa sociedade

Protexido: CANGUEIRAS (I): Susana Cordeiro Coya
Non hai extracto porque este é un artigo protexido.

Constantina Pérez Calvar, a parteira de Moaña
Constantina Pérez Calvar foi parteira de Moaña durante máis de 60 anos, período no que axudou a chegar a este mundo a varias xeracións de moañeses e moañesas.
Este artigo esta elaborado a partir dunha conversa cunha das súas netas chea de interesantes detalles e anécdotas da vida de “Señora Constantina”, que nos serven para coñecer mellor a súa historia e ilustrar a súa gran calidade humana. … Ler máis

Visitantes ilustres de Cangas (I)
A través de dous artigos imos botar unha ollada curiosa a algúns dos visitantes ilustres de Cangas, viaxeiros que recalaron na nosa vila na procura dun descanso, unha escapada, un traballo, unha nova vida ou unha dobre vida se cadra.
Nesta primeira viaxe ao pasado, recordaremos o paso por Cangas dun home e unha muller adicados á fotografía, que encontraban na Galicia do primeiro tercio do século XX en xeral, e na nosa vila en particular, un universo con identidade propia do que captaron as súas luces e sombras. … Ler máis

Lola Diz Pose, fundadora da A.F.C Breogán de Moaña
O vindeiro día 12 de xullo de 2025 ás 22:00h no palco da música de Moaña tivo lugar o XXXV Memorial Lola Diz organizado unha vez máis pola A.C.F Breogán de Moaña.
Neste artigo imos a achegarnos a figura de Lola Diz Pose, a súa fundadora, unha muller importante na historia de Moaña que dedicou gran parte da súa vida a mantener con vida o folclore galego cando esta parte tan importante da nosa cultura estaba en perigo de desaparecer. … Ler máis

Matilde Bares, a gran mestra de Bueu
Matilde Bares Giráldez está considerada unha das mestras máis relevantes da historia de Bueu. Pola súa casa – escola, onde exerceu durante máis de 60 anos, pasaron moitos nenos e nenas do pobo para recibir a ensinanza primaria pero tamén foron numerosos os adultos que acudían a ela para aprender a ler, escribir e recibir fundamentos básicos de matemáticas antes de emigrar ao outro lado do Atlántico e contar cunha formación mínima para defenderse e saír adiante na súa nova vida. … Ler máis

Xoán Piñeiro, o escultor de Nerga (I)
Xoán Piñeiro Nogueira (Nerga – O Hío, Cangas 1920 – O Porriño, 1980) foi un importante escultor cangués que exerceu unha notable influencia na escultura monumental pública en Galicia, sobre todo a partir dos anos 60, e que a pesar da súa repentina morte nun accidente de tráfico en 1980 continúa sendo un dos artistas máis recoñecidos e populares da segunda metade do século XX.
Neste primeiro artigo faremos un repaso dos seus inicios como escultor, poñendo especial atención na influencia que tiveron sobre a súa obra tanto a súa terra natal como o contexto histórico que lle tocou vivir. … Ler máis

Xoán Piñeiro, o escultor de Nerga (II)
Xoán Piñeiro Nogueira (Nerga – O Hío, Cangas 1920 – O Porriño, 1980) foi un importante escultor cangués que exerceu unha notable influencia na escultura monumental pública en Galicia, sobre todo a partir dos anos 60, e que a pesar da súa repentina morte nun accidente de tráfico en 1980 continúa sendo un dos artistas máis recoñecidos e populares da segunda metade do século XX.
Neste segundo artigo abordaremos os seus anos de madurez como artista, nos que o escultor de Nerga puido ir dando renda solta a súa creatividade de forma progresiva, sobre todo cando a ditadura comeza a abrirse ao mundo, facilitando un lento cambio no eido económico e social en España. … Ler máis

As bruxas de Cangas
Seguro que case todos coñecemos a María Soliña, a “bruxa” máis famosa de Cangas. Pero, era realmente unha bruxa? Ou foi todo unha conspiración? Cal foi a orixe da caza de bruxas de Cangas? … Ler máis

Suso “Caramuxo”, historia viva de Cangas (VI)
Logo de abandonar o sector da alimentación, Suso “Caramuxo” fixo un par de cursos de decoración acompañado do seu gran amigo, o fotografo cangués José María Pérez Santoro. Despois exerceu durante un tempo como decorador de interiores e escaparatista pero comezaron a ter problemas para cobrar as obras e optou por centrarse exclusivamente na súa parte máis creativa.
Neste sexto artigo falaremos do seu traballo como formador no IDC, do proxecto “Entrimorum” (que deseñou para dinamizar a zona da Limia e que acabaría dando lugar a popular “Festa do Esquecemento”) e da súa participación no deseño e montaxe do stand turístico que empregou o Concello de Cangas nas feiras de Bilbao e Oporto no ano 2000. … Ler máis

Santoro, o fotógrafo da luz (IV)
O estudo fotográfico de José María Pérez Santoro situado no Eirado do Señal, foi durante décadas referencia fotográfica de varias xeracións, pero tamén a morada da memoria da vila mariñeira de Cangas no último medio século en forma de fotografías.
Neste artigo nos centraremos na súa importante traxectoria no mundo da fotografía e veremos como ao cumprir 50 años sufriu unha crisis profesional e buscou vivir a fotografía dun xeito diferente … Ler máis

Guido Paganini Picasso: o italiano de Cangas (III)
Neste terceiro e último artigo sobre a figura de Guido Paganini Picasso abordaremos os períodos de guerra e posguerra, nos que as relacións entre o Fascio italiano e os militares sublevados primeiro e o franquismo e a Falange despois, van ser de fraternal camaradería e o consulado italiano de Vigo vai ter moito protagonismo ao converterse en central do fascio para o norte español. … Ler máis

Guido Paganini Picasso: o italiano de Cangas (II)
Tras o primeiro artigo adicado a Guido Paganini Picasso, continuamos nesta segunda entrega coas anotacións arredor deste personaxe e a súa contextualización histórica nos períodos republicano e franquista, o primeiro caracterizado por unha discreta convivencia e o segundo por unha plena colaboración debido á súa importante afinidade ideolóxica. … Ler máis

Suso Caramuxo, historia viva de Cangas (VIII)
Neste último artigo da serie “Suso Caramuxo, historia viva de Cangas” falaremos da súa traxectoria artística, centrándonos na súa extensa obra pictórica e nalgunhas das historias máis interesantes das tallas de imaxinería relixiosa que pasaron polas súas mans para ser restauradas. … Ler máis

Guido Paganini Picasso: o italiano de Cangas (I)
Guido Paganini Picasso, marxinado da historia de Cangas pola súa ideoloxía, viviu e morreu na vila e durante boa parte da súa traxectoria vital ostentou en Vigo o cargo de cónsul de Italia.
Coñecido como o italiano de Cangas, sempre se gabou das suas orixes e da sua adhesión ao Fascio italiano desde a chegada de Mussolini ao poder en 1922 e os avatares económicos e políticos da época que lle tocou vivir en Cangas e Vigo, marcarían unha traxectoria á que tentamos aproximarnos polas suas connotacións históricas. … Ler máis

Santoro, o fotógrafo da luz (III)
Para preparar este novo artigo adicado á figura de José María Pérez Santoro, “o fotógrafo da luz”, mantivemos unha fermosa conversa chea de nostalxia e emotividade coa súa filla Berta e a súa muller Margot.
A través dos seus recordos trataremos de achegarnos a faceta máis persoal deste gran fotógrafo cangués e nos faremos unha idea de como era compartir o día a día con el, a súa personalidade e o seu carácter. … Ler máis

A escola elemental de pesca de Cangas (II)
Neste segundo artigo sobre a Escola Elemental de Pesca de Cangas facemos referencia a unha recensión hemerográfica publicada en 2009 tirada do xornal Heraldo de Aragón, que contiña unha entrevista que este diario zaragozano lle tiña feito a D. Felipe Carnicer López após da súa inauguración. … Ler máis

Santoro, o fotógrafo da luz (II)
O estudo fotográfico de José María Pérez Santoro situado no Eirado do Señal, foi durante décadas referencia fotográfica de varias xeracións, pero tamén a morada da memoria da vila mariñeira de Cangas no último medio século en forma de fotografías.
Nesta segunda entrega coñeceremos como coñeceu á muller da súa vida e regresou a Cangas para emprender varios negocios e participar da vida cultural e social do pobo. … Ler máis

A escola elemental de pesca de Cangas (I)
Neste artigo imos lembrar o momento no que o nome de Cangas apareceu na España da época como principal referente dun novo proxecto educativo e social para as xentes do mar: a Escola Elemental de Pesca. … Ler máis

Suso Caramuxo, historia viva de Cangas (VII)
Neste novo artigo da serie “Suso Caramuxo, historia viva de Cangas” imos a ocuparnos do seu traballo como restaurador de imaxinería relixiosa e da súa influencia na transformación da Semana Santa de Cangas, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2002 e considerada unha das máis importantes do país, xunto á de Ferrol ou Viveiro. … Ler máis

Xosé Manuel Pazos Varela, un home de cultura, honrado e xeneroso (V)
Neste quinto e último artigo sobre Xosé Manuel Pazos Varela, falaremos do inesperado e triste desenlace que provocou a súa enfermidade e das merecidas homenaxes que recibiu antes de pasar a formar parte para sempre da memoria colectiva do pobo de Cangas. … Ler máis