Serra da Madalena

Serra da Madalena

Panorámica de Cangas

De balde
Ambiental 3,5 horas 9 Km Media

unha vista Panorámica de cangas

Desde o comezo da ruta a paisaxe cobra protagonismo. As estradas asfaltadas e as edificacións públicas dan paso a unha zona de monte comunal que nos fai ver as diferenzas entre as repoboacións de bosque autóctono e o de especies foráneas. Pouco a pouco chegaremos á parte máis alta, onde as árbores deixan paso á vexetación tradicional de monte baixo. Como non, atoparemos cos marcos que condicionan o concepto de territorio galego. E finalmente, desde o máis alto, as impresionantes vistas desde o cumio de Mesa de Montes: as rías de Vigo, Pontevedra e Aldán; as illas Cíes, Ons e Sálvora; o Salnés e o Barbanza ao norte, a serra da Groba ao sur; e do monte Faro de Domaio a Cabo Home. Imos coñecer un espazo natural que contén un alto valor paisaxístico, xeolóxico, biolóxico, social e cultural que comparten as parroquias canguesas de Darbo e Aldán e máis a lindante de Bueu.

A subida paga a pena

Esta ruta está especialmente indicada para as persoas amantes de camiñar na natureza e das grandes vistas panorámicas.

Fantásticas vistas e natureza

As sensacións de poder observar as nosas rías desde un punto de vista único só serán comparables coas que nos aporta unha boa camiñada por un entorno natural.

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

Percorrido

Este é o itinerario que faremos na ruta

INICIO

Aparcadoiro do Balcón do Rei

FIN

Aparcadoiro do Balcón do Rei

"Aprendemos moitísimo con estes mozos"
Carlos Vidal Lago

Coñecendo Cangas do Morrazo

Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas

Massó, o sentir dun pobo

A conserveira que marcou unha época

+ INFO

Cabo Home e a Costa da Vela

Camiño dos faros

+ INFO

Cangas e o mar

A orixe dunha vila mariñeira

+ INFO

Rúas con historia de Cangas

Entre camiños

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*
Comments are closed.
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad