Muíños de Coiro
Os segredos do muíño
Ao principio foi o millo miúdo moído manualmente o que nos daba a fariña para o pan (ese alimento básico para a supervivencia ata non hai tanto tempo), pero pouco a pouco o enxeño foi evolucionando, pasando por innumerables fases e tipoloxías, ata chegar á máis absoluta perfección: moer sen esforzo e sen consumir recursos. A natureza proporciona o gran e a auga que, unha vez usada, volve limpa como chegou e sen perder unha pinga, ao seu curso natural. Nós simplemente temos que poñer o medio para transformar o gran en fariña. O resultado foi unha máquina perfecta e totalmente ecolóxica. Queres saber máis? Nesta ruta desvelaremos os segredos do muíño, piar da alimentación durante séculos.
A vida no rural galego
Descubriremos aspectos interesantes da vida dos nosos antergos no rural baseada na agricultura e a importancia do millo e os muíños nesa economía de subsistencia.
Didáctica e interactiva
Analizaremos as funcións das diferentes partes dun muíño, os diferentes grans que se moían e remataremos o noso percorrido no restaurado muíño de Fausto.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta
Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas