NA BUSCA DA POZA MÁIS FAMOSA E FERMOSA DO MORRAZO
Partiremos dende o Parque do Souto das Camelias. Alí a Asociación de Mulleres Poza da Moura encárgase do coidado de máis de 100 variedades diferentes de camelias, que dende 2006 son as protagonistas da Exposición das Camelias que se organiza cada ano en Domaio. Continuaremos o noso camiño subindo á beira do Río da Freixa que coa súa vexetación constitúe bo un exemplo do que sería un bosque de ribeira. Atoparemos unha gran cantidade de muíños que agora están abandonados e miraremos ao pasado para recordar o seu importante papel no desenvolvemento económico, social e demográfico da zona. Voltaremos ao presente para reflexionar sobre o impacto da construción do Corredor do Morrazo actualmente convertido en Autovía, e da Urbanización Golf Domaio sobre esta fermosa ruta. Como premio ao noso esforzo chegaremos á mítica Poza da Moura de Domaio que se converteu nos últimos anos nun lugar moi visitado pola súa beleza, encanto e historia.
Unha poza con moitas lendas asociadas
O seu encanto, as lendas que acompañan ao lugar e a posibilidade de gozar cun entorno natural incomparable farán que esta ruta sexa moi apreciada polos asistentes.
Fotográfica
Trae a túa cámara para gozar inmortalizando a gran variedade de camelias, os muíños ou incluso os camiños que percorreremos cheos de encanto natural.
Itinerario
Este será o percorrido da nosa ruta
DESCUBRE MOAÑA
Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas para ti.