A Torre de Meira, atalaia de Moaña
o rexurdir dun enclave histórico de moaña
Ata hai pouco tempo a contorna da torre permanecía soterrada e pouco se coñecía da súa historia. Despois das escavacións realizadas, comézase a desvelar parte do seu pasado. Nesta ruta trataremos de interpretar as descubertas que se fixeron na torre, coñecendo tamén os petróglifos situado a poucos metros, gozaremos das vistas dende un dos mellores miradoiros de Moaña, razón da situación da torre neste lugar. Os alicerces da torre mírannos dende un pasado incerto que inclúe diversas destrucións nas que interviñeron os irmandiños ou o mesmo Pedro Madruga.








Un pedaciño da historia de Moaña
Grazas ás recentes escavacións realizadas por Árbore Arqueoloxía podemos contemplar un anaco da historia de Moaña que ata o de agora permanecía soterrada.
Panorámica
A panorámica dende a torre e a luz da mañá desvelando os segredos dos petróglifos farán que non queiras baixar do promontorio.
PERCORRIDO
Este é o itinerario que faremos na ruta

DESCUBRE MOAÑA
Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas