O Facho, gardián milenario
Un santuario galaico-romano
A case 200 metros sobre nivel do mar e dominando toda a Costa da Vela, atopamos a interesante historia deste monte sagrado, que durante milenios estivo gardando as nosas costas e que, pouco a pouco, nos vai desvelando os seus segredos. O máis coñecido hoxe en día é o santuario galaico-romano do deus Berobreo, situado sobre un antigo castro. No ascenso ao monte descubriremos un asentamento anterior á beira dunha antiga calzada, pasando por unha aldea medieval abandonada e singulares petróglifos. E por se fora pouco, a chegada ao cumio estará recompensada cunha das máis fermosas vistas da costa das Rías Baixas.















Un ascenso cultural
O Monte do Facho é un lugar arqueolóxico con restos de diferentes épocas. Nesta ruta axudaremos a interpretar o que vemos e o que non vemos da súa importante historia.
A Fisterra do Morrazo
O Santuario, o castro, os petróglifos e unha inmellorable panorámica do océano Atlántico coas Illas Cíes e Ons de fondo.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta

Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas