Visitantes ilustres de Cangas (I)

A través de dous artigos imos botar unha ollada curiosa a algúns dos visitantes ilustres de Cangas, viaxeiros que recalaron na nosa vila na procura dun descanso, unha escapada, un traballo, unha nova vida ou unha dobre vida se cadra.

Nesta primeira viaxe ao pasado, recordaremos o paso por Cangas dun home e unha muller adicados á fotografía, que encontraban na Galicia do primeiro tercio do século XX en xeral, e na nosa vila en particular, un universo con identidade propia do que captaron as súas luces e sombras. … Ler máis

Featured Post

O grupo musical Nuevas Amistades

“Nuevas Amistades” foi unha formación musical de O Morrazo que, cantando en galego, alcanzou un gran éxito nos anos 70 do século pasado e fíxose célebre en toda España.

Algunhas das súas cancións ocuparon os primeiros postos das listas musicais e obtiveron importantes premios en festivais internacionais como o Festival de la Canción de Mallorca ou o Festival del Miño en Ourense. … Ler máis

Featured Post

Ramón Ocaña, o fotógrafo da Cangas do século XX

Ramón Ocaña foi un fotógrafo que ao longo da súa vida recolleu a través da súa cámara os momentos máis relevantes da historia de Cangas. O noso pobo débelle imperecedoira gratitude por legarnos tantos testemuños gráficos da nosa vila no século XX, e para facerlle unha pequena homenaxe, a A.C A Cepa organiza unha exposición fotográfica os vindeiros 1,2,3 e 4 de decembro de 2022 na Capela do Hospital e presentará o libro “Ocaña, unha saga de fotógrafos”. … Ler máis

Featured Post

Susana Cordeiro, 30 veces campiona do mundo All styles de artes marciais

Susana Cordeiro é unha canguesa que conta cunha ampla traxectoria de éxitos a nivel internacional en competicións de artes marciais, sendo actualmente 30 veces campiona do mundo all styles de artes marciais en diversas categorías grazas a súa preparación a través do TAIKIC. … Ler máis

Featured Post

O Bosque Encantado de Aldán

O “Bosque Encantado de Aldán” atópase na parte alta da finca dos condes de Aldán ou finca do Frendoal e, como nos achega Merchi Rodal neste artigo, é una boa opción en calquera época do ano para gozar dunha tarde con nenos e en familia. … Ler máis

Featured Post

As reformas barrocas na igrexa de San Martiño de Moaña

Se nos fixamos con detalle na igrexa de San Martiño de Moaña, podemos pensar que foi reformada nalgún momento, algo nada extraño, xa que un templo do século XII é difícil que chegue aos nosos días intacto, sen reforma algunha da súa estrutura. … Ler máis

Featured Post

A casa labrega no Hio (I)

Malia de estar rodeada de mar por case todas as partes menos por unha, os habitantes da península do Hío, tradicionalmente, dedicáronse máis a traballar a terra que á pesca. De feito, se nos fixamos nas formas das casas tradicionais, están deseñadas para un uso labrego. … Ler máis

Featured Post

O Galeón Eliseo, patrimonio marítimo galego

Neste artigo os amigos de Sueste nos achegan á historia da súa embarcación máis emblemática, o Galeón Eliseo, probablemente a embarcación en activo máis antiga de Galicia. … Ler máis

Featured Post

Sarah Lorenzana: mestra, escritora e membro da real academia galega

Sarah Lorenzana foi unha canguesa adiantada ao seu tempo en moitos aspectos. Obtivo o título de Mestra Superior de Instrución Primaria con 13 anos e, pouco despois, xa con 16, fundou e dirixiu en Pontevedra o Colexio da Purísima Concepción.

Ademáis ao longo da súa vida destacou no ámbito literario con libros de divulgación científica, contos e narrativa, libros de aventuras, novelas rosas ou libros de personaxes que a levaron a formar parte da Real Academia Galega. … Ler máis

Featured Post

José Oliveira Avendaño “Oliveira”

Jose Oliveira Avendaño, foi un cangués cunha vida intensa e interesante vinculada a república e ao mar, ese mar que precisamente baña o porto no que Cangas recibía a bandeira tricolor que ondearía no Concello no 1931. … Ler máis

Featured Post

Cangas 1617, A defensa da Vila

O 9 de decembro de 1617, un grupo de piratas turco berberiscos, a bordo de once navíos, atacan a florecente e próspera vila de Cangas, sementando as súas rúas de morte e destrución.

Este feito histórico, tan relevante como descoñecido entre moitos dos habitantes do pobo, é o piar no que se asenta a conmemoración histórica “A defensa da Vila – María Soliña”, que para esta edición de 2022 conta cunha gran implicación de moitas asociacións e colectivos do pobo. … Ler máis

Featured Post

Ana María Soto Landeira, a asistenta social de Massó

Ana María Soto Landeira foi unha viguesa nacida en 1921 que comezou a traballar como asistenta social na conserveira de Massó de Cangas alá polos anos 50 do século pasado. A súa adicación faría de Massó un exemplo a seguir no ámbito social, prestando axuda ás familias que traballaban na fábrica. 

Ler máis

Featured Post

O peto de ánimas da Madalena

O peto de ánimas da Madalena é un elemento patrimonial de Cangas atribuído segundo algúns documentos “ao mesmo escultor que o Cruceiro de Hío” e nel destaca, sen dúbida, o retablo de ánimas feito en pedra, cuxa última policromía, foi realizada no 2021 pola empresa Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega. … Ler máis

Featured Post

Rutas guiadas para o outono de 2022

RUTAS GUIADAS PARA O OUTONO DO 2022. Os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para anunciarvos os novos programas de rutas guiadas gratuítas que tanto vos gustan e nas que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor os recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais do Morrazo. … Ler máis

Featured Post

Asociación FICBUEU

Durante este mes de setembro de 2022 tendrá lugar unha nova edición do FICBUEU, un festival internacional de curtametraxes que desde 2008 se celebra en Bueu e que a día de hoxe é un referente a nivel europeo tras anos dun progresivo e ordeado crecemento.

Esta será a edición “do cambio” xa que, para simplificar a programación e mellorar a experiencia dos asistentes, se estruturará en tres bloques: proxeccións oficiais durante a primeira semana, o Minific para escolares durante a segunda e as I Xornadas Cinematográficas que se celebrarán o 24 de setembro. … Ler máis

Featured Post

As Salinas do Ulló (II): Avaliación da súa biodiversidade

O pasado 20 de agosto de 2022 levouse a cabo unha xornada de ciencia cidadá na contorna das Salinas do Ulló en Vilaboa cun gran éxito de asistencia e participación. Este artigo é unha crónica completa do evento que nos enviou a empresa promotora do evento, Mar Abaixo, elaborada por un dos biólogos que coordinou a actividade. … Ler máis

Featured Post

O novo MUVI, o Museo do Videoxogo de Cangas

A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia vén de anunciar a apertura do novo Museo do Videoxogo (MUVI) na vila de Cangas do Morrazo, un espazo completamente novo, sete veces máis grande que o anterior, que contará con coleccións renovadas e con representantes de tódalas tipoloxías de sistemas que conforman a historia do videoxogo. … Ler máis

Featured Post

Coñecendo Rialdarca (II)

Nesta segunda parte do artigo veremos como a partir do ano 2.005, para facer fronte a diversas ameazas do “boom” urbanístico especulativo, as A.A.V.V. Rialdarca, Praia-Seara e A Xeira emprenderon conxuntamente unha mobilización social en defensa, reivindicación e posta en valor do espazo natural e fluvial do val de Rialdarca. 

Este sería o xerme da “Estratexia de Recuperación Integral do Val de Rialdarca”, elaborada cunha base científica e financiada polo Concello de Moaña que pretende servir de folla de ruta para as accións que deben ser realizadas de forma coordinada para a recuperación e posta en valor do val. … Ler máis

Featured Post

A A.C O Gato e a Festa Folc de Vilariño

A Asociación Cultural o Gato é o colectivo que cada ano se encarga de organizar a Festa Folc de Vilariño. Comezaron a súa andadura no ano 1999, cando se constituíron oficialmente para dar continuidade á actividade que comezaran @s moz@s da aldea para festexar o patrón de Vilariño, o santo da capela, San Bartolomé.

Co tempo, a Festa Folc converteuse na actividade principal pero tamén organizan outras actividades ao longo de todo o ano. … Ler máis

Featured Post

As Salinas do Ulló, un espazo natural con carácter de seu

Este artigo achéganos a importancia natural das Salinas do Ulló e promociona un evento organizado entre outras entidades polo Concello de Vilaboa e Mar Abaixo, o proxecto empresarial de Xandro García Regueira, un antigo compañeiro de A Illa dos Ratos.

Os organizadores invitan aos participantes a experimentar este lugar dunha forma única, combinando lecer, cultura, saúde, eco-pedagoxía, interpretación etnográfica e biolóxica nunha xornada de ciencia cidadá”. … Ler máis

Featured Post