A ENTIDADE QUE ORGANIZA O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos, a partir da información e fotografías facilitadas por Nerea Lores Acuña, que forma parte da dirección do festival e é membro da Asociación FICBUEU.

Durante este mes de setembro de 2022 terá lugar unha nova edición do FICBUEU, o festival internacional de cinema que desde 2008 se celebra en Bueu e que, tras anos dun progresivo e ordeado crecemento, é a día de hoxe un referente a nivel europeo.

Nesta edición, que será a edición “do cambio”, o FICBUEU estrea logotipo e pasa a denominarse Festival Internacional de Cinema de Bueu, abarcando así todas as actividades relacionadas co cine, non só as curtametraxes. Ademais para mellorar a experiencia dos asistentes, a programación estructuraráse unicamente en tres bloques: proyecciones oficiales durante la primeira semana, el Minific para escolares durante la segunda y la primera edición de las Jornadas Cinematográficas que se celebrarán el 24 de septiembre.Esta será a edición “do cambio” xa que, se cambia lixeramente para simplificar a programación mellorar a experiencia dos asistentes, esta se estruturará en tres bloques: proxeccións oficiais durante a primeira semana, o Minific para escolares durante a segunda e as I Xornadas Cinematográficas que se celebrarán o 24 de setembro.

Neste artigo faremos un repaso dos seus inicios e de como foi o seu crecemento, pero antes deixámosvos un resumo das actividades previstas para esta 15 edición:

O FICBUEU nace no ano 2008 como “Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu”, unha ferramenta de difusión das curtametraxes e a cultura cinematográfica, tendo como obxectivos acadar un carácter internacional e prestar unha especial atención ao cinema europeo

Fiel a súa cita co mellor cinema en formato curto, cada mes de setembro o FICBUEU preséntase como un festival consolidado grazas aos elementos que o converten nun evento único e de gran interese.

No que se refire a factores meramente relacionados co seu aspecto audiovisual o FICBUEU destaca pola calidade das películas proxectadas, a cantidade e variedade de seccións destinadas ao publico tan heteroxéneo que asistente de forma masiva as proxeccións e tamén pola presenza no festival dun número elevado de cineastas nacionais e internacionais.

Pero ademais de todo isto, durante os días do festival a organización oferta actividades paralelas, coas que logra que se implique na dinámica do evento gran parte da contorna (institucións, veciñanza, comerciantes, centros de ensino…).

Todos estes factores contribúen á consolidación do FICBUEU como un festival de referencia que medra ano a ano en todos os aspectos, como podemos apreciar na seguinte táboa.

FICBUEU

Para a primeira edición do FICBUEU no ano 2008 a organización xa recibiu 375 curtas procedentes de 10 países diferentes

Entre esas 375 curtas foron seleccionadas 25 que foron as que conformaron a programación. Nesa edición, se o gran número de curtametraxes recibidas superou as expectativas, máis o fixo o número de espectadores.

FICBUEU

No primeiro día de proxección, achegáronse ata á sala case 150 persoas, ocupando un 70% do aforo, cousa que poucas veces se vira noutros festivais galegos e algo pouco habitual en eventos culturais da comarca. Ademais a asistencia de público ás proxeccións foi en aumento ao longo da semana. 

Na segunda edición do FICBUEU, a recepción de obras para participar no festival foi de 420 películas. Non só aumentou a cantidade de curtas recibidas, senón tamén o número de novos países participantes, neste caso 21, entre eles: Francia, República Checa, Italia, Brasil, Estados Unidos e Portugal. 

En canto á asistencia de público ás proxeccións, a presenza de máis de 200 persoas cada día, supuxo ter a sala practicamente chea durante toda a semana. 

Para a terceira edición do FICBUEU que se celebrou en 2010, a organización marcouse novos e ambiciosos obxectivos

Despois do grande éxito colleitado nas dúas primeiras edicións, a organización marcouse dous obxectivos fundamentais para consolidar o festival: continuar aumentando a cantidade de curtas recibidas, o que implicaría unha maior calidade nas 25 obras seleccionadas, e que estas chegasen de países dos que aínda non se recibira ningún traballo, conseguindo unha maior diversidade cultural.

Coa finalidade de lograr estes obxectivos os organizadores fixeron unha forte campaña publicitaria a través de internet, inscribíndose nalgunhas das páxinas web de festivais de curtametraxes máis importantes do mundo, e tiveron éxito xa que recibiron 450 traballos e aumentou considerablemente a porcentaxe de obras estranxeiras, recibindo curtametraxes de 32 países diferentes, moitos dos cales nunca participaran antes no FICBUEU: Islandia, Tailandia, Canadá, Hungría, Australia, Rusia, Corea, Ucraína e Taiwán.

En canto á asistencia, o festival continuou co incremento de público, superando xa a capacidade da sala en todas as sesións. 

A cuarta edición, FICBUEU 2011, foi a da internacionalización do festival

Nesta ocasión recibiron 453 curtas, cantidade similar ao ano anterior pero a porcentaxe de curtas estranxeiras aumentou considerablemente xa que chegaron obras de 40 países diferentes, dos cales 14 estiveron representados na programación do festival.

En canto á asistencia, do mesmo xeito que o ano anterior, a sala continuou estando chea en todas as sesións. 

Na quinta edición a principal novidade foi que, debido á masiva afluencia das edicións anteriores, o FICBUEU decidiu facer dous pases de cada sesión, para así dar acollida a un maior número de espectadores

O resultado deste cambio estrutural na programación foi un total acerto, xa que dende o primeiro día a asistencia de público foi moi elevada, tendo nas dúas sesións de proxeccións o 100% de ocupación durante todo o festival. Así, FICBUEU consolidouse coma un fenómeno social en canto á asistencia.

FICBUEU

No referente á programación, o festival continuou coa súa evolución, incrementando tanto o número cintas recibidas coma o de países participantes. Nesta edición, por primeira vez participaron como membros do xurado profesionais doutras nacionalidades

A sexta edición do FICBUEU fíxose con dous obxectivos fundamentais: consolidar o 100% de asistencia nas dúas sesións de proxeccións e continuar traballando na mellora da programación e na internacionalización da mesma

Neste senso, esta edición marcou o punto de inflexión. O número de países participantes comezou a dispararse chegando aos 56, o que supuxo que entre esta e as seguintes dúas edicións o número de países medrase nun 60%. En relación á asistencia, mantivéronse os niveis de audiencia, alcanzando un 100% de ocupación da sala. 

O FICBUEU 2014 supuxo a sétima edición do festival e un gran salto en canto ao número de curtametraxes recibidas

FICBUEU

Das 670 cintas recibidas na edición anterior pasouse a contar con 932 chegadas de 78 países diferentes. En canto á asistencia de público, continuou o 100% de ocupación en todas as sesións. 

A oitava edición do FICBUEU supuxo o segundo gran salto no número de cintas que se presentaron chegando a dobrar ás da edición anterior

FICBUEU

A recepción récord de 2.087 curtas trouxo aparellado un considerable aumento no número de países participantes, chegando aos 107. En canto á asistencia, continuou o nivel de público dos anos anteriores: sala chea ao 100% en tódalas sesións. 

FICBUEU
Galardoados no FICBUEU do 2015.

O FICBUEU 2016 estivo enfocado a dar o paso definitivo na consolidación do evento como un dos referentes do sector audiovisual europeo

A novena edición do festival supuxo un salto importante na dimensión da programación. Ademais, foi deseñada para adaptarse á realidade do festival e a organización decidiu introducir cambios substanciais como: 

➢ Reforzar o equipo encargado da posta en marcha e xestión do festival.

➢ Ampliar a duración de sete a nove días de proxeccións e actividades.

➢ Crear unha terceira sesión de proxeccións coa finalidade de dar cabida ao gran número de cintas recibidas.

➢ Ampliar a programación das actividades paralelas.

➢ Aumentar considerablemente o presuposto do festival. 

FICBUEU
Premiados do FICBUEU 2016 no Centro Social do Mar.

O ano 2017 foi especial polo X Aniversario do FICBUEU e nunha data tan importante o festival continuou fiel á súa intención de consolidarse como evento cinematográfico de calidade e referencia a nivel europeo

O festival continuou coa súa traxectoria ascendente e a organización deseñou unha ambiciosa edición na que as proxeccións de curtametraxes foron complementadas cun amplo abano de actividades.

A planificación desa décima edición tan especial do FICBUEU supuxo un incremento importante no orzamento do festival e a introdución de cambios substanciais na estrutura do evento, entre os que destacaron: 

➢ Reforzo do equipo de traballo encargado da posta en marcha e xestión do festival.

Creación de novos espazos: a sede do FICBUEU continuou a ser o Centro Social do Mar de Bueu, alén diso creáronse dous novos espazos: 

  • Punto de Encontro FICBUEU, sala de exposicións na que tiveron lugar as presentacións e coloquios cos directores, contacontos e outras actividades culturais. O punto de encontro foi tamén a sede da exposición fotográfica “Dez anos de cine”.
  • Sala FICBUEU dentro do Museo Massó, un espazo cedido polo museo onde se desenvolveu a gravación do programa radiofónico “El séptimo Vicio” de RNE 3, así coma tamén as masterclass incluídas na programación. 

Creación de novas seccións dentro da programación para dar cabida ao gran número de curtametraxes de gran calidade recibidas.

FICBUEU

➢ Mellora das condicións de accesibilidade aos contidos do festival para as persoas con diversidade funcional.

➢ Ampliación da oferta e variedade de actividades paralelas.

➢ Irmandade e colaboración con festivais internacionais como o Festival de Cinema Avanca.

Presenza de cineastas. Durante os días de celebración do evento estiveron presentes no festival trece cineastas internacionais e oito nacionais, que convidados polo FICBUEU gozaron dun amplo programa de actividades nas que, alén de presentar e promocionar o seus traballos cinematográficos, e de ter un contacto directo co público e cos medios de comunicación, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a riqueza cultural, gastronómica e paisaxística da nosa comunidade.

Nos últimos anos os organizadores do FICBUEU seguiron introducindo novas actividades complementarias que fan que a día de hoxe o festival teña unha maior repercusión social e sexa moito máis atractivo para os asistentes

Obradoiros de curtas para nenos/as, adultos e persoas con diversidade funcional.

Monólogos integrados na programación de cada ano: con Carlos Blanco (2018), Miguel Lago (2019) ou Manuel Manquiña (2020).

Concertos en directo como os levados a cabo por membros da Asociación Jazz Bueu ou artistas como Xoel López (2018) ou Enric Montefusco (2019).

➢Elaboración dunha alfombra floral conmemorativa de cada edición por parte da Asociación Cultural Alfombras de Bueu.

FICBUEU

Ruta de tapas 5 estrelas, organizada en colaboración co Concello de Bueu e na que participaron moitos negocios de hostaleria da vila.

Rutas e visitas guiadas por espazos como Cabo Udra ou a Illa de Ons.

Paseos pola ría a bordo de embarcacións tradicionais da Asociación Amigos das embarcacións tradicionais “Os Galos”.

Consolidar o “Punto de encontro” no que os asistentes puideron coñecer de preto a actores como Antonio Durán “Morris” (2017), Mabel Rivera (2018), Luís Zahera (2019) ou Melania Cruz (2020).

➢”Contacontos de película” con Olalla González (2017, 2018 e 2019).

FICBUEU
Contacontos de película do ano 2017.

A natureza organizativa do festival ten a súa base na Asociación FICBUEU cuxas socias e socios son os encargados de programar cada edición do certame

Este carácter asociativo implica un uso constante do diálogo e debate en relación ás tomas de decisións. Neste senso cabe destacar que dito diálogo vese enriquecido polos diferentes perfís tanto profesionais como de idade ou xénero das e dos compoñentes do equipo FICBUEU, que aportan diferentes visións dándolle unha maior profundidade e amplitude á programación. 

O FICBUEU conta cun equipo que traballa ao longo de todo o ano no eido da xestión cultural, levando a cabo eventos relacionados co audiovisual en xeral e coa curtametraxe en particular

É moi relevante sinalar que o FICBUEU conta cun equipo estable e multidisciplinar conformado por profesionais de diferentes campos. Esta característica fai que conflúan as variadas perspectivas froito das experiencias previas de cada unha e un deles, favorecendo un mellor funcionamento do festival e posibilitando que este proxecto teña unha personalidade e estilo moi definido.

Estes son os compoñentes do equipo humano do festival, que dende cada un dos seus postos de traballo participan no desenvolvemento da programación:

DIRECCIÓN

MANUEL PENA / Director, produtor e programador (No FICBUEU dende o 2008).

Técnico Superior en Imaxe e Graduado en Dirección de Cinema pola Escola de Cinema de Galicia (EGACI) e a Escola de San Antonio dos Baños (Cuba). Como realizador dirixiu catro curtametraxes de ficción e numerosas reportaxes audiovisuais de carácter documental, tanto de curta como longa duración, tendo tamén producido obras para outros autores. Cos seus traballos como director participou en preto de douscentos festivais internacionais, nos cales cultivou unha trintena de premios. 

Como programador e divulgador cinematográfico leva colaborando máis de dez anos con distintas entidades: cineclubs, concellos, centros educativos, festivais,… nas que tamén imparte habitualmente charlas e obradoiros relacionados co audiovisual, sendo a formación unha das súas principais accións na actualidade. 

Dende o ano 2008 é director, xefe de produción e co-programador do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, sendo o seu principal creador e impulsor. Recentemente tamén participou na creación de Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, formando parte da xunta directiva. 

MARÍA RUIZ-FALCÓ TEJEDA / Dirección do festival (No FICBUEU dende o 2018).

Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Dende a súa época universitaria María ten traballado a través de diversos voluntariados na produción de varios festivais de cinema. No campo da produción audiovisual ten colaborado en diversos proxectos como axudante de dirección e produción. 

Ten realizado diferentes actividades sociais relacionadas co cinema en asociacións como Mais Caminhos, unha ONG en Rio de Janeiro.

No 2018 comeza facendo unhas prácticas curriculares na organización do FICBUEU para quedarse posteriormente dentro do equipo. Realiza tarefas de xefa de produción dentro da organización do evento e participa como docente nas distintas actividades que o festival desenvolve durante o ano

NEREA LORES ACUÑA/ Dirección do festival (No FICBUEU dende o 2019).

Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2006-2012) coas especialidades de Arte Contemporáneo e Historia da Música. Despois dun ano de estudios do Grado de Belas Artes, realiza o Máster en Museos, Arte e xestión do patrimonio Histórico na Universidade Pablo Olavide de Sevilla (2013-2014).

O mesmo ano comeza os estudios do Máster de Arte Contemporáneo: creación e investigación na Universidade de Vigo e obtén unha beca de formación no Arquivo gráfico do Museo de Pontevedra.

Durante eses anos de estudios teóricos, realiza estancias prácticas en varias institucións e museos tales como a Fundación Museo Eugenio Granell, Fundación RAC ou o MARCO de Vigo. Ademais de participar en varias exposicións e proxectos culturais, recibe o premio Novos Valores da Deputación de Pontevedra en 2015. En 2017 traballa como asistente de galería en Mute Gallery (Lisboa) e como auxiliar de conservación no MUPEGA. Dende a duodécima edición viña realizando tarefas de produción no Festival de Curtametraxes de Bueu.

SELECCIÓN DE FILMES

SEVERIANO CASALDERREY / Selección de filmes (No FICBUEU dende o 2012).

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Compostela e acadando o Título Superior de Piano no 2003. Exerce un labor docente orientado ao campo da música e o audiovisual desde ese mesmo ano, actividade que combina con outras funcións correspondentes principalmente ao campo da programación cinematográfica.

Entre 2010 e 2013, dirixe o festival ANIRMAU – Animation Film Festival (Lalín), unha proposta específica en torno ao cine de animación. Pola súa experiencia como programador ten colaborado con diversos festivais internacionais. Nos últimos tempos, combina a súa formación musical e cinematográfica en concertos monográficos sobre música de cinema xunto a proxeccións en directo. 

Dende 2012 Severiano desempeña a función de programador no FICBUEU, visionando máis de 2.000 películas ao ano e participando na escolla de aquelas que integrarán a programación do festival. Ademais é o encargado de redactar diferentes entrevistas aos convidados, moderar os coloquios que se desenvolven durante a semana do festival, así como da redacción de textos para o Catálogo Oficial do Festival. 

OUTRAS FUNCIÓNS

MARÍA REY / Coordinadora e programadora da área educativa (No FICBUEU dende o 2017).

Diplomada en Educación Infantil pola Universidade de Vigo, exerce como mestra de educación infantil dende o ano 2003 no servizo de ensino público onde é funcionaria de carreira. Na súa labor docente traballa co audiovisual na aula desenvolvendo diversos proxectos co alumnado.

No Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, María é a coordinadora de toda a área educativa, desenvolvendo programas educativos dirixidos ao coñecemento de traballos audiovisuais e a propia creación dos estudantes. Ademais de dirixir e coordinar a Sección Escolas Galegas, María é a encargada de deseñar todo o material educativo, así como aquelas actividades dirixidas a complementar as seccións Infantil e Xuvenil. 

PABLO LAMOSA / Director técnico (No FICBUEU dende o 2010).

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e especializado en edición e postproducción (Máster en CENTA), traballou máis de 4 anos no departamento de postproducción de Ficción Producciones (como compositor, supervisor de VFX en set, colorista, grafista e editor en diversos proxectos).

Posteriormente pasou por El Ranchito (traballando en composición de efectos dixitais de proxectos como Juego de Tronos) e Deluxe Spain (compositor en 30 Monedas, El Cid, El desorden que dejas,  Élite, Criminal, Yuli, Todos lo saben…).

Actualmente traballa de Supervisor e Compositor de efectos visuais en Cormorán VFX. Sempre intenta compaxinar o seu traballo de postproductor con outras actividades, como a docencia ou a colaboración con diversos proxectos, sendo o director técnico do Festival de Curtametraxes de Bueu desde o ano 2010, encargado de tódalas tarefas relacionadas co audiovisual durante o FICBUEU (descarga de materiais, revisión, optimización e proxección) así  como da correcta adaptación de espazos e necesidades técnicas de todo o festival.

Queremos agradecer á Asociación FICBUEU a súa boa disposición para colaborar con nós na realización deste artigo e tamén felicitalos por sacar adiante cada ano este evento que xa é un referente a nivel internacional.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

2 comentarios

  1. Redacción A Illa dos Ratos

    Muchisimas gracias por tus palabras Patricia. Nos motivan a seguir dotando de contenidos nuestro blog ¡¡¡

  2. Patricia

    FANTÁSTICO!
    UNA VEZ MÁS, GRACIAS POR VUESTROS ARTÍCULOS

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.