NON O DUBIDES, ÚNETE Á DEFENSA DA VILA ¡¡¡

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio da Asociación A Illa dos Ratos.

Especialidad en vinos, carnes – parrilladas. Rúa do Sol, 29 en Cangas. 986 30 52 18

O 9 de decembro de 1617, un grupo de piratas turco berberiscos, a bordo de once navíos, atacan a florecente e próspera vila de Cangas, sementando as súas rúas de morte e destrución.

Este feito histórico, tan relevante como descoñecido entre moitos dos habitantes do pobo, é o piar no que se asenta a conmemoración histórica “A defensa da Vila – María Soliña”, que o Concello de Cangas leva intentando consolidar dende fai varios anos para poñer en valor esta parte tan importante da nosa historia e desestacionalizar o turismo.

Nesta edición de 2022 son moitos os colectivos e persoas que se implicaron na organización

Tras varias reunións que se foron celebrando desde o mes de marzo a iniciativa do Concello de Cangas, moitos colectivos culturais da vila foron organizándose en diversas comisións e traballando da man para dar forma as diferentes iniciativas que ían xurdindo nos grupos de traballo, e que serían a base da “Feira dos invasores 1617”.

Na comisión de difusión, o traballo centrouse sobre todo na creación da páxina web www.adefensadavila.com e dos perfís para publicitar o evento en redes sociais. Aquí hai que facer unha mención especial a Breixo Mariño que se ofreceu de forma desinteresada e altruísta para ser a persoa encargada da creación da web e a xestión das redes sociais, nas que logo se volcaron os contidos que foron aportando os diferentes participantes.

Na comisión encargada da decoración, xogou un papel moi relevante a A.C A Cepa que se ofreceu para a confección das bandeirolas que se empregarán na decoración das rúas e o mercado. Contrataron a varias costureiras e recorreron ás súas socias máis mañosas para realizar os traballos de costura de maneira intensiva e desinteresada.

A comisión do mercado traballou a reo, coa axuda de FECIMO, mobilizando a empresas e colectivos que puidesen estar interesados en poñer o seu posto na chamada “Feira dos invasores de 1617”, que finalmente contará con preto de 30 participantes e varias demostracións de oficios tradicionais.

Os encargados das propostas de animación, que tiveron que axustarse ao orzamento que o Concello de Cangas destinou para esta edición, tiveron que poñer moito da súa parte para que o evento contase coas mellores alternativas posibles.

O apoio económico da asociación de aloxamentos turísticos Todomorrazo e a implicación na organización da Asociación de Comerciantes Cangas Vella, que fixo posible solicitar algunhas das actuacións previstas a través do Pontegal da Deputación de Pontevedra, melloraron as perspectivas presupostarias que se manexaban, pero con independencia disto, Peis d´hos, Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Ameaça de Bombo, a A.C María Soliña e a Banda de Música “Belas Artes” xa se comprometeran a participar activamente na animación do evento.

A A.C María Soliña ofreceuse a organizar un torneo de exhibición de “bolos celtas” e Teatro de Ningures a realizar dúas intervencións teatrais tituladas “O Aquelarre” e “Os que leen”. 

Dentro do programa do evento, A Illa dos Ratos realizará dúas rutas guiadas especiais en horario de mañá e unha actividade de animación o sábado 8 de outubro pola tarde

Neste senso, dende a Asociación A Illa dos Ratos imos a encargarnos da realización de dúas rutas guiadas baixo os títulos “Cangas 1617, A defensa da Vila” (sábado 8 de outubro ás 10:30) e “Cangas 1617, Outro punto de vista” (domingo 9 de outubro ás 10:30) para ás que se require inscrición previa mediante whasap no 611 08 08 53.

Tamén imos a ser os encargados da actividade de animación para nen@s que se celebrará o sábado 8 pola tarde a partir das 17h na contorna da praza de abastos, fronte a Casa da Bola. Levaremos a cabo un obradoiro de escudos e tamén haberá maquillaxe, globoflexia, xogos e moitas sorpresas máis como os sorteos de varios almorzos no Rodeiramar 2A, viaxes as illas Cíes, Ons e San Simón cortesía de Naviera Nabia e Nabeira e pases para o Club Termal do Spa Bienestar de Moaña.

O colofón final será a representación teatral de Teatro de Ningures, o domingo a partir das 18:30 polas rúas de Cangas

Dende A Illa dos Ratos queremos felicitar a todos os colectivos e persoas que traballaron durante este meses para que este proxecto sexa unha realidade, especialmente a Nico Avilés e Fran Graña persoas que sen pertencer a ningún colectivo ofrecéronse a capitanear o proxecto, se implicaron e adicaron moito tempo a impulsar e coordinar os diferentes grupos de traballo para que esta edición fose unha realidade.

Agardamos que a edición deste ano sexa o impulso definitivo para este gran evento con tanto potencial e que, unha vez se constitúa definitivamente a Asociación Cultural A Defensa da Vila, a súa organización quede en mans dos colectivos culturais da vila, contando coa colaboración dos grupos políticos que ocupen en cada momento o goberno municipal de Cangas. 

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Un comentario

  1. A defensa da Vila - María Soliña 2024 » A Illa dos Ratos

    […] domingo 29 a partir das 10:30 levaremos a cabo a ruta “Cangas 1617, A defensa da Vila“. Para asistir é necesario realizar unha inscrición previa por whasap no […]

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.