Eduardo Pérez Calvar, “Leta”

Seguro que paseando por Moaña reparastes algunha vez nun busto que se atopa diante dun edificio na zona da Xunqueira. Trátase do “Busto de Leta”, unha escultura na honra de D. Eduardo Pérez Calvar “Leta”, unha persoa emprendedora, loitadora e visionaria que ao longo da súa vida converteuse nunha figura moi relevante na sociedade moañesa da súa época. … Ler máis

Featured Post

As Majorettes de Cangas

O Morrazo sempre foi unha terra na que a cultura xogou un papel moi importante, e proba disto é que temos moitos colectivos como bandas de música, corais, comparsas ou agrupacións folclóricas que foron fundadas moitos anos atrás e que manteñen a súa actividade hoxe en día.

Neste artigo imos a recordar unha iniciativa moito máis pintoresca e chamativa, que foi todo un acontecemento nesta vila fai 50 anos: as Majorettes de Cangas. … Ler máis

Featured Post

Henrique Prado Miranda, escultor cangués

Henrique Prado Miranda é un escultor cangués que como moitos outros artistas, descubriu a súa vocación xa na súa xuventude. O darse conta de que o mundo do arte funcionaba dunha forma bastante complexa e que, sen os contactos axeitados, ía ser moi complicado poder vivir da escultura, estudou modelismo naval e delineación e aparcou a súa gran paixón mentres traballaba nese sector, sobre todo en Rodman, onde estivo moitos anos.

No 2009, a raíz dunha exposición na que participou con algunhas obras que fixera 30 anos atrás, retomou a súa carreira como escultor, sendo unha persoa autodidacta, capaz de aplicar nas súas obras parte dos coñecementos que obtivo ao longo da súa vida laboral.

Dende entón foi expoñendo e vendendo as súas obras por varios países de todo o mundo, pero temos a sorte de poder contemplar algunhas delas na nosa vila. … Ler máis

Featured Post

O millo, base da economía rural galega

O millo tal e como o coñecemos introduciuse en Europa logo da conquista de América no comezo do s. XVII, máis o seu auxe produciuse no noso territorio a finais do s. XVII e, sobre todo, durante o s. XVIII. Ata entón, cultivábanse nos nosos campos cereais coma o centeo, a cebada, o millo miúdo e o paínzo.

Na nosa ruta “Sendeiro de Rialdarca” falamos da importancia do cultivo do millo como base da economía rural galega en xeral e nesta zona de Moaña en particular. Neste artigo recollemos parte da información recollida entre os veciños que nos contaron como se facía o proceso completo do millo nesta zona, algo que poderíamos extrapolar a outras zonas do país.  … Ler máis

Featured Post

Bernardo Blanco Rodal, mariño republicano de Cangas

Bernardo Blanco Rodal era un mariño republicano que perdeu a vida de maneira tráxica no Cruceiro Libertad nun ataque aéreo durante a Guerra Civil. A autora deste artigo era familiar seu e elaborouno sobre todo para adicarllo á súa nai, Lola Barreiro Blanco quen, con máis de 80 anos, é unha gran sabedora das historias da Cangas de antes e coa que sentía que tiña unha débeda pendente, a de contar a curta e trepidante historia deste valente cangués.

Todo o que aquí se conta, é froito do escoitado e recopilado na “casa”, do que se recorda na familia Blanco sobre a súa persoa e tamén dunha pequena colaboración feita coa profesora da Universidade de Valencia, Victoria Fernández Díaz, especialista no exilio dos mariños da Armada Republicana. … Ler máis

Featured Post

A guerra da sardiña (I)

A pesca tradicional viuse afectada dende mediados do século XVIII pola chegada dos fomentadores cataláns primeiro e polos empresarios da conserva no abrente do século XX.

En ambos casos, os novos emprendedores trouxeron os seus propios métodos, embarcacións e artes de pesca, moito máis agresivas co entorno, provocando duros enfrontamentos entre os “xeiteiros”, defensores da pesca tradicional e os defensores da “traíña” que defendían unha pesca moito máis intensiva, que tiña como obxectivo a subministración de peixe para a nova industria.

Na chamada “Primeira Guerra da Sardiña”, figuras como Eugenio Sequeiros, Montero Ríos, Félix Ozámiz ou Alvaro Guitián, que hoxe lle prestan os seus nomes a algunhas das rúas de Cangas, posicionáronse no conflito do lado dos “xeiteiros”, xente humilde do pobo que tiña no mar a súa fonte de subsistencia e que loitou porque a nova industria non esquilmase os recursos da nosa ría, como xa ocorrera uns anos antes na costa mediterránea. … Ler máis

Featured Post

Jose Chapela González, “Pepe Chimé”, primeiro alcalde da democracia en Cangas

Pepe Chimé pasará a historia de Cangas por ter sido o primeiro alcalde da democracia, pero tamén foi un home orgulloso de ser de Cangas, un avogado que vivía con paixón o seu traballo e unha persoa bondadosa e empática cun especial sentido do humor. Esta é a súa historia. … Ler máis

Featured Post

Constantina Pérez Calvar, a parteira de Moaña

Constantina Pérez Calvar foi parteira de Moaña durante máis de 60 anos, período no que axudou a chegar a este mundo a varias xeracións de moañeses e moañesas.

Este artigo esta elaborado a partir dunha conversa cunha das súas netas chea de interesantes detalles e anécdotas da vida de “Señora Constantina”, que nos serven para coñecer mellor a súa historia e ilustrar a súa gran calidade humana. … Ler máis

Featured Post

Rutas guiadas para a primavera de 2023

RUTAS GUIADAS PARA A PRIMAVERA DE 2023. Os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para anunciarvos os novos programas de rutas guiadas gratuítas que tanto vos gustan e nas que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor os recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais do Morrazo. … Ler máis

Featured Post

Sonia Cordeiro Santos, muller trans pioneira en Cangas

O 31 de marzo de cada ano se conmemora o Día Internacional da Visibilidade Transxénero. Con este motivo, publicamos este artigo adicado a Sonia Cordeiro, unha muller trans, valente e pioneira en Cangas. … Ler máis

Featured Post

Sueste estará presente no XVI Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia en Sada

Tras a gran decepción que supuxo para os membros de Sueste e para o pobo de Moaña a cancelación polo repunte da Covid do XV Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia que se ía celebrar na vila en 2021, a asociación moañesa xa quenta motores para participar na edición deste ano que se celebrará en Sada. … Ler máis

Featured Post

Unha ruta mariña dos sentidos

Para Xosé Henrique Rivadulla Corcón o mar é un espazo que exerce unha potente forza de atracción dos seus sentidos, tanto por cuestións que poden explicarse racionalmente, como por cuestións que só poden explicarse poeticamente. Neste artigo nos fala desa atracción, que é dunha magnitude que a súa vida, practicamente en todos os seus ámbitos, está condicionada polo mar e por iso nos propón realizar unha ruta mariña dos sentidos. … Ler máis

Featured Post

A fábrica de Ameixide (II)

Neste segundo artigo repasaremos a seguinte etapa na vida da fábrica de Ameixide, que tivo como protagonistas a familia Curbera e a actividade conserveira. … Ler máis

Featured Post

A fábrica de Ameixide (I)

No que atinxe ás fábricas de salgado que existiron nas costas da nosa comarca do Morrazo, recollemos neste artigo un anaco da historia dunha gran industria que durante case dous séculos exerceu primeiro como fábrica de salgado, despois quedou abandonada e máis tarde funcionou como conserveira. Atópase na aldea de Pinténs (O Hío), na fermosa Ría de Aldán, e foi coñecida como A fábrica de Ameixide. … Ler máis

Featured Post

Asociación Devanceiros do Mar

A Asociación Devanceiros do Mar traballa dende 2020 para que Moaña manteña viva a súa identidade como vila mariñeira.

A súa meta principal é poñer en valor todo o relacionado coa nosa cultura marítima e manter viva a memoria de todas as persoas que fixeron do mar a súa vida.

Para conseguilo, están impulsando a creación do Museo do Mar de Moaña, unha entidade que sirvirá as xeracións futuras para coñecer e sentirse orgullosos das súas orixes, facendo boa a idea de que “para entender quen somos hoxe en a día, non podemos ignorar o noso pasado”. … Ler máis

Featured Post

Rutas guiadas para o inverno de 2023

RUTAS GUIADAS PARA O INVERNO DE 2023. Os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para anunciarvos os novos programas de rutas guiadas gratuítas que tanto vos gustan e nas que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor os recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais do Morrazo. … Ler máis

Featured Post

A Santa de Rodeira

Todo ocorreu o 13 de xuño de 1887. Na víspera levaron aos pés da cama de Balbina a imaxe do Sagrado Corazón, que encargou para a excolexiata. Desmaiouse e espertou curada. “De súpeto Balbina deu un berro afogado, abriu os ollos e exclamou en alta voz:  Quen me tocou? Meu Deus ¡ Estou curada ¡. Filla do exalcalde de Cangas, Ignacio Zabala Pimentel, a súa curación dunha parálese que a tiña postrada dende facía oito anos nunha cama da casa familiar en Rodeira, foi considerada como unha milagre e Balbina Zabala pasou a ser “A Santa de Rodeira” … Ler máis

Featured Post

A Alianza Mariñeira de Cangas

Hai constancia de que a finais do século XIX, comezaron a xurdir no Morrazo unha serie de movementos sociais que demandaban unha mellora nos dereitos dos traballadores e que serían a orixe dos chamados “sindicatos do mar”, formados na súa maioría polos mariñeiros das diferentes vilas da comarca e nos que tamén participarían persoas dun corte máis político.

Algunhas das agrupacións que xurdiron na nosa contorna foron a “Alianza Mariñeira de Moaña” (posteriormente tamén a Solidaridade Mariñeira e a Fraternidade Mariñeira), “A Reivindicadora” e sobre todo, a “Alianza Mariñeira de Cangas”. … Ler máis

Featured Post

A familia ratona seguiu medrando en 2022

A nosa familia ratona seguiu medrando en 2022, un ano cheo de rutas, actividades e novos contidos no “Blog dos Ratos”.

A poucas semanas de que anunciemos o calendario de rutas para o inverno de 2023, toca facer balance deste ano que agora remata, un ano complicado pero moi satisfactorio grazas ao apoio desta gran familia ratona que non para de crecer e da que formades parte todas as persoas e entidades que fixestes posible que continue un ano máis este fermoso proxecto. … Ler máis

Featured Post

Visitantes ilustres de Cangas (II)

A través deste segundo artigo continuaremos coñecendo algúns dos visitantes ilustres de Cangas, persoas que recalaron na nosa vila na procura dun descanso, unha escapada, un traballo, unha nova vida ou unha dobre vida se cadra.

Nesta nova viaxe ao pasado, coñecermos o caso dun escritor e notario irmán de Valle Inclán, unha coñecida literata e un futbolista que rematou sendo un famoso cantante. … Ler máis

Featured Post