18 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS PARA REMATAR O 2022

Unha vez máis vos propoñemos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas. Nesta ocasión presentamos simultaneamente  “Descubre Moaña no outono 2022”, un proxecto de 8 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Outono en ruta 2022” que estará composto por 10 rutas en diferentes localizacións de Cangas. 

Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

“DESCUBRE MOAÑA NO OUTONO 2022” incluirá 8 das rutas que tanto éxito colleitaron nos anos anteriores

Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. Algunhas das rutas que se levarán a cabo serán “A Moaña mariñeira“, “Canteiras do litoral de Moaña“, “San Martiño“, “Sendeiro da Fraga“, “Literaria – O último barco“ou “Mulleres da historia de Moaña“. Ademais, ante a gran demanda que tivemos no verán, volveremos a programar a gran novidade desta tempada, a ruta “A Poza da Moura de Domaio“.

En Cangas ofertamos prazas para 10 rutas, enmarcadas no programa “OUTONO EN RUTA 2022”  

Para Cangas presentamos un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo” ou”O Facho, gardián milenario“, mesturados con outras rutas moi interesantes como “O Hío, de pedra en pedra”, “Personaxes de Cangas“, “Cangas e o mar” ou “Aldán, un condado a beira do mar“.

Ademais organizaremos dúas rutas especiais coincidindo coa efeméride da defensa da vila de Cangas ante o ataque turco de 1617 baixo os títulos “Cangas 1617, A defensa da Vila” e “Cangas 1617, Outro punto de vista“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

TAMÉN SORTEAREMOS LIBROS RELACIONADOS CO MORRAZO 

Na nosa nova páxina de facebook Historias do Morrazo, o noso rato “Ratillán” viaxará cada semana a través do espacio e o tempo para traernos interesantes momentos da nosa historia a través dos artigos do noso blog.

Entre os seguidores da páxina imos a facer regularmente unha serie de sorteos de libros que gardan relación co Morrazo. Entre outros, sortearemos exemplares de “Historia Fotográfica de Cangas. Século XX” (cortesía da A.C. A Cepa), “A pedra de ámbar gris” (Noa Setemuíños), “O último barco” (Domingo Villar, cortesía do Concello de Moaña), “As illas dos Deuses” (Serafín Parcero, cortesía da Editorial Xerais), “Canteiras do litoral de Moaña” (Tamara Campo Táboas, cortesía de Rinoceronte Editora e o seu selo Morgante).

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

2 comentarios

  1. Eva Pérez Pereira

    Se pueden hacer las 2 rutas?. Gracias.
    Saludos,

  2. Juana Maria Bethencourt Rodríguez

    Moi interesante!!noraboa

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.