Cangas 1617, outro punto de vista
outra perspectiva do ataque
A primeiros de decembro de 1617 unha flota turco-berberisca ataca a vila de Cangas. Deixan morte e destrución ao seu paso. As crónicas falan da crueldade dos asaltantes. Mataban ou apresaban a quen atopaban polo camiño. Roubaban todo o que había de valor e queimaban o que non podían levar. Despois virían as consecuencias de xuízos por bruxería, María Soliña e o mito do Cristo que non quixo arder. Pero... E se cambiamos o punto de vista? Quen eran estes turco-berberiscos? Por que atacaron Cangas? Que buscaban exactamente? Isto é o que imos intentar descubrir nesta nova ruta centrada no asalto a Cangas de 1617, hai xa máis de 400 anos. Imos recorrer parte do centro de Cangas poñéndonos na pel dos turcos e intentar ver os acontecementos desde o seu punto de vista.
Outro punto de vista histórico
Teremos unha nova perspectiva dun feito histórico que marcou o desenvolvemento economico e social da vila de Cangas a partir do século XVII.
Panorámica e patrimonial
A panorámica dende a Capela de San Roque, o mítico cruceiro de Síngulis ou a impresionante ex-colexiata de Cangas serán algúns dos puntos de interese da ruta.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta
Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas